• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O Colexio de Xornalistas rexeita que non se esixa a titulación para un posto de comunicación no Porto de Vigo

David Por David
12/02/2026
en #Destacado
0
O Colexio de Xornalistas rexeita que non se esixa a titulación para un posto de comunicación no Porto de Vigo
FacebookXWhatsApp

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia desaproba a convocatoria dunha praza de técnico ou técnica de comunicación e imaxe na Autoridade Portuaria de Vigo. Na convocatoria, malia as funcións claramente informativas do posto, só se require unha diplomatura, enxeñaría técnica ou formación profesional de grao superior.
O pasado 7 de xaneiro publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria, por parte da Autoridade Portuaria de Vigo, dunha praza de técnico ou técnica de comunicación e imaxe, en réxime de persoal laboral fixo. Nas bases da convocatoria do concurso-oposición, que se disponibilizaron na web da Autoridade Portuaria, describíanse as funcións do posto claramente de carácter xornalístico, que incluían cuestións como realizar plans de comunicación, levar a cabo a comunicación interna e externa da entidade ou desenvolver a relación cos medios. Malia iso, as mesmas bases estabelecían que a titulación mínima para optar ao posto era a dunha “Diplomatura, Enxeñaría Técnica ou Formación Profesional de Grao Superior e equivalentes”.

 

A decana do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Belén Regueira Leal dirixiuse por escrito a Carlos Botana Lagarón, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, para reclamarlle, en nome da Xunta de Goberno, a reconsideración da convocatoria e a súa substitución por outra que incluíse como requisito a titulación específica ou a colexiación, características que poden asegurar que a elaboración da información sexa tratada coas garantías e a profesionalidade que require un posto público.

 

Desde a Autoridade Portuaria, o director Rubén Marín Gallego respondeu nunha misiva que a categoría profesional do posto (“Técnico/a”) non permite incluír como requisito unha titulación superior á das bases, tanto polas normas de contratación aprobadas pola Dirección Xeral de Función Pública como polo III Convenio Colectivo de Portos do Estado e Autoridades Portuarias, aínda que destaca que a posesión de titulacións superiores se puntúa con máis valor que a mínima esixida. Na súa misiva, Marín Gallego non detalla nada sobre a formación específica en comunicación, limitándose a comentar a valoración dunha titulación xeral de licenciatura ou grao.

 

O Colexio de Xornalistas xa ten reiterado en numerosas ocasións que a única titulación que acredita que a persoa está facultada para o exercicio da profesión xornalística é a licenciatura ou grao en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual ou, no seu caso, a colexiación no Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Resulta especialmente grave que esta formación específica sexa ignorada por un organismo público como a Autoridade Portuaria, unha decisión que deteriora tanto a calidade da información que xera como as condicións laborais dos xornalistas nos seus cadros de persoal.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Arrinca o Entroido en Carballo

Siguiente

Vox irrumpirá con fuerza en Galicia

David

David

Relacionado Entradas

Inés Rey presume do éxito da declaración da Coruña como zona tensionada
#Destacado

Inés Rey presume do éxito da declaración da Coruña como zona tensionada

#Destacado

O condutor dunha furgoneta queda atrapado no vehículo tras chocar cun camión en Castro de Rei

El CC Los Rosales celebra la Fiesta Infantil Vuelta al Cole 2026
#Destacado

El CC Los Rosales celebra la Fiesta Infantil Vuelta al Cole 2026

O Concello de Vimianzo estrea un novo mural XXL dedicado ás pandereteiras
#Destacado

O Concello de Vimianzo estrea un novo mural XXL dedicado ás pandereteiras

Culleredo licita por 465.000 euros la renovación integral del pavimento y de las pistas deportivas de la plaza de Europa
#Destacado

Culleredo licita por 465.000 euros la renovación integral del pavimento y de las pistas deportivas de la plaza de Europa

El Camino Portugués de la Costa es la ruta jacobea que más crece, con un incremento de peregrinos del 25% en el último año
#Destacado

El Camino Portugués de la Costa es la ruta jacobea que más crece, con un incremento de peregrinos del 25% en el último año

Siguiente
Vox irrumpirá con fuerza en Galicia

Vox irrumpirá con fuerza en Galicia

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Superdanze

22:00 - 23:59
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Programación de Hoy

Sábado 12/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 12:00
    Fórmula Líder
  • 12:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Fórmula Líder
    14:00 - 22:00
    Fórmula Líder
  • 22:00 - 23:59
    Superdanze Ahora
    En directo

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.