• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A RAG presenta a programación das Letras Galegas de Begoña Caamaño

A institución abre o calendario de actos presenciais o 2 de marzo en Vigo coa presentación da nova edición de Primavera das Letras Galegas. A cidade olívica será tamén a sede do simposio académico que afondará nas novas lecturas da obra de escritora

David Por David
09/02/2026
en Sin categoría
0
A RAG presenta a programación das Letras Galegas de Begoña Caamaño
FacebookXWhatsApp

“Gústame contar historias porque me permiten transmitir e narrar algo máis verdadeiro ca a verdade”. Begoña Caamaño (Vigo, 1964 – Santiago de Compostela, 2014) só publicou dúas novelas, pero en Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012) contou moito. Coa súa reescritura dos mitos desde a perspectiva das personaxes femininas da Odisea e o mito artúrico, das voces que nunca foron escoitadas, a protagonista das Letras Galegas 2026 falou de temas universais como o amor, a liberdade e a morte, de cuestións éticas, políticas e sociais, cun estilo ambicioso no literario e engaiolante. En vida os seus libros obtiveron o recoñecemento da crítica, pero a morte prematura desta autora de debut serodio dificultou o acceso á súa obra por parte do gran público. A Real Academia Galega pulará por que o Día das Letras Galegas que lle dedica este ano popularice o coñecemento e a lectura do seu legado cunha programación que combina propostas presenciais e na Rede, concibidas para todas as idades, entre elas un filme documental ou o primeiro videopódcast da Academia.

O presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, e a tesoureira, María López-Sández, acompañados de Beatriz Caamaño, irmá da homenaxeada, deron a coñecer esta mañá en rolda de prensa a programación da celebración das Letras Galegas 2026, que a institución abriu a comezos de xaneiro na Rede coa posta en marcha en academia.gal do sitio web sobre Begoña Caamaño.

Henrique Monteagudo animou a toda a sociedade a coñecer unha escritora que merece un espazo destacado na historia da narrativa galega contemporánea, creadora dunha obra “moi ambiciosa no literario pero tamén tremendamente sedutora”, e Beatriz Caamaño puxo tamén o acento nos temas da súa escritura. “Os seus contidos son fundamentais no momento social que estamos vivindo. “Creo que todo o mundo debería achegarse ao feminismo e ao concepto da xustiza a través de Begoña Caamaño”, compartiu. A irmá da autora agradeceu ademais a homenaxe da RAG, que supón “unha oportunidade de difundir a obra de Begoña Caamaño e tamén de revivila, de reencontrármonos novamente con ela”.

Unha autora de gran talla literaria

“Despois da excepcional acollida da celebración das cantareiras e a poesía popular oral, volvemos celebrar unha escritora; regresamos ao pracer da lectura, que con Begoña Caamaño é tan intenso coma o pracer do azul que agardaba volver gozar a súa Penélope”, salienta o presidente da Academia. “Na RAG deseñamos unha programación que procura como obxectivo final ese acto íntimo, pero partindo da celebración colectiva dunha autora na que simbolizamos a capacidade de crearmos literatura de alta calidade, desde unha ollada galega mais universal. Como institución académica, promoveremos tamén novas olladas da crítica literaria á escritura de Begoña Caamaño, que dalgún xeito anticipou no noso panorama vieiros anovadores que están a ser moi frutíferos na actualidade”, engade Henrique Monteagudo.

María López-Sández pon tamén o acento na “talla literaria, a potencia narrativa, a fasquía lingüística e o coidado estilístico” de Begoña Caamaño canda a súa capacidade para construír un legado orixinal partindo de dous grandes piares da tradición para lles dar novos significados a través dunha ollada feminista. “A literatura non se mide en cantidade, senón en calidade. Begoña Caamaño só puido deixarnos dúas novelas, pero nelas tocou dous fíos decisivos con gran mestría. En Circe ou o pracer do azul, o gran piar da tradición occidental, a Odisea de Homero e as raíces da epopea; e en Morgana en Esmelle, a materia de Bretaña, gran temática paneuropea desde a Idade Media, e cunha significación moi profunda para a nosa literatura”, sinala a académica.

Antes que Begoña Caamaño abordaran o ciclo artúrico, “que dalgún xeito cobre o oco desa épica que Galicia non tivo na época medieval”, outros autores galegos, desde Ramón Cabanillas a Xosé Luís Méndez Ferrín e Darío Xohán Cabana. E por suposto, Álvaro Cunqueiro no seu Merlín e familia (1955), a quen Caamaño homenaxea en Morgana en Esmelle mais, coma en Circe, desde un punto de vista ben diferente, “cunha perspectiva feminista e reescribindo o mito a partir das personaxes femininas”, profunda María López-Sández.

A coordinadora do Seminario de Sociolingüística lembra ademais que coa elección de Begoña Caamaño como protagonista das Letras Galegas 2026 a RAG tamén quere chamar a atención sobre a necesidade dun xornalismo comprometido coa verdade e co uso do galego. A homenaxeada era xornalista, unha profesión que exerceu primeiro en Radio Popular e despois na Radio Galega defendendo sempre a honestidade e o coidado e a promoción do idioma propio de Galicia.

A programación

O calendario de actos presenciais da RAG dedicados á divulgación da figura e da obra de Begoña Caamaño arrincará en Vigo o 2 de marzo no CEIP O Pombal. Da man da comunidade educativa deste colexio vigués, a institución presentará a nova edición do seu proxecto para o público infantil, Primavera das Letras (primaveradasletras.gal). Nesta ocasión, a convidada a lles presentar a protagonista das Letras Galegas aos nenos e nenas é An Alfaya, que escribiu un texto teatral inspirado no universo vital e literario da homenaxeada que ilustra Laura Romero, pensado tanto para a representación dentro e fóra das aulas coma para a lectura individual e ou dramatizada en grupo.

