• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O PPdeG pon en valor a declaración dos Camiños de San Rosendo e Miñoto Ribeiro como Itinerarios Culturais de Interese Autonómico

A iniciativa impulsada pola Xunta permitirá reforzar estas dúas rutas históricas e patrimoniais, ao tempo que se fortalece a identidade das comarcas polas que discorren

David Por David
23/02/2026
en Cultura
0
O PPdeG pon en valor a declaración dos Camiños de San Rosendo e Miñoto Ribeiro como Itinerarios Culturais de Interese Autonómico
FacebookXWhatsApp

s deputados autonómicos do PPdeG, Cristina Campero e José Luis Ferro, puxeron en valor a declaración dos Camiños de San Rosendo e Miñoto Ribeiro como Itinerarios Culturais de Interese Autonómico.

Durante a súa visita ao trazado do Camiño de San Rosendo ao seu paso por Celanova, os parlamentarios populares informaron de que esta iniciativa impulsada pola Xunta permitirá impulsar estas rutas históricas e patrimoniais, máis aló do Camiño de Santiago. Neste senso, José Luis Ferro salientou que “esta declaración supón un acto de xustiza coa nosa historia e co legado espiritual, cultural e social de San Rosendo, unha das figuras máis relevantes da Galicia medieval, profundamente vencellada a esta comarca”. Así, destacou que este novo status permitirá reforzar a súa protección, sinalización e promoción, abrindo novas oportunidades para o territorio.

Durante a xornada, os parlamentarios mantiveron un encontro con alcaldes e representantes municipais dos concellos de Celanova, Bande, Lobeira e Lobios, municipios polos que discorre esta ruta.

UN IMPACTO POSITIVO PARA O DESENVOLVEMENTO LOCAL

Do Camiño Miñoto Ribeiro incidiron no seu gran legado histórico, vinculado ao patrimonio, á natureza, ao termalismo e á viticultura. Neste senso, Cristina Campero referiuse ao impacto positivo deste recoñecemento no desenvolvemento local: “Falamos dunha oportunidade real para impulsar un turismo sostible, á vez que se apoia á hostalería, ás casas rurais, aos guías turísticos e aos pequenos produtores, co fin de contribuír á dinamización económica do rural desde o respecto á nosa identidade”.

O encontro serviu, tamén, para que deputados autonómicos e representantes municipais analizaran actuacións para avanzar na posta en valor do itinerario, como a mellora da sinalización, a creación de materiais divulgativos, a coordinación entre administracións e o acceso ás futuras liñas de axudas que o Goberno galego habilitará para consolidar estes novos itinerarios culturais.

Ambos os dous deputados coincidiron en sinalar que esta nova figura permitirá “unir o territorio desde a cultura e a historia”, fortalecendo a identidade das comarcas polas que discorren, tanto o Camiño Ribeiro Miñoto como o de San Rosendo, ofrecendo aos visitantes unha experiencia que combine natureza, patrimonio e espiritualidade.

A visita concluíu cun chamamento a continuar traballando de maneira coordinada entre Xunta, concellos e tecido asociativo para que o recoñecemento institucional destes camiños se traduza en accións concretas, visibles e beneficiosas para a veciñanza deste territorio.

ShareTweetSend
Publicación anterior

As axudas de cooperación exterior da Deputación da Coruña melloran a produción agrícola, a alimentación e o emprego xuvenil en Mozambique

Siguiente

Adrián Vázquez organizará unha pulpada no Parlamento Europeo para “ensinarlles en Bruxelas como facemos polbo os galegos”

David

David

Relacionado Entradas

Culleredo presenta la XI edición del Festival Castelo Conta
A Coruña

Culleredo presenta la XI edición del Festival Castelo Conta

Alejandro Sanz llega este sábado a A Coruña: horarios, accesos, entradas, hoteles y todo lo que debes saber
#Destacado

Alejandro Sanz llega este sábado a A Coruña: horarios, accesos, entradas, hoteles y todo lo que debes saber

Sefy Carril recibe o galardón de ‘Camariñana do Ano’ nunha emotiva homenaxe pública
A Coruña

Sefy Carril recibe o galardón de ‘Camariñana do Ano’ nunha emotiva homenaxe pública

O BNG ve a proposta do PP para o galego “un paso atrás” porque mesmo reduce a protección da lingua do actual PXNL
#Destacado

O BNG ve a proposta do PP para o galego “un paso atrás” porque mesmo reduce a protección da lingua do actual PXNL

O Marisquiño converterá Samil nun gran escenario musical con catro espazos e programación continua
Cultura

O Marisquiño converterá Samil nun gran escenario musical con catro espazos e programación continua

V Feira da Cultura en Camiño en Miño
A Coruña

V Feira da Cultura en Camiño en Miño

Siguiente
Adrián Vázquez organizará unha pulpada no Parlamento Europeo para “ensinarlles en Bruxelas como facemos polbo os galegos”

Adrián Vázquez organizará unha pulpada no Parlamento Europeo para “ensinarlles en Bruxelas como facemos polbo os galegos”

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 08:00

Opinión

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento
#Destacado

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

La transformación del Cantón Grande de A Coruña avanza a buen ritmo, pero también lo hace el debate ciudadano. Lo...

Leer másDetails
Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Domingo 19/07/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

24,70 millones de euros para modernizar los túneles del Puerto de Piedrafita en la autovía A-6 y del túnel de Montefurado, en la N-120

24,70 millones de euros para modernizar los túneles del Puerto de Piedrafita en la autovía A-6 y del túnel de Montefurado, en la N-120

Ana Méndez será a candidata para a alcaldía da cidade de Ourense en 2027

Ana Méndez será a candidata para a alcaldía da cidade de Ourense en 2027

Lugo licitará este verán a construcción dun campo de fútbol de herba artificial e melloras no campo de rugby cun orzamento de 500.000€

Lugo licitará este verán a construcción dun campo de fútbol de herba artificial e melloras no campo de rugby cun orzamento de 500.000€

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.