• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Unha peza dun colar de posible orixe grega entre os achados da cuarta campaña arqueolóxica no castro de Esmelle

A escavación, impulsada polo Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña (UDC) a través da Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial, tamén sacou á luz fragmentos dunha vasilla con decoración sogueada, moi característica da cultura castrexa

David Por David
30/07/2026
en #Destacado, A Coruña, Cultura
0
Unha peza dun colar de posible orixe grega entre os achados da cuarta campaña arqueolóxica no castro de Esmelle
FacebookXWhatsApp

Nesta cuarta campaña arqueolóxica do Castro de Esmelle, tamén coñecido como Tralocastro, están a aparecer numerosos materiais arqueolóxicos, especialmente cerámicos. Con todo, hai un que chama especialmente a atención, unha pequena peza dun centímetro de diámetro pertencente a un colar de concas de vidro bañado en ouro que, segundo as primeiras pescudas, podería ser orixinario da Illa de Rodas, en Grecia. Pero este non é o único achado relevante, hai tan só un par de días, o equipo de escavación atopaba varios fragmentos pertencentes a unha mesma vasilla decorada con motivos sogueados, un elemento característico da cultura castrexa.

Os traballos de escavación recibiron este mércores a visita institucional do alcalde do Concello de Ferrol, José Manuel Rey Varela da vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares Pernas, e da delegada territorial da Xunta de Galicia, Martina Aneiros Barros. Tamén se sumaron á visita a concelleira de Turismo e Patrimonio Histórico, Maica García Fraga; a concelleira de Educación, Universidade e Política Lingüística, Patricia Cons Formoso, o director territorial de cultura da provincia da Coruña, Severino Álvarez, así como o presidente da Fundación L. Monteagudo, Alfredo Eiras Martínez; e o seu secretario, Santiago Vázquez Collazo.

  • Únete á nosa canle de Whatsapp para recibir notificacións de interese

Durante o percorrido, guiado polo director científico da campaña e profesor de Historia Antiga da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC), Juan Luis Montero Fenollós, e máis polo director técnico e investigador do Instituto de Ciencias del Patrimonio (Incipit) do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), Samuel Nión Álvarez, a comitiva puido coñecer de primeira man os últimos descubrimentos e os avances realizados durante a escavación.

O alcalde destacou que “campaña tras campaña, o castro de Esmelle está a converterse nun referente non só a nivel local, senón tamén no ámbito da investigación arqueolóxica en Galicia. Os achados que aquí se están a realizar axudan a reconstruír a nosa historia e a comprender mellor como vivían as comunidades que habitaron estas terras hai séculos”. Este proxecto é posible grazas á colaboración entre institucións. “Desde o Concello de Ferrol respaldámolo mediante un convenio que se prolongará durante catro anos máis, permitindo así dar continuidade aos traballos”. Máis aló do ámbito académico, o rexedor lembrou que estas escavacións “son tamén unha ferramenta clave para fomentar o turismo cultural”.

Na súa intervención, a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, quixo destacar o valor formativo dun proxecto que lle ofrece ao estudantado a oportunidade de participar nunha escavación arqueolóxica de primeiro nivel, “adquirindo experiencia práctica e traballando en contacto directo co patrimonio cultural”. Aproveitou tamén para agradecer a colaboración das administracións, entidades e persoas que fan posible este proxecto, así como o interese dos veciños e veciñas da cidade e da comarca no mesmo.

Pola súa banda, o director científico desta cuarta campaña arqueolóxica e director tamén da Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial, Juan Luis Montero Fenollós, explicou que os traballos que se están a desenvolver no Castro de Esmelle permiten coñecer “cada vez mellor” a complexidade da sociedade castrexa: o seu modo de vida, o urbanismo, a cultura material, as relacións comerciais e, en definitiva, a organización dunha comunidade que segue ofrecendo información de gran valor científico e patrimonial. “Cada nova campaña confirma o enorme potencial arqueolóxico deste xacemento”, concluíu.

NOVOS SECTORES DE INTERVENCIÓN

A campaña, iniciada o pasado 13 de xullo, continúa ampliando o coñecemento dun castro da Idade de Ferrol cunha superficie estimada de 20.000 metros cadrados e tres aneis defensivos. Nas campañas anteriores descubriuse unha rúa pavimentada na que a día de hoxe se segue a traballar, situada na entrada principal do asentamento, un edificio alongado e un torreón defensivo.

