• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O Dicionario da Real Academia Galega roza os 32 millóns de consultas anuais

David Por David
09/02/2026
en Cultura, GALICIA
0
O Dicionario da Real Academia Galega roza os 32 millóns de consultas anuais
FacebookXWhatsApp

O Dicionario da Real Academia Galega pechou 2025 con case 32 millóns de consultas. A edición en liña desta obra lexicográfica de referencia do galego sumou unha media de case 87 000 buscas diarias a través de academia.gal, a web da institución, e mais da aplicación dispoñible para dispositivos móbiles Android e iOS. O seguinte recurso en liña da institución máis empregado é a Guía de nomes galegos, que superou o medio millón de consultas; seguido da Guía de apelidos galegos, que sumou máis de 150 000 consultas.

Na última década a presenza da RAG na Rede experimentou un notable incremento. A institución presentou o seu Dicionario en liña en 2012. Catro anos despois, en 2016, rexistraba uns 15 millóns de consultas anuais. En 2025 foron máis do dobre. Tras rozar os 26 millóns en 2019, o ano da pandemia, coa poboación confinada durante semanas e un aumento xeneralizado do uso da Internet, chegaron a ser máis de 38 millóns de consultas. E malia o descenso natural posterior, o 2020 marcou un punto de inflexión no aumento do uso do Dicionario da Real Academia Galega, unha obra que supera as 56 000 entradas e en constante actualización. O ano pasado o Seminario de Lexicografía incorporou máis dun cento de voces entre as figuran vocábulos que completan familias de palabras como bucinada, descifraxe / desciframento, estudantado, mais tamén outros tradicionais como bochinche ou eis canda outras palabras de máis recente creación ou popularización como autofoto e dina.

O Dicionario non é a única ferramenta de consulta lingüística que a RAG ofrece en liña. Nos últimos anos puxo en marcha novos recursos que cada día son tamén máis empregados. En xullo de 2022 a institución presentou a súa Guía de nomes galegos en liña, que en 2025 superou as 530 000 consultas. Esta obra ofrece a forma estándar de máis de 1500 antropónimos que forman parte da tradición galega, moitos deles dende a Idade Media, explica ademais a súa orixe e o seu significado, achega a historia ou as lendas dos personaxes que os levaron primeiro ou que os fixeron populares e recompila as correspondencias con outras linguas.

Froito tamén do traballo do Seminario de Onomástica é a Guía de apelidos galegos, presentada a finais de xaneiro de 2025. Desde entón suma unhas 145 000 procuras. A Guía de apelidos galegos recolle máis de 6000 nomes de familia que abranguen aproximadamente máis do 95 % da poboación galega. A RAG concibiu este recurso para facilitar o coñecemento das formas propias e a súa restitución, e para iso ofrece tanto a forma estándar de cada un deles coma as non estándar coa equivalencia non deturpada. O buscador permite ademais descargar un informe do Seminario de Onomástica que acredita cal é a forma correcta daqueles apelidos alterados. A Academia prevé presentar proximamente o Dicionario dos apelidos galegos, que incorporará información sobre a orixe e o significado de cada un dos apelidos, entre outra documentación.

O buscador en liña Nomes galegos das aves é outro dos últimos recursos dixitais creados pola RAG para facilitar a difusión do léxico galego estándar, neste caso os nomes dos paxaros. A ferramenta, desenvolvida graza á colaboración dun equipo académico coordinado polo Seminario de Terminoloxía e outro de ornitólogos, presentouse en decembro de 2024 e rexistra unhas 65 000 consultas. Permite realizar procuras polo nome galego, o científico ou a familia á que pertence cada ave, acompañada en moitos casos de fotografías que reforzan o seu carácter divulgativo. A listaxe resultante dálles preferencia ás denominacións patrimoniais, moitas delas documentadas dende a Idade Media e presentes no refraneiro, como bubela, cotovía ou mazarico.

Alén dos recursos que atinxen a lingua, a web da RAG ofrece, entre outros, contidos informativos e divulgativos relacionados coa actualidade da institución ou a celebración do Día das Letras Galegas, así como un espazo específico que permite descargar as publicacións da institución, desde as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego ata os números históricos e actuais do Boletín da Real Academia Galega. En 2025 este sitio recibiu unhas 100 000 visitas.

ShareTweetSend
Publicación anterior

El 84% de los hipotecados eligió el tipo fijo en 2025, consolidando la desaparición de la hipoteca variable

Siguiente

El CSIC en Galicia incrementa su plantilla

David

David

Relacionado Entradas

Javier Rodríguez Rajo, a aposta de Belén Rubio para a vicerreitoría do Campus de Ourense
Ourense

Javier Rodríguez Rajo, a aposta de Belén Rubio para a vicerreitoría do Campus de Ourense

Formoso destaca en Mugardos a aportación económica do Plan Único
A Coruña

Formoso destaca en Mugardos a aportación económica do Plan Único

As Neves celebra a XXXIII Feira do Requeixo e Mel o 3 e 4 de abril
Cultura

As Neves celebra a XXXIII Feira do Requeixo e Mel o 3 e 4 de abril

A Deputación reúne en Mariñán a representantes da ONU e a AESIA para avanzar na gobernanza global da intelixencia artificial
A Coruña

A Deputación reúne en Mariñán a representantes da ONU e a AESIA para avanzar na gobernanza global da intelixencia artificial

A IX Mostra Musical do Eixo Atlántico homenaxeará a António Saiote en Vilalba no mes de maio
Cultura

A IX Mostra Musical do Eixo Atlántico homenaxeará a António Saiote en Vilalba no mes de maio

BIGSOUND Pontevedra confirma o seu cartel deste 2026
Cultura

BIGSOUND Pontevedra confirma o seu cartel deste 2026

Siguiente
El CSIC en Galicia incrementa su plantilla

El CSIC en Galicia incrementa su plantilla

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 08:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Domingo 29/03/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

El Ayuntamiento de A Coruña no tiene un euro

Diez millones de descuadre en la tesorería del Ayuntamiento de A Coruña

Lo que está ocurriendo en el Ayuntamiento de A Coruña da para una novela. La alcaldesa y su mano derecha...

Por Interés

Últimas

Dumbría, un destino para disfrutar esta Semana Santa

Dumbría, un destino para disfrutar esta Semana Santa

Javier Rodríguez Rajo, a aposta de Belén Rubio para a vicerreitoría do Campus de Ourense

Javier Rodríguez Rajo, a aposta de Belén Rubio para a vicerreitoría do Campus de Ourense

Radio Líder emite un especial «Sector Primario» desde el Club Empresarial Nordés

Radio Líder emite un especial «Sector Primario» desde el Club Empresarial Nordés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.