A comunidade Orgullo Galego celebra nestes 2026 as súas V xornadas online sobre o Entroido de Galiza. Estas xornadas online son emitidas nas canles de YouTube, Ivoox e Spotify.
Orgullo Galego é unha comunidade en redes en lingua galega que naceu no ano 2016 e que ten como obxectivo transversal divulgar a lingua, cultura, tradicións e tamén a actualidade de Galicia. Hoxe é unha comunidade consolidada con medio millón de seguidores e seguidoras nas redes sociais por todo o mundo.
Nas anteriores xornadas, que tamén están subidas, contaron con moitísimos entroidos coma o de Laza, Viana do Bolo, Manzaneda, A Xironda, Bande, Vigo, Muros, Vilariño de Conso, Samede, etc. e con figuras destacables coma os antropólogos Rafael Quintía e Lidia Mariño ou o investigador Antonio Reigosa. Con temas tan interesantes coma o carácter ritual e simbólico do porco, o papel da muller no entroido e na tradición, entroidos de recente recuperación coma o de Aguasantas, Mos, Courel ou Sobradelo.
Nestas novas xornadas combinan de novo a presenza de representantes de diversos entroidos con persoas que axudarán na análise das cuestións máis concretas do ciclo de Entroido. As xornadas están a desenvolverse desde o pasado luns e terán continuidade nesta semana.
A programación é a seguinte:
– Mascaradas do Val do Támega e adxacentes: Influencias e confluencias. Conversa coa investigadora Nieves Amado
– O Antroido de Cerqueda (Malpica)
– O Entroido da Illa de Ons. Conversa co investigador Xosé Manuel Dopazo
– O Entroido de Ribadetea
– O Entroido de Camba (Laza). Proxección da curta e conversa coa súa autora Laura Prieto
Estas charlas dicir que xa están publicadas nas 3 plataformas citadas
O Entroiro da Fonsagrada
– Conversa co fotógrafo Roberto de la Torre: O papel dos fotógrafos na tradición
Estas dúas conversas publicaranse a comezos desta semana
“O Obxectivo destas xornadas é coñecer o o significado e o valor cultural e antropolóxico destes entroidos e en xeral do Entroido, un dos maiores fenómenos culturais da nosa cultura” indica Borxa González de Orgullo Galego, continua afirmando que “queremos poñer en valor a eses milleiros de persoas que traballan na súa zona para manter viva a nosa identidade e as nosas tradicións”.
Ao longo destas cinco edicións dimos voz a ducias de entroidos e traballamos na divulgación do entroido no campo da investigación e do seu estudo, contando até hoxe con máis de 60.000 visualizacións en todas as plataformas.











