• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Real Academia Galega elaborará o mapa sociolingüístico escolar de Quiroga

O Concello de Quiroga será o primeiro da provincia de Lugo en dotarse dunha ferramenta diagnóstica que sirva de base para o deseño de novas accións para a promoción do galego na infancia e a mocidade

David Por David
20/04/2026
en Cultura, Lugo
0
A Real Academia Galega elaborará o mapa sociolingüístico escolar de Quiroga
FacebookXWhatsApp

Quiroga será o primeiro municipio da provincia de Lugo e o sexto de Galicia en contar cun mapa sociolingüístico escolar municipal. O presidente da Real Academia Galega, o rexedor e o secretario xeral da Lingua asinaron este mediodía na Cidade da Cultura o acordo de colaboración entre as tres institucións para elaborar o diagnóstico detallado sobre a situación do galego entre o alumnado de infantil, primaria e secundaria dos dous centros educativos deste municipio da Ribeira Sacra.

 

Henrique Monteagudo, José Luis Rivera Castro e Valentín García rubricaron o documento nun acto no que tamén participou a académica María López-Sández, coordinadora do Seminario de Sociolingüística da RAG, o encargado da confección do mapa a partir da análise dos datos das enquisas que se lles facilitarán ao alumnado, as súas familias e o profesorado; o concelleiro de Dinamización Lingüística de Quiroga, Xosé Manuel Fernández; e a concelleira de Educación, María Teresa Pérez Grao.

 

O presidente da RAG agradece o esforzo do que é o segundo municipio con menos de 5.000 habitantes para se dotar dunha ferramenta que ten como obxectivo último servir de base para un deseño óptimo das accións de normalización do galego, e que achegará información relevante sobre a situación do idioma alén dos seus lindes municipais, como exemplo dun tipo de realidade sociolingüística que pode ser similar á doutros concellos da contorna. «Os bos resultados que deu a experiencia piloto do proxecto de investigación e acción Modo galego, actívao!, froito da colaboración do noso Seminario de Sociolingüística e do Concello de Ames, permitiunos pasar a traballar no seu espallamento por Galicia», contextualiza Henrique Monteagudo. «E para isto resulta fundamental contarmos coa colaboración das administracións locais, de municipios de distintos tamaños cos que estamos a asinar novos acordos», engade Henrique Monteagudo, quen tamén agradece o apoio económico da Secretaría Xeral da Lingua para permitir que esta iniciativa chegue aos municipios de menor tamaño.

 

O alcalde salienta igualmente a satisfacción que lle produce poñer en marcha coa RAG «unha iniciativa que promoverá o uso da nosa lingua en todo tipo de actividades da infancia e a mocidade». «Estamos nunha situación do uso do galego decrecente, así que é prioritario coidar a transmisión do idioma nestes sectores da poboación estratéxicos», advirte José Luis Rivera, á fronte dun municipio que suma uns 300 estudantes de infantil, primaria, ESO e bacharelato nos seus dous centros educativos públicos: o CEIP e o IES de Quiroga. O rexedor confía en calquera caso en que co traballo conxunto de todas as partes implicadas a situación poida reverterse.

 

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, destacou en termos similares a importancia da «implicación dun concello como Quiroga na promoción da lingua galega» a través deste acordo. «É moi imporante, máis alá dos grandes estudos e estatísticas, coñecer de preto as tendencias de uso do galego en todo tipo de contornas, tamén nas rurais», apunta.

 

Un mapa sociolingüístico de Galicia máis amplo

A coordinadora do Seminario de Sociolingüística afonda na idea da necesidade de abranguer as distintas realidades do país. «Aplicar Modo Galego, actívao! en Quiroga supón unha expansión xeográfica de moito interese, saír do Eixe Atlántico, onde moitas veces tenden a concentrarse as cousas, e ir cara á Galicia máis oriental, e contarmos cun pequeno concello, un tipo de perfil no que desde a RAG tamén estamos a poñer o foco. Isto permítenos abrir o abano a contextos distintos sociolingüisticamente, e incrementar por tanto o campo da investigación. Vai permitirnos tanto que teñamos unha percepción moi axustada do que está a acontecer lingüisticamente no conxunto de Galicia, como que a acción e o impacto de Modo galego adquira unha dimensión galega ampla», reflexiona María López-Sández.

