• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O Festival Mar de Mares regresá á Coruña co apoio da Deputación

A deputada de Medio Ambiente, Rosa Ana García, participou na apertura da exposición fotográfica "O Mar que nos habita" de Xurxo Lobato, coa que arranca unha nova edición de Mar de Mares

David Expósito Por David Expósito
08/06/2026
en #Destacado, A Coruña
0
O Festival Mar de Mares regresá á Coruña co apoio da Deputación
FacebookXWhatsApp

A deputada de Emprego, Indsutria e Medio Ambiente da Deputación da Coruña, Rosa Ana García, participou esta mañá na Marina da Coruña inauguración oficial da exposición fotográfica “O mar que nos habita”, do fotógrafo Xurxo Lobato, unha mostra coa que arranca a nova edición do Festival Mar de Mares, que conta co apoio da institución provincial. No acto participou tamén a concelleira de Medio Ambiente da Coruña e deputada provincial de Educación e Mocidade, Yoya Neira.

conservas de galicia conservas de galicia conservas de galicia

A apertura da exposición, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, serviu para reivindicar a necesidade de protexer os ecosistemas mariños e de entender o océano como parte esencial da identidade, da economía, da cultura e da vida da provincia da Coruña.

O Festival Mar de Mares celebra este ano a súa XIII edición baixo o lema “Cultura que nace do océano”, cunha ampla programación que se desenvolve na Coruña do 4 ao 18 de xuño e que combina arte, ciencia, activismo ambiental, turismo azul, gastronomía, mercado e espazos de reflexión arredor da cultura mariñeira e da protección dos océanos.

Organizado pola Asociación Redes de Sal, o festival consolidouse como unha cita de referencia na divulgación e defensa do medio mariño, cunha proposta que busca reconectar á cidadanía co océano desde a cultura, o coñecemento, a participación social e a sustentabilidade.

A mostra “O mar que nos habita” reúne unha selección de 18 fotografías nas que Xurxo Lobato propón unha viaxe visual e emocional pola costa galega. A través da súa mirada, o público pode achegarse á relación profunda entre as persoas e o mar, ás historias que constrúen a identidade litoral de Galicia e tamén á fraxilidade duns ecosistemas que precisan protección, coñecemento e compromiso colectivo.

Durante a inauguración, o propio autor realizou unha visita comentada pola exposición, explicando o contexto e o significado das imaxes que compoñen este testemuño documental sobre a riqueza humana e natural do litoral galego.

A exposición forma parte dunha ampla programación que inclúe actividades como o Mercado Mar de Mares no Parrote, propostas de divulgación científica, visitas vinculadas ao patrimonio portuario, encontros arredor da cultura oceánica, actividades de turismo azul e accións ambientais como a VII Gran Limpeza de Fondos Marinos.

A Deputación da Coruña apoia esta iniciativa no marco das súas liñas de traballo orientadas á divulgación ambiental, a sensibilización cidadá e a defensa do patrimonio natural da provincia.

Rosa Ana García lembrou que, con 956 quilómetros de costa, A Coruña é a provincia española con maior extensión costeira, “o que fai que teñamos unha relación inseparable co mar, pero esa riqueza implica tamén unha enorme responsabilidade. Debemos protexer os nosos ecosistemas, reducir a presión sobre o litoral e fomentar unha cidadanía máis consciente da importancia do medio mariño”, afirmou.

Yoya Neira destacou tamén a importancia de conservar o medio mariño e felicitou á Asociación Redes de Sal pola consolidación de Mar Mares, que chega á súa decimoterceira edición como unha referencia na visbilización social deste tema, con propostas culturais e lúdicas dirixidas a todos os públicos.

Día Mundial do Medio Ambiente

O acto coincide coa conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, “que na Deputación queremos ter presente os 365 días do ano”, subliñou Rosa Ana García, que destacou que unha das principais liñas de actuación da Deputación é o apoio ás asociacións e colectivos que traballan directamente na defensa, conservación e posta en valor do medio natural.