Vigo será tamén o escenario que acollerá en outono o Simposio Begoña Caamaño, un foro para profundar nas novas lecturas e análises do legado intelectual da homenaxeada, que sen dúbida han impulsar estas Letras Galegas; mentres que a cidade onde Caamaño se fixo escritora, Santiago de Compostela, acollerá o pleno extraordinario do 17 de maio na súa honra. As alocucións académicas correrán a cargo de Marilar Aleixandre, Víctor F. Freixanes, Manuel Rivas e Ana Romaní.

A RAG mantén ademais a aposta polo audiovisual que iniciou en 2021 coa serie web sobre Xela Arias. Con Damián Varela e Alba López Álvarez á fronte da dirección, no canto de varios episodios de curta duración, o relato documental sobre Begoña Caamaño presentarase nesta ocasión nunha única peza de maior duración. Preténdese así facilitar a súa difusión en distintos contextos, entre eles o dos institutos de secundaria, aínda que será, como nas anteriores ocasións, unha creación concibida para un público amplo no rango de idades.

Os que si se dirixen especificamente á mocidade son os vídeos curtos arredor da obra de Caamaño que, cun xeito máis desenfadado, a Academia ofrecerá nas súas redes sociais. Outra novidade co público novo como destinatario será o primeiro videopódcast da RAG, no que creadoras de distintas xeracións reflexionarán arredor de temas chave de Caamaño.

Todos este contidos ofreceranse ademais a través do sitio web de Begoña Caamaño en academia.gal, onde xa está dispoñible a biografía sobre a homenaxeada que asina Ana Romaní, e que se irá actualizando igualmente con entrevistas e reportaxes sobre o universo vital e intelectual da escritora e xornalista. O Portal das Palabras (portaldaspalabras.gal), a páxina de difusión do léxico galego da RAG e a Fundación Barrié, tamén lle dará a súa propia homenaxe con xogos e textos divulgativos; e o Seminario de Onomástica da Academia renderalle tributo desde a análise toponímica.

A programación da Real Academia Galega desenvolverase co apoio económico da Xunta de Galicia, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a Deputación da Coruña, a Deputación de Pontevedra, os concellos de Vigo e Santiago de Compostela, entre outras institucións e entidades.

ShareTweetSend
Publicación anterior

A sexta edición da GALICIA DESIGN WEEK celebrarase do 14 ao 23 de maio na Coruña

Siguiente

A Deputación da Coruña e o Concello de Vimianzo renovan o convenio para a xestión cultural e turística do Castelo de Vimianzo e os Batáns de Mosquetín

David

David

Relacionado Entradas

A Deputación da Coruña e o Concello de Vimianzo renovan o convenio para a xestión cultural e turística do Castelo de Vimianzo e os Batáns de Mosquetín
A Coruña

A Deputación da Coruña e o Concello de Vimianzo renovan o convenio para a xestión cultural e turística do Castelo de Vimianzo e os Batáns de Mosquetín

A sexta edición da GALICIA DESIGN WEEK celebrarase  do 14 ao 23 de maio na Coruña
A Coruña

A sexta edición da GALICIA DESIGN WEEK celebrarase do 14 ao 23 de maio na Coruña

A Deputación da Coruña e Ecos do Sur asinan un convenio para a acollida de menores refuxiados da guerra de Mali
A Coruña

A Deputación da Coruña e Ecos do Sur asinan un convenio para a acollida de menores refuxiados da guerra de Mali

El CSIC en Galicia incrementa su plantilla
GALICIA

El CSIC en Galicia incrementa su plantilla

O Dicionario da Real Academia Galega roza os 32 millóns de consultas anuais
Cultura

O Dicionario da Real Academia Galega roza os 32 millóns de consultas anuais

Formoso destaca en REAIM 2026 a industria de defensa como motor de innovación, talento e emprego na provincia
A Coruña

Formoso destaca en REAIM 2026 a industria de defensa como motor de innovación, talento e emprego na provincia

Siguiente
A Deputación da Coruña e o Concello de Vimianzo renovan o convenio para a xestión cultural e turística do Castelo de Vimianzo e os Batáns de Mosquetín

A Deputación da Coruña e o Concello de Vimianzo renovan o convenio para a xestión cultural e turística do Castelo de Vimianzo e os Batáns de Mosquetín

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Opinión

No hay contenido disponible

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Martes 10/02/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Cadena Noroeste de Medios de Comunicación S.A.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

A Deputación destina máis de 213.000 euros á xestión e dinamización da Rede Provincial de Coworking en 2026

A Deputación destina máis de 213.000 euros á xestión e dinamización da Rede Provincial de Coworking en 2026

A Deputación da Coruña aprobou a concesión definitiva das axudas do programa PEL–Rede Coworking 2026, destinadas a apoiar a xestión,...

Por Interés

Últimas

A Deputación da Coruña e o Concello de Vimianzo renovan o convenio para a xestión cultural e turística do Castelo de Vimianzo e os Batáns de Mosquetín

A Deputación da Coruña e o Concello de Vimianzo renovan o convenio para a xestión cultural e turística do Castelo de Vimianzo e os Batáns de Mosquetín

A RAG presenta a programación das Letras Galegas de Begoña Caamaño

A RAG presenta a programación das Letras Galegas de Begoña Caamaño

A sexta edición da GALICIA DESIGN WEEK celebrarase  do 14 ao 23 de maio na Coruña

A sexta edición da GALICIA DESIGN WEEK celebrarase do 14 ao 23 de maio na Coruña

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.