Nesta cuarta escavación arqueolóxica abríronse tres novos sectores de intervención: un centrado no acceso ao castro, outro xunto ao gran edificio colectivo e un terceiro na croa, ao carón do primeiro recinto amurallado escavado. A campaña continuará durante o mes de agosto cos traballos de restauración e consolidación de varios dos edificios descubertos, así como coa elaboración dun plano topográfico de alta precisión de todo o xacemento.

EQUIPO DE TRABALLO

Juan Luis Montero Fenollós e Samuel Nión Álvarez, director científico e director técnico, respectivamente, están a liderar un equipo de traballo integrado por preto de 20 persoas,  formado maioritariamente por estudantado universitario, persoas recentemente tituladas, así como persoal investigador vinculado á Universidade da Coruña (UDC), á Universidade de Santiago de Compostela (USC) e á Universidad Complutense de Madrid (UCM).

Un ano máis, a campaña arqueolóxica está impulsada pola Universidade da Coruña (UDC) xunto co Concello de Ferrol, a través da Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial. A maiores, a intervención conta, por segundo ano consecutivo, co apoio da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude.

‘ABERTO POR ESCAVACIÓN’, VISITAS GUIADAS GRATUÍTAS

A proposta divulgativa “Aberto por Escavación” ten programadas visitas guiadas ao Castro de Esmelle este xoves 30, ás 11:00 e ás 16:00 horas, e o venres 31 de xullo, as 11:00 horas. O punto de encontro será o local da Asociación de Veciñal Val de Esmelle. Ao longo do último ano, o xacemento recibiu arredor de 1.400 visitas. Desde o pasado mes de febreiro, as visitas son guiadas pola especialista Lucía Brage grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Universidade da Coruña (UDC) e a Fundación Luis Monteagudo.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Asinado o convenio a tres bandas para reforma e ampliación da Protectora de Animais de Lugo

Siguiente

Narón recibe a preto de 400 deportistas no Trishark Narón 2026

David

David

Relacionado Entradas

Agenda deportiva en Galicia y Asturias este fin de semana: partidos, horarios y citas que no te puedes perder
#Destacado

Agenda deportiva en Galicia y Asturias este fin de semana: partidos, horarios y citas que no te puedes perder

Accidente en la AG-55 en Arteixo: cuatro coches implicados y dos heridos tras incendiarse uno de los vehículos
#Destacado

Accidente en la AG-55 en Arteixo: cuatro coches implicados y dos heridos tras incendiarse uno de los vehículos

¿Qué hacer este fin de semana en Galicia? Los 30 planes que están llenando pueblos y ciudades este sábado y domingo
#Destacado

¿Qué hacer este fin de semana en Galicia? Los 30 planes que están llenando pueblos y ciudades este sábado y domingo

¿Aprobarías hoy el examen de conducir? Solo 8 de cada 100 conductores superarían este test
#Destacado

¿Aprobarías hoy el examen de conducir? Solo 8 de cada 100 conductores superarían este test

Conciertos en Asturias este fin de semana: todos los directos que no te puedes perder el 19 y 20 de septiembre
#Destacado

Conciertos en Asturias este fin de semana: todos los directos que no te puedes perder el 19 y 20 de septiembre

Precio de la luz hoy, sábado 19 de septiembre: estas son las horas más baratas y más caras
#Destacado

Precio de la luz hoy, sábado 19 de septiembre: estas son las horas más baratas y más caras

Siguiente
Narón recibe a preto de 400 deportistas no Trishark Narón 2026

Narón recibe a preto de 400 deportistas no Trishark Narón 2026

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 08:00

Programación de Hoy

Domingo 20/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Agenda deportiva en Galicia y Asturias este fin de semana: partidos, horarios y citas que no te puedes perder

Agenda deportiva en Galicia y Asturias este fin de semana: partidos, horarios y citas que no te puedes perder

Accidente en la AG-55 en Arteixo: cuatro coches implicados y dos heridos tras incendiarse uno de los vehículos

Accidente en la AG-55 en Arteixo: cuatro coches implicados y dos heridos tras incendiarse uno de los vehículos

¿Qué hacer este fin de semana en Galicia? Los 30 planes que están llenando pueblos y ciudades este sábado y domingo

¿Qué hacer este fin de semana en Galicia? Los 30 planes que están llenando pueblos y ciudades este sábado y domingo

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.