 

O concelleiro de Dinamización Lingüística de Quiroga e a concelleira de Educación insisten neste sentido no dobre interese que ten o municipio en colaborar coa RAG. «Modo galego, actívao! pareceume unha ferramenta moi útil e necesaria para Quiroga porque o noso concello, ao igual que outros moitos, están acusando unha importante baixada de galegofalantes, especialmente dos máis novos, entre os 5 e os 14 anos», detalla Xosé Manuel Fernández. A concelleira de Educación apunta neste sentido o valor dun programa que contribuirá a que o alumnado e as súas familias sexan máis conscientes de que «falar galego é a nosa esencia, unha razón de ser e un punto a favor para eles».

 

A Real Academia Galega publicou en 2021 o primeiro mapa sociolingüístico escolar de Galicia, froito da colaboración co Concello de Ames. O documento serviu de base para a posta en marcha por parte de ambas as institucións de Modo galego, actívao!, un completo proxecto de investigación-acción concibido como banco de probas de accións innovadoras de dinamización da lingua na infancia e na mocidade que sexan replicables noutros municipios. O Seminario de Sociolingüística está a desenvolver desde 2025 o mapa de Santiago de Compostela e no que vai de ano, a RAG asinou ademais outros acordos cos concellos de Pontevedra, Carballo e Rois, aos que se suma agora o de Quiroga.

ShareTweetSend
Publicación anterior

O BNG carga contra Inés Rey o diferiren na política cultural do concello

Siguiente

A oferta de Emprego Público da Administración xeral para 2026 ascende a máis de 1.200 prazas

David

David

Relacionado Entradas

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico reúne en Lugo a líderes políticos e expertos para impulsar a resiliencia dos municipios
#Destacado

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico reúne en Lugo a líderes políticos e expertos para impulsar a resiliencia dos municipios

A Biblioteca da Deputación da Coruña celebra o Día do Libro coa presentación de “Os libros durmidos”
#Destacado

A Biblioteca da Deputación da Coruña celebra o Día do Libro coa presentación de “Os libros durmidos”

El Festival Cañás Vibes vuelve el 2 de mayo con las sesiones de David Expósito y Eme DJ entre otros
#Destacado

El Festival Cañás Vibes vuelve el 2 de mayo con las sesiones de David Expósito y Eme DJ entre otros

O PSOE de Lugo acusa a Elena Candia de intentar asaltar a alcaldía pola porta de atrás
#Destacado

O PSOE de Lugo acusa a Elena Candia de intentar asaltar a alcaldía pola porta de atrás

O BNG carga contra Inés Rey o diferiren na política cultural do concello
#Destacado

O BNG carga contra Inés Rey o diferiren na política cultural do concello

A Deputación de Lugo inicia o arranxo da ponte que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa
#Destacado

A Deputación de Lugo inicia o arranxo da ponte que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa

Siguiente
A oferta de Emprego Público da Administración xeral para 2026 ascende a máis de 1.200 prazas

A oferta de Emprego Público da Administración xeral para 2026 ascende a máis de 1.200 prazas

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Líder express

Líder express

14:00 - 14:30
A continuación: Fórmula Líder 14:30

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Martes 21/04/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express Ahora
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Lage Tuñas tiene ya la lista para las elecciones Municipales

Lage Tuñas tiene ya la lista para las elecciones Municipales

El actual mandamás del ayuntamiento coruñés, Inés ostenta la Alcaldía pero el que corta el bacalao es el mega teniente...

Por Interés

Últimas

Galicia será la primera comunidad que regule los exámenes virtuales con sistemas biométricos

Galicia será la primera comunidad que regule los exámenes virtuales con sistemas biométricos

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico reúne en Lugo a líderes políticos e expertos para impulsar a resiliencia dos municipios

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico reúne en Lugo a líderes políticos e expertos para impulsar a resiliencia dos municipios

A Biblioteca da Deputación da Coruña celebra o Día do Libro coa presentación de “Os libros durmidos”

A Biblioteca da Deputación da Coruña celebra o Día do Libro coa presentación de “Os libros durmidos”

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.