• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O BNG propón mellorar a mobilidade na área metropolitana da Coruña

Reclama adecuar frecuencias, traxectos e horarios ás necesidades das persoas usuarias para garantir un servizo de calidade

David Por David
01/07/2026
en #Destacado, A Coruña
0
O BNG propón mellorar a mobilidade na área metropolitana da Coruña
FacebookXWhatsApp

A portavoz nacional, Ana Pontón, defendeu desde Culleredo as propostas do BNG para mellorar o transporte público na área metropolitana da Coruña, a comezar por mellorar frecuencias, horarios e traxectos, que inclúan conexións cos polígonos industriais, cos campus e cos centros sanitarios.

 

«Estamos falando de que é necesario que os autobuses estean ben deseñados para ir aos polígonos industriais, ás universidades, aos centros sanitarios ou para os desprazamentos que se teñan que producir ao centro da cidade», afirmou, logo de manter un encontro con persoas usuarias do transporte da área metropolitana coruñesa no que tamén participaron a deputada pola comarca, Iria Taibo, e a e os portavoces municipais da Coruña, Culleredo, Cambre, Sada e Cerceda, Avia Veira, Tono Chouciño, Daniel Carballada, Emilio Graña e Alberte Sánchez, respectivamente.

 

Pontón apuntou neste punto á elaboración dun estudo por parte da Xunta en colaboración cos concellos afectados para garantir un redeseño das liñas que permita adecuar o servizo ás necesidades de mobilidade das persoas usuarias, garantido así a prestación dun servizo de autobús «de calidade». 

 

A líder nacionalista tamén defendeu a necesidade de realizar unha auditoría para ver se están cumprindo os contratos asinados coas empresas concesionarias, dada a «total opacidade» do Goberno do PP, que non fai públicos estes contratos. De igual xeito, avogou por auditar tamén o estado das paradas de bus, xa que moitas delas non ofrecen as garantías de seguridade necesarias.  

 

Por último, apostou por non reducir a mobilidade única e exclusivamente ao autobús, senón diversificala a través de dúas alternativas: o tren de cercanías e o transporte marítimo pola ría.

 

Un servizo ferroviario de proximidade que podería vertebrar o interior da área metropolitana, alegou, para recordar a continuación que a Xunta ten competencias en materia de ferrocarril interior que debería exercer. «Poderiamos ter ese tren de cercanías se o Goberno galego quixera», remarcou.

 

A portavoz nacional tamén incidiu nas posibilidades que ofrece o transporte de ría e que permitiría contribuír a eliminar a utilización dun número importante de vehículos. «Diversificar as posibilidades de desprazarse entre diferentes concellos dun lado e outro na ría do Burgo», afondou.

 

Propostas todas elas que o BNG pon enriba da mesa para corrixir un servizo de transporte público que, subliñou, «ten enormes deficiencias» e provoca que moita xente chegue tarde ao seu traballo ou ao seu centro de estudos ou, directamente, que non o utilice, nunha área metropolitana que suma 450.000 persoas que precisan desprazarse a diario por cuestións laborais, educativas, sanitarias ou de ocio.

 

«A resposta que están dando as Administracións, nomeadamente a Xunta, é insuficiente», criticou, para advertir a continuación que cada día entran na cidade da Coruña 200.000 vehículos particulares, o que demostra que o transporte metropolitano «non está funcionando como debera», coas consecuencias negativas que isto implica en termos de contaminación, ruído ou necesidades de aparcamento.

 

Un impacto negativo que tamén incide directamente nas economías familiares, xa que o incremento dos prezos dos combustibles ou da vivenda converte o vehículo particular nun luxo para moitas persoas e a ausencia dun transporte público de calidade nun elemento que «discrimina ás persoas en función da súa capacidade adquisitiva».

 

Pontón remarcou que as deficiencias no servizo que lle trasladaron as persoas usuarias non se poden permitir. «Non é normal que, en pleno 2026, haxa autobuses que non poidas coller porque van cheos ou que levan persoas de pé en traxectos de até unha hora sen que se garanta un asento, o que tamén incide na seguridade das persoas», criticou.

 

Un servizo, en definitiva, que «é ineficiente», sen horarios suficientes e que non garante unha mobilidade de calidade, coas repercusións sociais, medioambientais e de modelo de cidade que isto implica, sintetizou. 

