Os servizos sanitarios evacuárona ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago debido a este lume que queimou materiais acumulados no corredor quinto andar. Un dos rochos viuse afectado polo fume.
Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia, pasados uns minutos das 8:30 horas: saían lapas da zona dos rochos do edificio, situado na avenida de Vilachán. Algunhas persoas permanecían nos balcóns ao terse acumulado unha gran cantidade de fume.
Pouco despois das 9:30 horas, os bombeiros confirmaron que o fume estaba apagado e as instalacións ventiladas, mentres que os servizos sanitarios trasladaron unha muller ao centro hospitalario compostelán por inhalación de fume.
No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Santa Comba, o GES de Brión, a Garda Civil e a Policía Local de Negreira.













