• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O goberno local de Boiro pisa o acelerador en vivenda, cultura e emprego

RL Redacción Por RL Redacción
30/01/2026
en Cultura, Política
0
FacebookXWhatsApp
  • José Ramón Romero destaca o premio estatal da FEMP polo proxecto educativo Enclave, a forte aposta pola vivenda social e a maior reforma cultural da historia recente do municipio, cun investimento de preto de 4 millóns de euros.

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, fixo balance da actualidade municipal nunha entrevista radiofónica na que puxo o foco na educación, a acción social, o emprego público e a cultura como piares fundamentais da acción de goberno. O rexedor amosouse “orgulloso” do recoñecemento recibido por parte da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) polo proxecto educativo Enclave, ao tempo que avanzou o estado de importantes actuacións en materia de vivenda social, infraestruturas culturais e investimentos en todo o termo municipal, segundo se recolle na entrevista emitida en Radio Líder Santiago.

Romero salientou que o premio da FEMP, en colaboración co Ministerio de Educación, recoñece un programa “pioneiro a nivel estatal” dirixido á prevención do absentismo e á mellora da convivencia escolar. “É un recoñecemento a toda a comunidade educativa e ao traballo conxunto do equipo de goberno e dos técnicos municipais”, afirmou, asegurando que este galardón supón “un estímulo enorme para seguir traballando nesta liña”.

Vivenda social e acción comunitaria no centro das políticas municipais

Outro dos eixos centrais da entrevista foi a política de vivenda. O alcalde explicou a recuperación e rehabilitación das antigas vivendas dos mestres do CIP Praia Xardín, cunha actuación destacada nun inmoble unifamiliar que se destinará a vivenda de emerxencia social. “Será unha vivenda para situacións puntuais, como un incendio ou unha incidencia grave, para que ningunha familia quede sen teito”, explicou Romero. A actuación contou cun investimento municipal de preto de 75.000 euros, complementado con fondos da Deputación para o equipamento.

Ademais, avanzou que o Concello traballa xa en tres bloques de vivendas con marcado carácter social. Un deles acollerá un centro de día con 47 prazas en colaboración con Agadea, cuxas obras estarán rematadas, segundo as previsións, na primavera de 2026. “Estamos a dar uso a inmobles que estaban abandonados, mellorando o entorno urbano e devolvéndoos á cidadanía cun fin social”, subliñou.

Emprego público, investimentos e unha Casa da Cultura para o século XXI

No ámbito do emprego público, Romero anunciou a publicación da Oferta de Emprego Público de 2025, con nove prazas “estratéxicas” para reforzar o funcionamento municipal. “O persoal é clave para que un concello funcione, e esta OPE é un paso moi importante”, indicou, adiantando que en 2026 se convocarán tamén as correspondentes ás OPE de 2023 e 2024.

Un dos proxectos estrela do mandato é a reforma integral da Casa da Cultura, “a maior obra que se está a executar neste momento en Boiro”. Cun investimento de preto de 3,8 millóns de euros, financiados con fondos propios e europeos, o novo edificio contará cun auditorio con capacidade para 535 persoas. “Era unha instalación obsoleta; agora imos ter un espazo preparado para os vindeiros 40 anos”, afirmou o alcalde, convencido de que permitirá atraer programación cultural de maior nivel.

A esta actuación súmase un plan ambicioso de mellora dos centros sociais das parroquias, con intervencións en Cabo de Cruz, Cures, Escarabote, Ponte Beluso e na antiga Casa do Mar. “Queremos que a cultura e a vida social cheguen a todos os núcleos do municipio”, explicou.

Nadal, comercio local e colaboración público-privada

Romero tamén puxo en valor a programación de Nadal, deseñada en colaboración coa Asociación Boirense de Empresarios. “A coordinación entre o público e o privado é fundamental; Boiro está de moda porque hai unha poboación viva e un comercio forte”, asegurou, lembrando que o municipio foi un dos que mellor funcionou na campaña provincial Merca na vila.

Finalmente, o alcalde avanzou que o Concello ten en marcha obras por valor de preto de sete millóns de euros, repartidas por todo o municipio, e confirmou que os novos orzamentos municipais se aprobarán no primeiro trimestre do ano. “Queremos que os veciños vexan, con feitos, que estamos a traballar ao seu servizo”, concluíu.

Etiquetas: alcalde de boiroboiropolitica
ShareTweetSend
Publicación anterior

Peixes e mariscos galegos, do mar á mesa en menos de 24 horas: o modelo de éxito de Ángel Mar

Siguiente

Reclaman a humanización da N-550 ao seu paso por Escravitude, en Padrón

RL Redacción

RL Redacción

Somos el equipo de redacción de Radio Líder, siempre muy pendientes de la actualidad de Galicia, España y el Mundo

Relacionado Entradas

A Deputación da Coruña apoia a XLIV Festa do Viño da Ulla en San Miguel de Sarandón (Vedra), que se celebra o 11 e 12 de abril
Cultura

A Deputación da Coruña apoia a XLIV Festa do Viño da Ulla en San Miguel de Sarandón (Vedra), que se celebra o 11 e 12 de abril

O Son Do Camiño suma a DJ Snake, Dorian y Li
Cultura

O Son Do Camiño suma a DJ Snake, Dorian y Li

O FIV de Vilalba abre prazo de reserva de prazas na súa Zona de Descanso,
Cultura

O FIV de Vilalba abre prazo de reserva de prazas na súa Zona de Descanso,

Fisterra se convierte en uno de los mejores destinos para esta Semana Santa
Cultura

Fisterra se convierte en uno de los mejores destinos para esta Semana Santa

OBUS llenan el Exporock de Coruña y siguen su gira
Cultura

OBUS llenan el Exporock de Coruña y siguen su gira

A Festa das Pepitas desenvolverá un amplo programa de actividades durante a xornada do 18 de marzo
A Coruña

A Festa das Pepitas desenvolverá un amplo programa de actividades durante a xornada do 18 de marzo

Siguiente
Reclaman a humanización da N-550 ao seu paso por Escravitude, en Padrón

Reclaman a humanización da N-550 ao seu paso por Escravitude, en Padrón

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 08:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Domingo 22/03/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Paula Prado y Pedro Blanco partida de póquer en Santiago

Paula Prado y Pedro Blanco partida de póquer en Santiago

El nombre de Pedro Blanco hace tiempo que suena como candidato socialista a la alcaldía de Santiago. El actual delegado...

Por Interés

Últimas

A Deputación de Pontevedra aproba a concesión dun millón de euros para apoiar 96 novas contratacións de persoal

A Deputación de Pontevedra aproba a concesión dun millón de euros para apoiar 96 novas contratacións de persoal

La Diputación de Ourense agiliza el mantenimiento de sus carreteras

La Diputación de Ourense agiliza el mantenimiento de sus carreteras

Carmela López anuncia en Ribas de Sil o arranxo da estrada que conecta o val de Quiroga con Ourense

Carmela López anuncia en Ribas de Sil o arranxo da estrada que conecta o val de Quiroga con Ourense

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.