• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O Teatro Colón convértese en Chocolatia na gala de fin de curso do Conservatorio de Danza da Deputación

O alumnado protagonizou un espectáculo inspirado no universo do chocolate, a repostaría e a fantasía

David Expósito Por David Expósito
18/06/2026
en A Coruña
0
O Teatro Colón convértese en Chocolatia na gala de fin de curso do Conservatorio de Danza da Deputación
FacebookXWhatsApp

O Teatro Colón converteuse onte en Chocolatia, unha fábrica imaxinaria de chocolate, dozura e fantasía, coa gala de fin de curso do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña, unha das citas máis especiais do calendario do centro.

conservas de galicia conservas de galicia conservas de galicia

Todo o alumnado de grao elemental e profesional participou nun espectáculo cheo de cor, movemento e atractivo visual, no que o chocolate, os bombóns, a nata chantillí, os pasteis, os macarons, o algodón de azucre e os caramelos se transformaron en danza sobre o escenario.

A gala de fin de curso é cada ano un momento moi agardado polas familias, polo alumnado e polo profesorado, que preparan con especial coidado unha posta en escena pensada para sorprender ao público con números de gran forza visual, coreografías colectivas, vestiarios moi coidados e propostas escénicas que combinan técnica e creatividade.

Nesta ocasión, o Conservatorio levou ao escenario “Chocolatia”, unha obra inspirada no universo da repostaría, cunha escola de doces e unha fábrica imaxinaria na que unha maquinaria fantástica mestura cacao e azucre a través de engrenaxes case máxicas. Ese mundo larpeiro serviu de fío condutor para unha montaxe na que o alumnado amosou a súa evolución artística e técnica.

A proposta conecta tamén coa tradición da danza clásica inspirada no mundo dos doces, desde o coñecido reino dos doces de “O Crebanoces”, de Chaikovski, ata o ballet “Schlagobers”, de Richard Strauss, ambientado nunha pastelaría vienesa. A obra incorpora ademais unha referencia a Manuel María Puga e Parga, “Picadillo”.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, felicitou ao alumnado e o profesorado do Conservatorio polo éxito da función e destacou que “a gala de fin de curso é un dos momentos máis especiais do ano, porque permite compartir coas familias e co público todo o esforzo e a aprendizaxe acumulados durante meses”.

O Conservatorio Profesional de Danza da Deputación foi fundado en 1990 e leva máis de tres décadas formando a moitas bailarinas e bailaríns, creando vocacións artísticas e ofrecendo unha formación pública de calidade nunha disciplina que require constancia, sensibilidade e moito traballo.

A función de onte contou cunha excelente acollida por parte do público, que encheu o Teatro Colón para acompañar ao alumnado nesta cita final de curso. Hoxe xoves, ás 20 horas, celebrarase unha nova función, tamén no Teatro Colón, para que máis familias e espectadores poidan gozar de “Chocolatia” e do traballo artístico desenvolvido polo Conservatorio.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Siguiente

Así reacciona la piel al aumento del sudor en verano

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

Tramo en servizo da autovía da Costa da Morte, cuxa prolongación recibirá 7,58 millóns de euros nos orzamentos da Xunta de Galicia para 2027
#Destacado

A prolongación da autovía da Costa da Morte recibirá 7,5 millóns nos orzamentos de 2027

Pontedeume convierte sus leyendas en un festival de misterio.
#Destacado

Pontedeume recupera sus leyendas más misteriosas con un nuevo festival de terror y fantasía

A Coruña acoge ENERXIMAR 2026, el foro que analiza las oportunidades de las energías marinas y la eólica offshore para Galicia
#Destacado

Langosteira mira al negocio de la eólica marina: 97,5 millones para impulsar su desarrollo industrial

Presentación de OVO, el espectáculo de Cirque du Soleil que llegará al Coliseum de A Coruña estas Navidades.
#Destacado

Cirque du Soleil presenta OVO en A Coruña: fechas, funciones y entradas en el Coliseum

Inés Rey, alcaldesa de A Coruña, valora los disturbios registrados en María Pita durante la visita de Santiago Abascal y la concentración antifascista.
#Destacado

Inés Rey, tras los disturbios de María Pita: «La violencia, venga de donde venga, nunca tiene sentido»

Cedeira pone en marcha «Rapetando historias», un nuevo punto lector sénior para acercar los libros y la cultura a las personas mayores.
#Destacado

Cedeira abre un punto lector para personas mayores en el Auditorio Municipal

Siguiente
Así reacciona la piel al aumento del sudor en verano

Así reacciona la piel al aumento del sudor en verano

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Matinal Líder En directo

Matinal Líder

08:00 - 10:00
Antonio Lodeiro
A continuación: Líder local 10:00

Programación de Hoy

Viernes 23/10/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder Ahora
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • Novedades del motor
    13:00 - 14:00
    Novedades del motor
    En directo
  • Líder Express
    14:00 - 14:30
    Líder Express
    En directo
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    15:00 - 17:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Las Tardes de Radio Líder
    17:00 - 20:00
    Las Tardes de Radio Líder
  • Al Día
    20:00 - 21:00
    Al Día
    En directo
  • Fórmula Líder
    21:00 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Tramo en servizo da autovía da Costa da Morte, cuxa prolongación recibirá 7,58 millóns de euros nos orzamentos da Xunta de Galicia para 2027

A prolongación da autovía da Costa da Morte recibirá 7,5 millóns nos orzamentos de 2027

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, durante o acto de toma de posesión dos 12 novos axentes da Policía Local como funcionarios de carreira.

O Concello de Ourense reforza a Policía Local con 12 novos axentes

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante a presentación das principais partidas do orzamento municipal de Deportes para o exercicio 2027, que ascende a 21,2 millóns de euros.

O Concello de Vigo destina 21,2 millóns de euros ao deporte en 2027

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.