• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Arrinca o Entroido en Carballo

O Concurso de Disfraces e o Enterro da Sardiña protagonizan un Entroido con festas, animación, pasarrúas e máis de 10.000 euros en premios

David Por David
12/02/2026
en #Destacado
0
Arrinca o Entroido en Carballo
FacebookXWhatsApp

O Concurso de Disfraces e o Enterro da Sardiña protagonizan un
Entroido carballés que tamén ten festas, bailes ou pasarrúas: do
venres 13 ao martes 17 de febreiro
Os disfraces invadirán Carballo un ano máis: ruadas, música,
pasarrúas, circo, bailes infantís, cocidos, festivais, charangas,
festas… e tres citas que cada ano congregan a miles de persoas: o
Concurso e Desfile de Disfraces, Comparsas e Carrozas, a Festa Infantil
de Entroido e o Enterro da Sardiña.

Este ano o Concurso, no que habitualmente participan máis de medio
millar de persoas, terá lugar o domingo 15 de febreiro e estará
presentado pola regueifeira Lupe Blanco, coristanquesa moi vinculada a
Carballo e unha das responsables da Escola de regueifa da vila. Comeza
ás 18.00 horas e durante o baile posterior (patrocinado pola
Concellaría de Terceira Idade coa actuación do Dúo Veneguay), farase
a entrega de premios, aproximadamente ás 20.30 horas. Dos máis de
10.000 euros que repartirá o concurso, arredor de 4.500 están
destinados a gratificacións para premiar a participación na
actividade. Ademais, está previsto repartir ata 17 premios e ata 1.000
euros en accésits.

Unha das citas que a cativada agarda cada ano é a Festa Infantil que
se celebra o Luns de Entroido. Neste caso é o 16 de febreiro na Praza
do Concello de 18.00 a 19.30 horas e contará con música de picadiscos,
xogos e animación. Outra das actividades que xa é tradicional é o
Enterro da Sardiña, neste caso o martes 17 de febreiro a partir das
19.00 horas. Contará coa colaboración da Aula de Teatro Municipal de
Carballo que dirixe Galeatro. A comitiva do cortexo fúnebre sairá da
Praza do Concello e continuará ata o Parque do Anllóns, onde a
sardiña acaba no río. Colaboran na cita os servizos municipais de
Policía Local e Protección Civil, así como a Agrupación de
voluntarios e voluntarias de Protección Civil de Carballo.
Citas na rúa desde o venres 13
O programa contará tamén con moita animación nas rúas xa desde o
primeiro día. Así, o venres 13 de febreiro a música de Cé Orquestra
Pantasma visitará a Praza do
Concello a partir das 18.30 horas; e a partir das 20.00 horas será a
quenda de Brassica Rapa, unha banda que combina música instrumental e
vocal con multi percusión. Os pasarrúas terán presenza o 15 de
febreiro, día do Concurso de disfraces, o luns 16, día da Festa
Infantil e tamén o martes 17 durante o Enterro da Sardiña: correrán a
cargo das charangas Bregadiers e Santa Compaña.

Ao programa hai que sumarlle as actividades que se desenvolven en
diferentes barrios e parroquias de Carballo: coa terceira edición do
Renacemento do Chorón na Milagrosa o sábado 14 de febreiro; con festas
de Entroido en Ardaña e Oza o sábado 7 de febreiro; con festas do
cocido en Lema e Sofán o sábado de Piñata e o 7 de marzo
respectivamente; ou co festival de Entroido que celebra Cances o sábado
28 de febreiro.

Citas para todos os públicos e para todas as idades durante un mes
intenso no que o espírito máis festeiro estará presente en cada
recuncho do municipio. Organiza o programa a Concellaría de Cultura coa
colaboración da Concellaría de Terceira Idade, a Concellaría de
Asociacións Veciñais, a Brigada Municipal de Obras, os servizos de
Policía Local e Protección Civil e a Agrupación de voluntarios e
voluntarias de Protección Civil de Carballo.

Toda a info en:

ENTROIDO EN CARBALLO

 

ShareTweetSend
Publicación anterior

Carballo consolida a Atlantic Games Conference na súa segunda edición cun programa ampliado e aberto á cidadanía

Siguiente

O Colexio de Xornalistas rexeita que non se esixa a titulación para un posto de comunicación no Porto de Vigo

David

David

Relacionado Entradas

Rueda anuncia que la Xunta aumenta hasta las 11.932 plazas la oferta para campamentos y actividades de verano
#Destacado

Los políticos gallegos mejor valorados en 2026: Alfonso Rueda y Ana Pontón lideran la opinión de los ciudadanos

Las canciones del verano desde el año 2000 hasta 2026: todos los éxitos que marcaron cada verano en España
#Destacado

Las canciones del verano desde el año 2000 hasta 2026: todos los éxitos que marcaron cada verano en España

Tobogáns xigantes gratuítos na praza da Revolta e cine na rúa de Cedeira
A Coruña

Tobogáns xigantes gratuítos na praza da Revolta e cine na rúa de Cedeira

Estas son las actuaciones confirmadas de la Orquesta La Fórmula durante el mes de julio de 2026
#Destacado

Estas son las actuaciones confirmadas de la Orquesta La Fórmula durante el mes de julio de 2026

Estrenos Netflix, Disney+, Prime Video y Max: todas las novedades del 27 de julio al 2 de agosto de 2026
#Destacado

Estrenos Netflix, Disney+, Prime Video y Max: todas las novedades del 27 de julio al 2 de agosto de 2026

Incendios forestales en España: última hora de los fuegos activos, más de 77.000 hectáreas arrasadas y miles de evacuados
#Destacado

Incendios forestales en España: última hora de los fuegos activos, más de 77.000 hectáreas arrasadas y miles de evacuados

Siguiente
O Colexio de Xornalistas rexeita que non se esixa a titulación para un posto de comunicación no Porto de Vigo

O Colexio de Xornalistas rexeita que non se esixa a titulación para un posto de comunicación no Porto de Vigo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Sesión vermut

13:00 - 14:00
A continuación: Líder express 14:00

Opinión

Rueda anuncia que la Xunta aumenta hasta las 11.932 plazas la oferta para campamentos y actividades de verano
#Destacado

Los políticos gallegos mejor valorados en 2026: Alfonso Rueda y Ana Pontón lideran la opinión de los ciudadanos

La política gallega mantiene un panorama estable en cuanto a la valoración de sus principales dirigentes. Los diferentes sondeos publicados...

Leer másDetails
Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Lunes 27/07/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut Ahora
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Rueda anuncia que la Xunta aumenta hasta las 11.932 plazas la oferta para campamentos y actividades de verano

Los políticos gallegos mejor valorados en 2026: Alfonso Rueda y Ana Pontón lideran la opinión de los ciudadanos

Las canciones del verano desde el año 2000 hasta 2026: todos los éxitos que marcaron cada verano en España

Las canciones del verano desde el año 2000 hasta 2026: todos los éxitos que marcaron cada verano en España

Tobogáns xigantes gratuítos na praza da Revolta e cine na rúa de Cedeira

Tobogáns xigantes gratuítos na praza da Revolta e cine na rúa de Cedeira

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.