A través das súas convocatorias de subvencións a entidades ambientais, a institución provincial contribúe a facer posibles proxectos de voluntariado ambiental, sensibilización, conservación da biodiversidade, restauración de ecosistemas, recuperación de espazos degradados, limpeza de residuos en áreas naturais, reforestación comunitaria, sustentabilidade enerxética e posta en valor dos recursos naturais.

“O noso compromiso co medio ambiente pasa, necesariamente, por apoiar a quen o protexe cada día. As asociacións ambientais son un piar básico e desde a Deputación queremos que conten co respaldo e cos recursos necesarios para continuar o seu labor na nosa provincia”, sinalou a deputada.

Xunto ao apoio ao tecido asociativo, a Deputación impulsa tamén unha programación propia de actividades de educación ambiental dirixida a diferentes colectivos sociais.

Entre as actividades desenvolvidas este ano figuran obradoiros infantís nos centros educativos da provincia, como “Un mar de cambios. O cambio climático na costa de Galicia”, “Coidamos o mar sen plásticos” ou “Mergullando dende a clase”, orientados a fomentar desde as idades máis temperás o coidado dos océanos, a reciclaxe e a conciencia fronte ao cambio climático.

A Deputación promove tamén iniciativas accesibles para persoas con discapacidade, como a actividade de realidade virtual “Mergullando sen nos mollar”, que permite coñecer os fondos mariños de Galicia dun xeito inmersivo e inclusivo.

A programación complétase con cursos e xornadas formativas, actividades divulgativas, roteiros interpretativos e proxectos sobre o terreo, como a Ruta das Árbores Monumentais no Pazo de Mariñán, as Xornadas Micolóxicas, exposicións itinerantes como “Golfiños na proa” ou iniciativas vinculadas á instalación de caixas refuxio para aves e morcegos.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Sons do Casco regresa a Baiona el 13 y 14 de Junio

Siguiente

Os enxeñeiros industriais peza clave “dun ecosistema empresarial de referencia en Galicia”

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

Cómo saber si tienes que cambiar las ruedas del coche
#Destacado

El truco para saber si debes cambiar las ruedas del coche y que muchos conductores pasan por alto

¿Puedes pedir una farola sin estar empadronado?
#Destacado

¿Vives o tienes una casa en otro concello? Así puedes pedir que instalen una farola

O tempo en Galicia esta fin de semana: cando choverá e que temperaturas se esperan
#Destacado

O tempo en Galicia esta fin de semana: máis nubes o sábado e risco de chuvia o domingo

Galicia busca garantir o futuro das razas autóctonas
#Destacado

Galicia busca garantir o futuro das súas razas autóctonas con máis axudas aos criadores

Punta Langosteira y la apuesta de Galicia por la eólica marina.
#Destacado

Galicia busca liderar la eólica marina desde Punta Langosteira

Vox ha presentado una querella por el desarrollo de las protestas y los incidentes registrados en la plaza de María Pita.
#Destacado

Vox lleva a los tribunales al delegado del Gobierno por los disturbios de A Coruña

Siguiente
Os enxeñeiros industriais peza clave “dun ecosistema empresarial de referencia en Galicia”

Os enxeñeiros industriais peza clave “dun ecosistema empresarial de referencia en Galicia”

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

08:00 - 23:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 23:00

Programación de Hoy

Domingo 25/10/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Cómo saber si tienes que cambiar las ruedas del coche

El truco para saber si debes cambiar las ruedas del coche y que muchos conductores pasan por alto

¿Puedes pedir una farola sin estar empadronado?

¿Vives o tienes una casa en otro concello? Así puedes pedir que instalen una farola

O tempo en Galicia esta fin de semana: cando choverá e que temperaturas se esperan

O tempo en Galicia esta fin de semana: máis nubes o sábado e risco de chuvia o domingo

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.