• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Carballo consolida a súa aposta pola divulgación cun agosto cargado de ciencia

Máis de cen persoas participaron onte nas charlas de Begoña Nicolás e Borja Tosar en Razo, o que eleva a case 200 a asistencia ás dúas primeiras citas do ciclo SolxCiencia

David Por David
30/07/2026
en #Destacado, A Coruña, Cultura
0
Carballo consolida a súa aposta pola divulgación cun agosto cargado de ciencia
FacebookXWhatsApp

A ciencia veranea en Carballo. As actividades de divulgación organizadas pola Concellaría de Innovación durante o mes de xullo acadaron unha excelente resposta do público, e en agosto teremos máis: un programa para todas as idades e en escenarios tan diversos como o mercado municipal, os campamentos infantís de verán ou o Balneario de Carballo.

Máis de cen persoas participaron onte, 29 de xullo, no encontro celebrado no Terra Bar de Razo con Begoña Nicolás e Borja Tosar. A sesión, que combinou ciencia, curiosidade e divulgación sobre a eclipse do 12 de agosto nun ambiente distendido, superou todas as previsións e confirmou o interese que espertan este tipo de propostas.

A cita de Razo foi a segunda do ciclo SolxCiencia, que arrancou o 20 de xullo no Camping Baldaio coas intervencións de Isabel Lema Gesto e César González García. Entre as dúas actividades, preto de 200 persoas achegáronse á ciencia en dous espazos de lecer da costa carballesa, un gran respaldo veciñal que reafirma a aposta de Carballo por democratizar o coñecemento científico.

A ciencia toma o mercado municipal

A programación de agosto comezará o luns 3 no mercado municipal cunha actividade especialmente dirixida ao público infantil e familiar. Ás 19.00 e ás 19.45 horas celebraranse dous obradoiros de construción de caixas estenopeicas para que os nenos e nenas, a partir de 6 anos, aprendan a observar a eclipse de xeito seguro. Os participantes deberán levar unha caixa de cartón para construír o seu propio dispositivo. Haberá 15 prazas por quenda e será preciso inscribirse previamente a través da páxina web municipal, carballo.gal.

A xornada continuará ás 20.30 horas, na cafetería Mercado, cunha charla de Óscar Blanco Varela, director do Centro Astronómico Trevinca, astrofotógrafo e divulgador especializado na observación do firmamento. Óscar Blanco leva anos achegando a astronomía ao público e viaxando para observar e fotografar fenómenos como as eclipses solares.

As investigadoras carballesas van de campamento

O venres 7 de agosto, a divulgación científica trasladarase aos campamentos infantís de verán. Baixo o título As investigadoras carballesas van de campamento, desenvolveranse actividades científicas adaptadas á rapazada coa participación de catro profesionais vinculadas a ámbitos moi diferentes do coñecemento: Xanel Vecino Bello, María Gómez Brandón, María Andrade Suárez e Olalla Rama García.

Xanel Vecino é doutora en Enxeñaría Química e investigadora Ramón y Cajal na Universidade de Vigo. A súa actividade céntrase na economía circular e na transformación sostible de residuos e materias primas secundarias para obter produtos de valor engadido.

María Gómez Brandón investiga no campo da ecoloxía do solo e na valorización e bioconversión de residuos orgánicos, tamén na Uvigo, mentres que María Andrade é doutora en Socioloxía pola Universidade da Coruña e está especializada en socioloxía urbana, cultura, políticas culturais e estudos territoriais.

Completa o grupo Olalla Rama, enxeñeira e especialista en ciberseguridade, con experiencia como consultora en contornas críticas e na divulgación de boas prácticas para protexer a información e facer un uso máis seguro da tecnoloxía.

A actividade permitirá que os nenos e nenas coñezan referentes científicos próximos, descubran diferentes profesións e aprendan mediante demostracións, xogos e experiencias adaptadas ás súas idades.

Do espazo ao pasado climático da Terra

A programación de agosto pecharase o xoves 13, a partir das 20.30 horas, cunha nova edición de SolxCiencia na cafetería do Balneario de Carballo.

