• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación da Coruña e a CEC financian con 280.000 euros o proxecto “Impulsa Coruña”

O programa desenvolverase en nove comarcas e ofrecerá formación, mentorización e apoio ao financiamento para persoas emprendedoras, pemes e autónomos

David Por David
09/03/2026
en #Destacado, A Coruña
0
A Deputación da Coruña e a CEC financian con 280.000 euros o proxecto “Impulsa Coruña”
FacebookXWhatsApp

A Deputación da Coruña e a Confederación de Empresarios da Coruña financian con 280.000 euros o proxecto “Impulsa Coruña”, unha iniciativa destinada a fomentar o emprendemento e fortalecer a actividade empresarial na provincia. O programa desenvolverase a través dun convenio de colaboración asinado hoxe entre o presidente provincial, Valentín González Formoso e presidente da CEC, Antonio Fontenla, nun acto ao que tamén asistiu a deputada de Emprego e Industria, Rosa Ana García. A achega provincial ascende a 224.000 euros (o 80% do total) e aportación da CEC será de 56.000 euros (20%).

Valentín González Formoso, destacou que este proxecto forma parte da estratexia da institución para impulsar o emprendemento na provincia. “Desde a Deputación temos claro que apoiar a quen decide emprender é apostar polo futuro da provincia. Queremos crear oportunidades para que as boas ideas poidan converterse en proxectos empresariais sólidos que xeren emprego e actividade económica nos nosos concellos”, afirmou.

O presidente da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), Antonio Fontenla, agradeceu á Deputación o seu importante apoio para o desenvolvemento do programa ‘e asegurou que “esta colaboración representa un paso fundamental para seguir impulsando o emprendemento”.

Fontenla destacou que “o emprendemento está a calar cada vez máis como unha opción de futuro, especialmente entre as xeracións máis novas, o que nos anima a perseverar nas iniciativas de apoio e a ofrecer o acompañamento necesario para converter esas ideas en empresas viables”.

Ademais, asegurou que “o respaldo ao emprendemento no rural é clave para xerar oportunidades, dinamizar a economía local e contribuír a fixar poboación nas nosas comarcas”. Segundo explicou, “un rural con economía é un rural con futuro, e este proxecto busca que o desenvolvemento chegue de maneira equilibrada tanto ás áreas urbanas da Coruña e Ferrol como a comarcas estratéxicas como Bergantiños, Terra de Soneira, Fisterra, Ordes, As Mariñas, Eume e Ortegal, reforzando así o desenvolvemento económico sostible en toda a provincia”.

Entre as actuacións previstas inclúense programas de formación e capacitación adaptados ás demandas reais do mercado laboral, procesos de mentorización e acompañamento para persoas emprendedoras, así como iniciativas destinadas a facilitar o acceso ao financiamento para novos proxectos empresariais.

O obxectivo é impulsar iniciativas empresariais viables e favorecer especialmente o crecemento de pemes, micropemes e persoas autónomas, contribuíndo á dinamización económica das diferentes comarcas da provincia.
Estratexia provincial de apoio ao emprendemento

O proxecto “Impulsa Coruña” forma parte dunha estratexia máis ampla da Deputación para apoiar a creación de empresas e o autoemprego como ferramentas clave para xerar riqueza e oportunidades, especialmente nos concellos máis pequenos.

Neste marco, a institución provincial colabora tamén coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela no programa Provincia Emprendedora, que desde maio de 2025 desenvolveu 50 sesións de fomento do espírito emprendedor no ámbito educativo, nas que participaron máis de 700 persoas.

Ademais, o programa prestou asesoramento a 68 proxectos emprendedores, con 83 persoas promotoras implicadas e máis de 450 asistencias realizadas. Como resultado deste acompañamento, 43 persoas emprendedoras déronse de alta na Seguridade Social, ben como empresarios individuais ou formando parte de sociedades.