 

«Estamos ante un problema que leva anos arrastrándose sen que a Xunta faga absolutamente nada», reprochou ao Executivo de Alfonso Rueda ante unha realidade que acontece na área metropolitana da Coruña, pero tamén noutros contornos urbanos ao longo do País como o de Ferrol.

 

«En pleno século XXI temos que aspirar a un servizo de autobuses que funcione con eficacia, eficiencia e que responda ás necesidades das persoas e o Goberno galego non é capaz de garantilo», resumiu.

 

Por iso, e fronte á incapacidade do Executivo do PP, defendeu as propostas do BNG para mellorar a mobilidade da área metropolitana da Coruña. «Defendemos o transporte público como un investimento que é rendible en termos sociais e medioambientais», recalcou, para concluír que «cantos máis coches se poidan quitar das cidades, máis espazo se gaña para as persoas», evitando contaminación e ruído e ofrecendo unha alternativa de mobilidade máis barata.

 

Pola súa parte, o portavoz municipal de Culleredo, Tono Chouciño, coincidiu coa portavoz nacional en que o sistema metropolitano de transporte «non está funcionando», tal e como están denunciando os seus propios usuarios e usuarias.

 

Ademais de todos os problemas e deficiencias en horarios, traxectos e frecuencias, Chouciño advertiu tamén sobre unhas análises de viabilidade nas que «non se entende» que se diga de entrada que unha liña non é rendible cando despois «morre de éxito por exceso de demanda». «Non pode haber na cidade, que é o polo principal de atracción, un transporte propio e despois un transporte metropolitano que o complementa, pero que resulta que ten dificultades para deixar e recoller viaxeiros no camiño», concluíu.

ShareTweetSend
Publicación anterior

O Pazo de Mariñán acolle unhas xornadas sobre convivencia escolar e seguridade nos centros educativos

Siguiente

A Deputación apoia con 60.000 euros o novo fogar para familias de Ecos do Sur

David

David

Relacionado Entradas

Ferrol inaugura o Autocine de verán o sábado 25 de xullo coa proxección de ‘Grease’
A Coruña

Ferrol inaugura o Autocine de verán o sábado 25 de xullo coa proxección de ‘Grease’

Jácome presentará este viernes ante el Pleno los Presupuestos de Ourense para su aprobación inicial
#Destacado

El TSXG ratifica que el Concello de Ourense y el alcalde deben indemnizar a la exjefa de Comercio con 48.685 euros por daños morales e incapacidad temporal

Camariñas nomeará a Luz Casal como ‘Filla Adoptiva’
A Coruña

Camariñas nomeará a Luz Casal como ‘Filla Adoptiva’

La madrugada deja de ser la franja más barata: las olas de calor encarecen un 30,6% el precio de la luz
#Destacado

La madrugada deja de ser la franja más barata: las olas de calor encarecen un 30,6% el precio de la luz

Cinco claves para conseguir una auténtica desconexión mental este verano
#Destacado

Cinco claves para conseguir una auténtica desconexión mental este verano

Abierto el período de inscripciones para poder participar en las actividades de la Fiesta de la Anunciada 2026
#Destacado

Abierto el período de inscripciones para poder participar en las actividades de la Fiesta de la Anunciada 2026

Siguiente
A Deputación apoia con 60.000 euros o novo fogar para familias de Ecos do Sur

A Deputación apoia con 60.000 euros o novo fogar para familias de Ecos do Sur

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Sesión vermut

13:00 - 14:00
A continuación: Líder express 14:00

Opinión

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento
#Destacado

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

La transformación del Cantón Grande de A Coruña avanza a buen ritmo, pero también lo hace el debate ciudadano. Lo...

Leer másDetails
Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Miércoles 22/07/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut Ahora
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Ferrol inaugura o Autocine de verán o sábado 25 de xullo coa proxección de ‘Grease’

Ferrol inaugura o Autocine de verán o sábado 25 de xullo coa proxección de ‘Grease’

Jácome presentará este viernes ante el Pleno los Presupuestos de Ourense para su aprobación inicial

El TSXG ratifica que el Concello de Ourense y el alcalde deben indemnizar a la exjefa de Comercio con 48.685 euros por daños morales e incapacidad temporal

Camariñas nomeará a Luz Casal como ‘Filla Adoptiva’

Camariñas nomeará a Luz Casal como ‘Filla Adoptiva’

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.