• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O PPdeG pon en valor a xestión do Goberno Rueda no Debate de Política Xeral

Pon en valor a xestión do Goberno do PPdeG, da que destaca os logros acadados en educación, sanidade, vivenda, servizos sociais e no autogoberno

David Por David
09/04/2026
en #Destacado, Política
0
O PPdeG pon en valor a xestión do Goberno Rueda no Debate de Política Xeral
FacebookXWhatsApp

Salienta a «obsesión» do BNG por debuxar unha Comunidade triste e gris e recorda o seu «comportamento desleal» nos momentos de dificultades ao tentar sempre manipular aos galegos

  

●         Alberto Pazos contrapuxo o compromiso democrático e o respecto polas institucións do presidente Alfonso Rueda co do presidente Pedro Sánchez: «Aínda non se cumpriron catro anos desde que se converteu en presidente de todos os galegos e xa triplica o número de debates de política xeral, ademais de cuadriplicar o número de orzamentos aprobados nos oitos anos de Goberno de Sánchez».

 

●         Tal e como salientou o portavoz do Grupo Popular, Galicia continúa a ser unha illa de estabilidade, grazas a que as galegas e os galegos apostan por manter a nosa terra afastada do ruído, do populismo e da lea permanente.

 

●         Dixo que a única base posible para o consenso é o programa electoral que foi referendado maioritariamente nas urnas, o cal se converteu nun «compromiso formal, vinculante e de cumprimento inescusable».

 

●         Aproveitou para poñer en valor a educación de primeiro nivel, a atención sanitaria de gran calidade e servizos públicos solventes, modernos e avanzados, así como, tamén, un estado do benestar moi consolidado.

 

●         Lamentou o relato «distópico» e «apocalíptico» dos grupos da oposición: «Os galegos non poden recoñecerse nesa Galicia disparatada que vostedes debuxan».

 

●         «Galicia non está na visión deformada que nos queren trasladar, senón na visión realista dos que cada día traballan coa esperanza de que a Galicia do solpor sexa un pouco mellor que a Galicia na que amenceron», remarcou.

 

●         Fronte a isto, fixo fincapé en que Galicia ten unha das mellores sanidades do mundo. Referiuse á campaña de «permanente desprestixio» ao que os grupos da oposición a someten, aínda sendo a sétima mellor valorada de España.

 

●         «Sufrimos a mesma falta de especialistas de atención primaria que toda España. Sufrimos a mesma folga de profesionais que toda España. E sufrimos a mesma indolencia da ministra de Sanidade de toda España», subliñou.

 

●         Nesta liña, instou á oposición a que lle pidan ao Goberno de España que convoquen o MIR extraordinario que solicitan as Comunidades, o aumento das prazas de formación MIR e que se senten a negociar cos profesionais.

 

●         Ratificou o compromiso do Goberno galego con Ourense coas obras de reformas nos hospitais de Ourense e de Verín; a posta en marcha da residencia pública, financiada pola Fundación Amancio Ortega; o Centro de Excelencia en Ciberseguridade; o Cento Integral de Saúde; o IES de Pereiro de Aguiar ou o centro integral do Lume, en Toén.

 

●         E lamentou que Democracia Ourensana predique unha cousa no Parlamento e faga a contraria no concello de Ourense: «Non sei se pedir investimentos nesta Cámara para despois bloquealos na cidade é unha boa estratexia electoral, pero sei que é un pésimo negocio para Ourense».

 

●         Apuntou, tamén, aos diferentes frontes que ten abertos o PSdeG ao longo do territorio. E mencionou a situación de «caos absoluto» no que se atopan as agrupacións municipais de Santiago de Compostela, Ourense, Barbadás, Lugo e máis de 15 concellos paralizados na provincia de Pontevedra.

 

●         Para Alberto Pazos, «o epicentro da desfeita socialista» é a provincia de Lugo, onde expulsaron ao ex presidente da Deputación do partido e do grupo provincial por «comportamentos indignos», pero, ao mesmo tempo, o manteñen cos seus votos na Alcaldía de Monforte e lle soben o salario.

 

●         Sinalou a hipocrisía do secretario xeral dos socialistas galegos, ao recordar que, durante o Debate de política xeral, dicía que a igualdade non se negociaba, cando non atende as denuncias de comportamento machistas que lle trasladan empregadas do seu partido.

 

●         Afeou a falta de compromiso do Goberno central coa vivenda en Galicia: «Ducia de cámaras e de fotos, catro roldas de prensa e nin un só euro de fondos estatais propios».

 

●         O portavoz do Grupo popular aproveitou para salientar «a submisión a Ferraz» do voceiro do PSdeG e o boicot ao avance de Galicia. Así, incidiu no «listado de agravios do Goberno»: o traspaso da AP-9, o «lamentable» estado das estradas e do servizo ferroviario, o bloqueo á creación de 2.500 empregos e ao plan de choque para a dependencia ou á desconexión eléctrica industrial de toda a provincia de Lugo.

