O Concello de Ferrol pon, un verán máis, a disposición dos usuarios das praias con servizo de socorrismo crema de protección solar factor 50 de xeito gratuíto en colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer (AECC).
A concelleira de Turismo, Maica García, recordou que “Ferrol é pioneiro nesta iniciativa que puxo en marcha o verán do ano 2023, repetimos co obxectivo de protexer a saúde e promover a concienciación sobre a necesidade de empregar fotoprotector durante a exposición solar”.
Todas aquelas persoas que o desexen poderán facer uso dos dispensadores, que quedarán instalados estes días, nas nove casetas de socorrismo (Covas, de Caranza, A Graña, Penencia, San Xurxo, Doniños, Santa Comba, Esmelle e Ponzos) onde obterán a dose necesaria para a correcta protección da pel.