Nesta ocasión participarán Ana Cambón Periscal e Uxía Fernández Pérez, que ofrecerán unha viaxe científica desde o espazo ata o pasado máis remoto do planeta.

Ana Cambón formouse en Enxeñaría Aeroespacial e traballa como controladora da misión Sentinel-3, vinculada ao programa europeo de observación da Terra Copernicus, nas instalacións de EUMETSAT en Alemaña. A súa intervención permitirá achegar ao público o funcionamento das misións espaciais e o traballo que existe detrás da operación e seguimento dun satélite.

Uxía Fernández é investigadora do grupo GRICA-BIOpast da Universidade da Coruña, dedicado ao estudo do cambio ambiental e da paleobioloxía. A través das evidencias conservadas na natureza, este grupo investiga como eran os ecosistemas e o clima do pasado e como esa información pode axudarnos a comprender os cambios ambientais actuais.

Carballo, punto de encontro coa ciencia

Co programa de agosto, o Concello de Carballo dá continuidade á súa aposta por unha divulgación científica próxima, accesible e conectada coa vida cotiá. As actividades chegarán a espazos comerciais, cafeterías, campamentos e lugares de encontro social, para favorecer que persoas de todas as idades poidan achegarse ao coñecemento dunha maneira amena e participativa.

A programación permitirá, ademais, seguir poñendo en valor o talento científico carballés e crear referentes próximos para as novas xeracións, especialmente entre as nenas e rapazas.

E o verán científico non rematará aquí. Setembro chegará cargado de novas propostas, encontros e actividades de divulgación, das que iremos informando proximamente.

Esta programación conta co selo do Proxecto Talento km0 (TALK0), coordinado pola Concellaría de Innovación de Carballo e financiado pola Unión Europea. «Queríamos sacar a ciencia dos laboratorios e levala onde está a xente, ás terrazas, ao mercado e aos campamentos. Ver a máis de cen persoas un mércores á noite nun bar de Razo escoitando falar de astronomía confirma que este modelo funciona. Carballo é innovación e talento, e este verán deixaremos claro que a divulgación científica tamén se vive e se goza ao solpor», asegura o concelleiro Iván Andrade.

ShareTweetSend
Publicación anterior

La CHMS construirá 4 pantalanes públicos para ordenar el atraque en la Ribeira Sacra

Siguiente

Falece unha persoa tras saírse da vía contra o muro dunha casa na Pobra do Caramiñal

David

David

Relacionado Entradas

Casi 29.000 plazas de termalismo para mayores en Galicia: fechas, precios y cómo reservar en 2026
#Destacado

Casi 29.000 plazas de termalismo para mayores en Galicia: fechas, precios y cómo reservar en 2026

O PP na FEGAMP alerta da «incertidume» e o «desprezo» do Goberno de Sánchez cos concellos galegos pola falta de Orzamentos
#Destacado

O PP na FEGAMP alerta da «incertidume» e o «desprezo» do Goberno de Sánchez cos concellos galegos pola falta de Orzamentos

O Orzamento de Vigo aumentará en 14,2 millóns no ano 2027, ata os 365 millóns de euros
#Destacado

O Orzamento de Vigo aumentará en 14,2 millóns no ano 2027, ata os 365 millóns de euros

A Corporación municipal secunda un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero
#Destacado

A Corporación municipal secunda un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero

Comezan as obras de humanización e mellora da mobilidade vertical na rúa Vasco Díaz Tanco, no barrio da Cuña
#Destacado

Comezan as obras de humanización e mellora da mobilidade vertical na rúa Vasco Díaz Tanco, no barrio da Cuña

O Caudal Fest comeza este ano no Concello de Lugo
#Destacado

O Caudal Fest comeza este ano no Concello de Lugo

Siguiente
Rescatan o corpo dunha persoa falecida en Verea

Falece unha persoa tras saírse da vía contra o muro dunha casa na Pobra do Caramiñal

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Líder local En directo

Líder local

10:00 - 13:00
Conexión Local
A continuación: Sesión vermut 13:00

Programación de Hoy

Jueves 17/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local Ahora
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.