• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O PPdeG reivindica a defensa do rural e dos maiores ante a supresión de colaboración dos concellos co Imserso

A número dous dos populares galegos, Paula Prado, cualifica de "furto" a decisión unilateral do Goberno central de extinguir o convenio que permitía axudar á veciñanza na reserva de prazas

David Por David
12/06/2026
en #Destacado, GALICIA, Rural
0
O PPdeG reivindica a defensa do rural e dos maiores ante a supresión de colaboración dos concellos co Imserso
FacebookXWhatsApp

O PPdeG lamenta o «novo castigo» do Goberno central a Galicia ao decidir, de xeito unilateral, extinguir os convenios que permitían aos concellos pequenos colaborar na reserva de prazas e no apoio aos maiores dentro do Programa de Turismo do Imserso. Fronte a este «furto» aos galegos e galegas por parte do Executivo de Sánchez, cun BNG que «consente», os populares reivindican a «defensa do rural e dos maiores» e esixen, a través de iniciativas en varias Cámaras, que se recupere este servizo municipal.

 

Así o manifestou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, durante unha reunión en Lalín, un dos municipios afectados pola decisión unilateral do Goberno central. Estivo acompañada do alcalde e senador, José Crespo, e por representantes políticos doutras zonas da comarca, tamén prexudicadas, como A Estrada e Valga. «Poñemos en valor o dereito das persoas maiores a ter unha atención máis personalizada, como a que se viña dando dende os concellos que colaboran co Imserso», sinalou Prado, que asegurou que o PPdeG «seguirá pelexando» no Congreso e no Senado para que o Goberno de Sánchez reconsidere este asunto. Ademais, o PP de Lalín levará o asunto ao pleno municipal deste mes de xuño.

 

Os populares explicaron que o Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, a través do Imserso, comunicou por carta aos concellos afectados que os convenios existentes para a reserva de prazas no Programa de Turismo do Imserso quedan extinguidos, xustificando a decisión cunha explicación meramente formal e sen que houbera diálogo cos municipios afectados. Con esta decisión, a partir da tempada 2026/2027, as persoas residentes nestes municipios xa non poderán utilizar o sistema de reserva de prazas a través do seu concello, debendo realizar elas mesmas as reservas por internet ou mediante axencias de viaxes.

 

José Crespo, explicou os inconvenientes deste novo sistema, xa que se elimina a atención personalizada que gozaban nos concellos as persoas que, en moitos casos, teñen dificultades para realizar xestións telemáticas e administrativas.  

 

O BNG DI ‘SI’ A SÁNCHEZ E ‘NON’ A GALICIA

 

A secretaria xeral dos populares galegos pregúntase por que, «unha vez máis», se castiga a Galicia por parte do Executivo de Sánchez que, sen embargo, «non castiga a outras comunidades como País Vasco ou Cataluña». 

 

Tamén critica o papel do BNG ante agravios coma este, xa que, de novo, «din si a Sánchez e non a Galicia». Prado sinala que os independentistas galegos están «a deriva», referíndose a acontecementos recentes como a visita do Papa, na que o BNG e Podemos foron os únicos partidos en ausentarse do Congreso. 

 

Igualmente, lamentou o apoio dos independentistas galegos á CIUG, a comisión organizadora das probas de acceso á universidade, a PAU, cuxos erros na convocatoria deste mes de xuño afectaron gravemente ao alumnado de varias materias. «O BNG non está ao carón das familias. Pero agora xa entendemos porque defenden amplamente á CiUG: o seu presidente é do BNG», destacou.

 

A número dous dos populares galegos tamén  afea o apoio do BNG ao Goberno de Sánchez, lembrando que a última «liña vermella» dos independentistas galegos é que haxa unha condena por financiación ilegal, obviando os casos de corrupción e a actualidade que rodea ao Executivo de Sánchez. «Moven os marcos ao seu interese pero os recortes que o Goberno de España fai aos galegos e galegas non lles importan», puntualiza a secretaria xeral do PPdeG.

 

JOSÉ CRESPO REIVINDICA UN SERVIZO DE PROMIXIDADE

 

O rexedor lalinense e senador popular fixo referencia ao convenio do Imserso como un servizo «de proximidade», que viña funcionando durante décadas. «O Concello non só informaba, senón que tamén resolvía dúbidas, organizaba grupos e facilitaba desprazamentos. Este apoio era especialmente importante para persoas maiores, con dificultades dixitais, de mobilidade ou de tramitación», explicou.

 

Para Crespo, a decisión unilateral do Goberno central, «deixa ás persoas maiores do rural en peor situación que as das cidades» e rompe a dimensión comunitaria das viaxes. «Moitas persoas maiores participaban porque viaxaban con veciños, amizades e grupos organizados», apuntou. Tamén lamentou que esta decisión incremente a fenda dixital e contribúa a baleirar servizos no rural. 

ShareTweetSend
Publicación anterior

BNG denuncia a aposta de PP e PSOE por aumentar o gasto militar no canto de priorizar o investimento social

Siguiente

Carballo contará cun novo centro de referencia para entidades sociais grazas a un convenio coa Fundación Amancio Ortega

David

David

Relacionado Entradas

Inés Rey presume do éxito da declaración da Coruña como zona tensionada
#Destacado

Inés Rey presume do éxito da declaración da Coruña como zona tensionada

#Destacado

O condutor dunha furgoneta queda atrapado no vehículo tras chocar cun camión en Castro de Rei

El CC Los Rosales celebra la Fiesta Infantil Vuelta al Cole 2026
#Destacado

El CC Los Rosales celebra la Fiesta Infantil Vuelta al Cole 2026

O Concello de Vimianzo estrea un novo mural XXL dedicado ás pandereteiras
#Destacado

O Concello de Vimianzo estrea un novo mural XXL dedicado ás pandereteiras

Culleredo licita por 465.000 euros la renovación integral del pavimento y de las pistas deportivas de la plaza de Europa
#Destacado

Culleredo licita por 465.000 euros la renovación integral del pavimento y de las pistas deportivas de la plaza de Europa

El Camino Portugués de la Costa es la ruta jacobea que más crece, con un incremento de peregrinos del 25% en el último año
#Destacado

El Camino Portugués de la Costa es la ruta jacobea que más crece, con un incremento de peregrinos del 25% en el último año

Siguiente
Carballo contará cun novo centro de referencia para entidades sociais grazas a un convenio coa Fundación Amancio Ortega

Carballo contará cun novo centro de referencia para entidades sociais grazas a un convenio coa Fundación Amancio Ortega

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Sesión vermut

12:00 - 14:00
A continuación: Fórmula Líder 14:00

Programación de Hoy

Sábado 12/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 12:00
    Fórmula Líder
  • 12:00 - 14:00
    Sesión vermut Ahora
  • Fórmula Líder
    14:00 - 22:00
    Fórmula Líder
  • 22:00 - 23:59
    Superdanze
    En directo

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.