• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O BNG critica a negativa do PP a ter un papel activo para salvar 200 empregos de Losán e Aserpal en Curtis e Vilasantar

Iria Carreira celebra o compromiso arrincado polo BNG para que a Xunta de Rueda reciba os traballadores de Losán e Aserpal

David Por David
23/02/2026
en A Coruña
0
O BNG critica a negativa do PP a ter un papel activo para salvar 200 empregos de Losán e Aserpal en Curtis e Vilasantar
FacebookXWhatsApp

A deputada do BNG na comarca da Montaña, Iria Carreira, logrou o acordo no Parlamento para que a Xunta de Rueda reciba os traballadores de Losán e Aserpal. Porén, o PP rexeitou o punto da iniciativa do BNG no que se lle pedía ao Goberno galego que teña un papel activo para salvar os 200 empregos que teñen en Galiza, maioritariamente en Curtis e Vilasantar, implicándose no plan de viabilidade e incorporándose ao capital da empresa, cuxos traballadores levan catro meses sen cobrar, nin salarios nin pagas extras nin a actualización salarial de 2025, todo isto cunha produción paralizada.

“A situación é de extrema gravidade”, expresou Carreira, que comezaba a súa intervención saudando unha representación dos e das traballadoras que seguiron o debate da Comisión de Industria desde unha sala do Parlamento. Agradeceulles así mesmo “o seu compromiso e a súa loita polo seu futuro, que tamén é o futuro de toda unha comarca”, recalcou.

“O que queren é traballar e cobrar o seu salario, non mendigar”, explicou, recriminándolle ás administracións, tanto á Xunta de Rueda como ao Goberno do Estado, o seu “silencio cómplice” ante esta situación. Tamén criticou que a Consellería de Industria nin sequera respondese á solicitude do comité de empresa para manter unha xuntanza na que analizar a situación, requirimento ao finalmente que si se comprometeu hoxe a portavoz do PP.

Na iniciativa, o BNG reclamaba que a Xunta se reúna cos comités de empresa de Aserpal e Losán, que traballe no deseño dun plan de viabilidade para o grupo coa incorporación da propia Xunta ao capital da empresa, cuestión que foi rexeitada, e que lle demande ao Goberno do Estado a súa participación nese plan de viabilidade, punto que recibiu o voto favorable de todos os grupos políticos. “Cremos que a SEPI ten moito que ver pero non imos deixar de lado a Xunta de Galiza.”

Durante a súa exposición, Iria Carreira acusou a ambas administracións de “tirar a pelota a ver se cae en Santiago ou en Madrid mentres as familias seguen sen recibir un só ingreso desde novembro”. Indicou que é “triste e dramático” que o Partido Popular e o Partido Socialista estean pelexando por ver quen é “o máis malo da película”. “Baixen comigo e díganlles aos traballadores que a Xunta non ten nada que ver aquí”.

A deputada da comarca da Montaña recordou que en Curtis viven 4.242 persoas e en Vilasantar, 1.233, polo que o peche de Aserpal, factoría situada en Vilasantar, convetiría o propio concello no maior empregador do municipio.

Lembrou así mesmo que a empresa, que chegou a ser a segunda madeireira de Galiza por facturación e foi declarada proxecto estratéxico pola SEPI, recibiu 35 millóns de euros do goberno central, ademais de 2 millóns do IGAPE e 5 millóns de XES Galiza por parte da Xunta, e conta con 19 millóns en avais do ICO. Pese a todo iso, a empresa non conseguiu reconducir a reestruturación dunha débeda de 200 millóns, o que pon en risco directo a viabilidade do grupo e os postos de traballo.

 

bng curtis
1:02
Audio
ShareTweetSend
Publicación anterior

El precio medio de un coche nuevo aumenta un 45 % en cinco años y dispara el alquiler entre particulares

Siguiente

Máis de douscentos escolares carballeses participarán nas visitas guiadas ao Xardín de Rosalía para conmemorar o Día de Rosalía

David

David

Relacionado Entradas

Culleredo llama a “extremar el cuidado del medio” durante las fiestas
A Coruña

Culleredo llama a “extremar el cuidado del medio” durante las fiestas

O PSdeG-PSOE provincial da Coruña reclama ao Sergas medidas inmediatas ante a saturación das Urxencias do CHUAC
#Destacado

O PSdeG-PSOE provincial da Coruña reclama ao Sergas medidas inmediatas ante a saturación das Urxencias do CHUAC

A Deputación culmina a mellora da DP-0105 en Cortiñán cun investimento de preto de 214.000 euros
#Destacado

A Deputación culmina a mellora da DP-0105 en Cortiñán cun investimento de preto de 214.000 euros

A Coruña promove a observación segura da eclipse do 12 de agosto, coa repartición de caixas automontables nas sesións infantís do Planetario
#Destacado

A Coruña promove a observación segura da eclipse do 12 de agosto, coa repartición de caixas automontables nas sesións infantís do Planetario

Ferrol acollerá a 39ª Copa Galicia de Baloncesto Sénior Feminina
#Destacado

Ferrol acollerá a 39ª Copa Galicia de Baloncesto Sénior Feminina

El ‘Rasca 7 y Media’ de la ONCE deja en el Mercado de las Conchiñas los 10.000 euros de su premio mayor
A Coruña

El ‘Rasca 7 y Media’ de la ONCE deja en el Mercado de las Conchiñas los 10.000 euros de su premio mayor

Siguiente
Máis de douscentos escolares carballeses participarán nas visitas guiadas ao Xardín de Rosalía para conmemorar o Día de Rosalía

Máis de douscentos escolares carballeses participarán nas visitas guiadas ao Xardín de Rosalía para conmemorar o Día de Rosalía

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 08:00

Opinión

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento
#Destacado

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

La transformación del Cantón Grande de A Coruña avanza a buen ritmo, pero también lo hace el debate ciudadano. Lo...

Leer másDetails
Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Sábado 25/07/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    08:00 - 12:00
    Fórmula Líder
  • 12:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Fórmula Líder
    14:00 - 22:00
    Fórmula Líder
  • 22:00 - 23:59
    Superdanze
    En directo

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

La Xunta implanta en las 54 oficinas de empleo gallegas una red de cajeros autoservicio

La Xunta implanta en las 54 oficinas de empleo gallegas una red de cajeros autoservicio

Camino de Santiago en verano 2026: cómo reservar hoteles baratos, mejores rutas, precios y consejos para ahorrar

Camino de Santiago en verano 2026: cómo reservar hoteles baratos, mejores rutas, precios y consejos para ahorrar

Culleredo llama a “extremar el cuidado del medio” durante las fiestas

Culleredo llama a “extremar el cuidado del medio” durante las fiestas

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.