Eran as 23:30 horas cando un particular alertou ao 112 Galicia de que un coche chocara contra un muro cando circulaba pola rúa de Dinamarca, en Mourente (Pontevedra). O alertador sinalou que podía haber ao menos unha persoa atrapada, mais os bombeiros confirmarían cando chegaron que todos estaban liberados e accesibles. Pouco despois chamaría tamén unha das persoas implicadas e explicou que un dos ocupantes do coche permanecía inconsciente.
Os bombeiros tiveron que apuntalar o muro contra o que colidiu o turismo, que ademais chocou contra un coche estacionado.













