• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Ferrol abre a tempada de feiras do libro en Galicia

A docente e autora ferrolá Cristina Otero Correa será a encargada de pronunciar o pregón o vindeiro 23 de abril, Día do Libro

David Expósito Por David Expósito
16/04/2026
en #Destacado, Cultura
0
Ferrol abre a tempada de feiras do libro en Galicia
FacebookXWhatsApp

A Praza da Constitución de Ferrol converterase, do 23 ao 26 de abril, no primeiro gran punto de encontro co libro en Galicia neste 2026, inaugurando unha nova edición das Feiras do Libro cunha programación que combina literatura, música, pensamento e actividades para todos os públicos.

A apertura oficial terá lugar o propio 23 de abril, coincidindo co Día do Libro, cun acto inaugural no que a ferrolá Cristina Otero Correa será a encargada de dar o pregón. Docente de música, investigadora e autora, Otero Correa constrúe unha traxectoria marcada polo compromiso coa educación e coa xustiza social, entre Galicia e Uganda. A súa obra Xanelas ao mundo, dirixida ao público infantil, nace precisamente desa experiencia vital e propón a música como linguaxe común para o encontro entre culturas.

Durante catro días, a feira ofrecerá unha programación ampla que combina presentacións, conversas literarias, espectáculos familiares, actividades musicais e sinaturas de libros, configurando un espazo aberto á cidadanía no que o libro se converte en eixo vertebrador da vida cultural da cidade. A carpa de actividades será un dos grandes epicentros desta proposta, acollendo desde obradoiros infantís ata encontros arredor da memoria, a creación ou a literatura clásica.

Dani Bermúdez e Fidel de Tovar, referentes do manga español

Un dos momentos máis salientables da programación será o encontro con Dani Bermúdez e Fidel de Tovar, dous dos nomes máis destacados do manga español contemporáneo. Autores de títulos como Arashiyama, la montaña de los deseos, Liquid Memories ou Perfeddion, obra recoñecida co Premio de Bronce nos Japan International MANGA Awards, achegarán ao público a súa experiencia creativa e a evolución do manga feito no Estado. A súa traxectoria, avalada por múltiples premios no Manga Barcelona, converte esta cita nunha oportunidade única para coñecer de primeira man o proceso de creación neste xénero.

Unha carpa de actividades viva e diversa

A carpa de actividades será o verdadeiro corazón da Feira do Libro de Ferrol, cunha programación continua e pensada para públicos de todas as idades, que combina propostas lúdicas, escénicas, literarias e divulgativas ao longo das catro xornadas.

O xoves 23 de abril, tras o acto inaugural e o pregón de Cristina Otero Correa, a programación continuará cun obradoiro de Pokémon para nenos e nenas, centrado en xogos de cartas, retos e dinámicas participativas.

Rock In Lugo 2026 Rock In Lugo 2026 Rock In Lugo 2026

O venres 24 de abril abrirase cunha proposta escénica familiar, coa representación de Alicia a cargo de Pedras de cartón, un espectáculo pensado para estimular a imaxinación. A continuación, desenvolverase unha conversa arredor da figura de Begoña Caamaño e a obra Begoña ou o pracer da amizade, de Beatriz Maceda, e pechará a xornada un encontro arredor da memoria —social, familiar e persoal— coa participación de Abril Camino, Olaia Sendón e María Nieto.

O sábado 25 de abril estará marcado pola diversidade de formatos e contidos. A xornada comezará cunha lectura-homenaxe a Otero Pedrayo, coa participación de representantes do Ateneo Ferrolán, do Concello de Ferrol e da Fundación Otero Pedrayo, acompañada de música tradicional galega. Pola tarde, o público poderá gozar do contacontos musical Oto o xigante comenubes, seguido do encontro arredor da creación de manga no panorama nacional con Fidel de Tovar e Dani Bermúdez, acompañados por Bruno Lorenzo Teijo.

Finalmente, o domingo 26 de abril ofrecerá unha programación especialmente centrada no público familiar e na divulgación literaria. A xornada incluirá a presentación musical do libro Xanelas ao mundo a cargo de Cristina Otero Correa xunto ao ilustrador e músico Sergio Sande; un obradoiro participativo arredor do porquiño de San Martiño; a representación teatral Contos de lobo de Ghazafelhos; e a presentación da tradución ao galego de Medea e Fedra de Séneca, nun diálogo entre o tradutor Fernando Domènech e a neuróloga e filóloga Carmen Lema.

Un conxunto de propostas que converten a carpa nun espazo dinámico, aberto e interxeracional, onde a literatura dialoga coa música, o teatro, o pensamento e a creación contemporánea.

ShareTweetSend
Publicación anterior

El Ministerio de Agricultura levanta las medidas de confinamiento de aves de corral en toda España

Siguiente

Pedro Blanco e Miguel Fernández anuncian en Lugo que o Goberno declarará O Vello Cárcere Lugar de Memoria Democrática

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

Barrio más rico de Vigo: Canido lidera con 51.503 euros
Economía

Este es el barrio más rico de Vigo: Canido lidera con 51.503 euros

Barrio de Novo Mesoiro na Coruña, cuxos veciños reclaman melloras no transporte público.
#Destacado

Bus urbano da Coruña: Novo Mesoiro reclama máis autobuses

Coche durante una inspección técnica de vehículos ITV.
#Destacado

¿Puedo circular con la ITV caducada si tengo cita previa?

El tiempo en Galicia esta semana: días de lluvia y treguas
#Destacado

El tiempo en Galicia esta semana: días de lluvia y treguas

Gin Toni’s actuarán en Rock in Lugo 2026
#Destacado

Gin Toni’s, el grupo gallego que hace cantar a varias generaciones estará en Rock In Lugo 2026

El Castillo de San Antón es uno de los edificios históricos más singulares de A Coruña.
#Destacado

El castillo de A Coruña que fue prisión durante siglos y en el que estuvieron encerrados personajes históricos

Siguiente
Pedro Blanco e Miguel Fernández anuncian en Lugo que o Goberno declarará O Vello Cárcere Lugar de Memoria Democrática

Pedro Blanco e Miguel Fernández anuncian en Lugo que o Goberno declarará O Vello Cárcere Lugar de Memoria Democrática

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Programación de Hoy

Martes 10/11/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder Express
    14:00 - 14:30
    Líder Express
    En directo
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    15:00 - 17:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Las Tardes de Radio Líder
    17:00 - 20:00
    Las Tardes de Radio Líder
  • Al Día
    20:00 - 21:00
    Al Día
    En directo
  • Fórmula Líder
    21:00 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Barrio más rico de Vigo: Canido lidera con 51.503 euros

Este es el barrio más rico de Vigo: Canido lidera con 51.503 euros

Barrio de Novo Mesoiro na Coruña, cuxos veciños reclaman melloras no transporte público.

Bus urbano da Coruña: Novo Mesoiro reclama máis autobuses

Coche durante una inspección técnica de vehículos ITV.

¿Puedo circular con la ITV caducada si tengo cita previa?

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.