Esta colaboración complétase co Coworking Dixital Compostela, integrado na Rede Provincial de Coworking, creada en 2019 no marco do Plan de Emprego Local (PEL) e que conta actualmente con 12 espazos de traballo colaborativo na provincia.
Máis de 7.700 empregos creados a través do PEL

O apoio ao emprendemento e á actividade empresarial é unha das liñas estratéxicas da Deputación da Coruña a través do Plan de Emprego Local (PEL), que desde a súa posta en marcha hai unha década se converteu nunha das principais ferramentas de promoción do emprego na provincia.

Neste período, o programa permitiu crear máis de 7.700 empregos, ademais de beneficiar a 2.700 pequenas empresas e apoiar a máis de 4.000 persoas autónomas mediante bonificacións na cota da Seguridade Social.

Os datos máis recentes confirman a consolidación deste programa. En 2026, a liña PEL-Concellos destina 3,5 millóns de euros para contratar máis de 400 persoas desempregadas en 90 dos 93 concellos da provincia.

Ademais, as axudas do PEL mobilizaron 4,7 millóns de euros, permitindo crear ou consolidar 430 postos de traballo en pequenas empresas.

Formoso subliñou que estes programas reflicten o compromiso da Deputación coa economía produtiva da provincia: “Queremos seguir creando oportunidades para que as empresas medren, para que máis persoas poidan emprender e para que o talento non teña que marchar fóra da nosa terra”.

A través destas iniciativas, a Deputación da Coruña continúa impulsando políticas orientadas a fomentar o emprego estable e de calidade, apoiar o emprendemento e fortalecer o tecido económico local, contribuíndo tamén a fixar poboación no rural e afrontar o reto demográfico.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Renfe pone en marcha A punto, un plan de obras a corto plazo y de alto impacto en estaciones de Cercanías y Ancho Métrico

Siguiente

O BNG pídelle ao PP que non bloquee a comisión de investigación sobre Altri

David

David

Relacionado Entradas

Medalla a la Promoción de los valores de Igualdad para Dolores Vázquez
#Destacado

Medalla a la Promoción de los valores de Igualdad para Dolores Vázquez

El Aeropuerto de A Coruña asumirá 1.486 vuelos durante los próximos 35 días
#Destacado

El Aeropuerto de A Coruña asumirá 1.486 vuelos durante los próximos 35 días

Vimianzo acolleu o encontro «Alza Voz de Muller»
#Destacado

Vimianzo acolleu o encontro «Alza Voz de Muller»

Pantallas e infancia: el coste invisible de la hiperconectividad
#Destacado

Pantallas e infancia: el coste invisible de la hiperconectividad

O BNG carga contra Inés Rey o diferiren na política cultural do concello
#Destacado

Avia Veira portavoz do BNG no concello da Coruña responde en Radio Líder

Besteiro descorchaba el champán y Candia juraba en arameo
#Destacado

Besteiro descorchaba el champán y Candia juraba en arameo

Siguiente
O BNG pídelle ao PP que non bloquee a comisión de investigación sobre Altri

O BNG pídelle ao PP que non bloquee a comisión de investigación sobre Altri

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

08:00 - 12:00
Continuidad
A continuación: Sesión vermut 12:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Sábado 25/04/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 12:00
    Fórmula Líder Ahora
  • 12:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Fórmula Líder
    14:00 - 22:00
    Fórmula Líder
  • 22:00 - 23:59
    Superdanze
    En directo

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Besteiro descorchaba el champán y Candia juraba en arameo

Besteiro descorchaba el champán y Candia juraba en arameo

Las mociones de censura van por barrios, mejor dicho, por ayuntamientos. Ahora le toca al PSOE rasgarse las vestiduras por...

Por Interés

Últimas

Medalla a la Promoción de los valores de Igualdad para Dolores Vázquez

Medalla a la Promoción de los valores de Igualdad para Dolores Vázquez

El Aeropuerto de A Coruña asumirá 1.486 vuelos durante los próximos 35 días

El Aeropuerto de A Coruña asumirá 1.486 vuelos durante los próximos 35 días

Vimianzo acolleu o encontro «Alza Voz de Muller»

Vimianzo acolleu o encontro «Alza Voz de Muller»

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.