 

●         Referiuse á oposición «contumaz e recorrente» do BNG a todos e cada un dos avances que ten experimentado a sociedade galega e puxo como exemplos: Alcoa, a AP-9, o Xacobeo, as casas niño, as casas do maior, as rebaixas fiscais ou a ampliación de Stellantis.

 

●         Dixo que os galegos non comparten «esa permanente obsesión do BNG de debuxar unha Galicia triste, gris e dramaticamente pontoniana«.

 

●         «Estamos acostumados a que nos dean leccións de dependencia xudicial os mesmos que critican as decisión xudiciais; a que falen de respecto á soberanía dos pobos os mesmos que negan a soberanía do pobo venezolano; a que nos dean leccións sobre xenocidio os que bloquean declaracións institucionais condenando o maior xenocidio da historia; e a que nos dean leccións de humanidade os que bloquean unha declaración institucional en defensa das mulleres iranias», indicou.

 

●         «Contra á guerra estamos todos», insistiu Pazos, para engadir que «algúns, ademais de dicir non á guerra, tamén, nos atrevemos a dicir si a paz». Neste punto, fixo referencia á situación en Irán, Gaza, Ucraína e no Sáhara Occidental.

 

●         Criticou o «comportamento desleal» do BNG nos momentos de dificultades, e puxo como exemplo a crise financeira, a pandemia ou os pélets, nos que tentaron manipular á opinión pública.

 

●         Aproveitou para incidir en que, fronte aos grupos da oposición que sementan alarma e espallan enganos, hai sempre un Goberno do PPdeG ao carón dos galegos.

 

●        Para finalizar, puxo en valor o modelo de xestión do presidente Rueda e destacou o récord de emprego industrial, o impulso a unha fiscalidade xusta, a redución da débeda, o aumento do autogoberno, a mellora dos servizos públicos e a modernización da frota e do agro. Asemade, salientou a aposta pola vivenda pública, por máis residencias de maiores e máis escolas infantís, unha educación pública accesible e de calidade, e terapias e tratamentos de vangarda.

 

●         E rematou remarcando a importancia de evitar a polarización e a intolerancia.

ShareTweetSend
Publicación anterior

El ministro Óscar López visita el CESGA en Santiago, el segundo centro de computación más importante de España

Siguiente

O BNG sostén que Galiza merece un proxecto máis ambicioso

David

David

Relacionado Entradas

La Xunta implanta en las 54 oficinas de empleo gallegas una red de cajeros autoservicio
#Destacado

La Xunta implanta en las 54 oficinas de empleo gallegas una red de cajeros autoservicio

Camino de Santiago en verano 2026: cómo reservar hoteles baratos, mejores rutas, precios y consejos para ahorrar
#Destacado

Camino de Santiago en verano 2026: cómo reservar hoteles baratos, mejores rutas, precios y consejos para ahorrar

Festivales en Galicia este fin de semana (24, 25 y 26 de julio): la guía definitiva con los mejores conciertos y planes
#Destacado

Festivales en Galicia este fin de semana (24, 25 y 26 de julio): la guía definitiva con los mejores conciertos y planes

Los pueblos más baratos para comprar casa en Galicia en 2026: viviendas desde solo 46.000 euros
#Destacado

Los pueblos más baratos para comprar casa en Galicia en 2026: viviendas desde solo 46.000 euros

Camiseta de España con dos estrellas: precio, dónde comprarla y cuándo sale a la venta tras ganar el Mundial 2026
#Destacado

Camiseta de España con dos estrellas: precio, dónde comprarla y cuándo sale a la venta tras ganar el Mundial 2026

Los mejores miradores para ver el eclipse solar total del 12 de agosto de 2026 en Galicia
#Destacado

Los mejores miradores para ver el eclipse solar total del 12 de agosto de 2026 en Galicia

Siguiente
O BNG sostén que Galiza merece un proxecto máis ambicioso

O BNG sostén que Galiza merece un proxecto máis ambicioso

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 08:00

Opinión

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento
#Destacado

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

La transformación del Cantón Grande de A Coruña avanza a buen ritmo, pero también lo hace el debate ciudadano. Lo...

Leer másDetails
Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Domingo 26/07/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

La Xunta implanta en las 54 oficinas de empleo gallegas una red de cajeros autoservicio

La Xunta implanta en las 54 oficinas de empleo gallegas una red de cajeros autoservicio

Camino de Santiago en verano 2026: cómo reservar hoteles baratos, mejores rutas, precios y consejos para ahorrar

Camino de Santiago en verano 2026: cómo reservar hoteles baratos, mejores rutas, precios y consejos para ahorrar

Culleredo llama a “extremar el cuidado del medio” durante las fiestas

Culleredo llama a “extremar el cuidado del medio” durante las fiestas

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.