• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Real Academia Galega elaborará o mapa sociolingüístico escolar de Quiroga

O Concello de Quiroga será o primeiro da provincia de Lugo en dotarse dunha ferramenta diagnóstica que sirva de base para o deseño de novas accións para a promoción do galego na infancia e a mocidade

David Expósito Por David Expósito
20/04/2026
en Cultura, Lugo
0
A Real Academia Galega elaborará o mapa sociolingüístico escolar de Quiroga
FacebookXWhatsApp

Quiroga será o primeiro municipio da provincia de Lugo e o sexto de Galicia en contar cun mapa sociolingüístico escolar municipal. O presidente da Real Academia Galega, o rexedor e o secretario xeral da Lingua asinaron este mediodía na Cidade da Cultura o acordo de colaboración entre as tres institucións para elaborar o diagnóstico detallado sobre a situación do galego entre o alumnado de infantil, primaria e secundaria dos dous centros educativos deste municipio da Ribeira Sacra.

 

Henrique Monteagudo, José Luis Rivera Castro e Valentín García rubricaron o documento nun acto no que tamén participou a académica María López-Sández, coordinadora do Seminario de Sociolingüística da RAG, o encargado da confección do mapa a partir da análise dos datos das enquisas que se lles facilitarán ao alumnado, as súas familias e o profesorado; o concelleiro de Dinamización Lingüística de Quiroga, Xosé Manuel Fernández; e a concelleira de Educación, María Teresa Pérez Grao.

 

O presidente da RAG agradece o esforzo do que é o segundo municipio con menos de 5.000 habitantes para se dotar dunha ferramenta que ten como obxectivo último servir de base para un deseño óptimo das accións de normalización do galego, e que achegará información relevante sobre a situación do idioma alén dos seus lindes municipais, como exemplo dun tipo de realidade sociolingüística que pode ser similar á doutros concellos da contorna. “Os bos resultados que deu a experiencia piloto do proxecto de investigación e acción Modo galego, actívao!, froito da colaboración do noso Seminario de Sociolingüística e do Concello de Ames, permitiunos pasar a traballar no seu espallamento por Galicia”, contextualiza Henrique Monteagudo. “E para isto resulta fundamental contarmos coa colaboración das administracións locais, de municipios de distintos tamaños cos que estamos a asinar novos acordos”, engade Henrique Monteagudo, quen tamén agradece o apoio económico da Secretaría Xeral da Lingua para permitir que esta iniciativa chegue aos municipios de menor tamaño.

 

O alcalde salienta igualmente a satisfacción que lle produce poñer en marcha coa RAG “unha iniciativa que promoverá o uso da nosa lingua en todo tipo de actividades da infancia e a mocidade”. “Estamos nunha situación do uso do galego decrecente, así que é prioritario coidar a transmisión do idioma nestes sectores da poboación estratéxicos”, advirte José Luis Rivera, á fronte dun municipio que suma uns 300 estudantes de infantil, primaria, ESO e bacharelato nos seus dous centros educativos públicos: o CEIP e o IES de Quiroga. O rexedor confía en calquera caso en que co traballo conxunto de todas as partes implicadas a situación poida reverterse.

 

Rock In Lugo 2026 Rock In Lugo 2026 Rock In Lugo 2026

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, destacou en termos similares a importancia da “implicación dun concello como Quiroga na promoción da lingua galega” a través deste acordo. “É moi imporante, máis alá dos grandes estudos e estatísticas, coñecer de preto as tendencias de uso do galego en todo tipo de contornas, tamén nas rurais”, apunta.

 

Un mapa sociolingüístico de Galicia máis amplo

A coordinadora do Seminario de Sociolingüística afonda na idea da necesidade de abranguer as distintas realidades do país. “Aplicar Modo Galego, actívao! en Quiroga supón unha expansión xeográfica de moito interese, saír do Eixe Atlántico, onde moitas veces tenden a concentrarse as cousas, e ir cara á Galicia máis oriental, e contarmos cun pequeno concello, un tipo de perfil no que desde a RAG tamén estamos a poñer o foco. Isto permítenos abrir o abano a contextos distintos sociolingüisticamente, e incrementar por tanto o campo da investigación. Vai permitirnos tanto que teñamos unha percepción moi axustada do que está a acontecer lingüisticamente no conxunto de Galicia, como que a acción e o impacto de Modo galego adquira unha dimensión galega ampla”, reflexiona María López-Sández.

 

O concelleiro de Dinamización Lingüística de Quiroga e a concelleira de Educación insisten neste sentido no dobre interese que ten o municipio en colaborar coa RAG. “Modo galego, actívao! pareceume unha ferramenta moi útil e necesaria para Quiroga porque o noso concello, ao igual que outros moitos, están acusando unha importante baixada de galegofalantes, especialmente dos máis novos, entre os 5 e os 14 anos”, detalla Xosé Manuel Fernández. A concelleira de Educación apunta neste sentido o valor dun programa que contribuirá a que o alumnado e as súas familias sexan máis conscientes de que “falar galego é a nosa esencia, unha razón de ser e un punto a favor para eles”.

 

A Real Academia Galega publicou en 2021 o primeiro mapa sociolingüístico escolar de Galicia, froito da colaboración co Concello de Ames. O documento serviu de base para a posta en marcha por parte de ambas as institucións de Modo galego, actívao!, un completo proxecto de investigación-acción concibido como banco de probas de accións innovadoras de dinamización da lingua na infancia e na mocidade que sexan replicables noutros municipios. O Seminario de Sociolingüística está a desenvolver desde 2025 o mapa de Santiago de Compostela e no que vai de ano, a RAG asinou ademais outros acordos cos concellos de Pontevedra, Carballo e Rois, aos que se suma agora o de Quiroga.

ShareTweetSend
Publicación anterior

O BNG carga contra Inés Rey o diferiren na política cultural do concello

Siguiente

A oferta de Emprego Público da Administración xeral para 2026 ascende a máis de 1.200 prazas

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

O Banco de Instrumentos de Lugo permite ao alumnado da Escola Municipal de Música solicitar material en préstamo para o curso 2026-2027.
#Destacado

Queres aprender música en Lugo? Xa podes pedir un instrumento prestado ata o 4 de decembro

El cantante Raphael durante una de sus actuaciones de la gira 'Raphaelísimo', tras recibir el alta hospitalaria en A Coruña.
#Destacado

Última hora del estado de salud de Raphael: recibe el alta hospitalaria en A Coruña y regresa a Madrid

La autovía A-74 es una de las infraestructuras pendientes que reclama A Mariña para mejorar sus comunicaciones.
#Destacado

La A-74 sigue pendiente en A Mariña y el PP denuncia ocho años de retraso

Adrián Vázquez durante su encuentro con representantes del sector ganadero en Friol (Lugo), donde defendió la simplificación de la PAC y la reducción de la burocracia en las explotaciones.
#Destacado

Adrián Vázquez defiende en Friol una PAC con menos burocracia y pide el voto para Feijóo el 29N

Xosé Luís Méndez Ferrín, escritor e expresidente da Real Academia Galega.
#Destacado

Galicia despide a Xosé Luís Méndez Ferrín, unha das figuras fundamentais da súa literatura

O Concello de Guitiriz impulsa unha campaña de sensibilización baixo o lema «Non a normalices. Que a única cifra sexa 0»
#Destacado

25N en Guitiriz cunha campaña contra a violencia machista nas redes sociais

Siguiente
A oferta de Emprego Público da Administración xeral para 2026 ascende a máis de 1.200 prazas

A oferta de Emprego Público da Administración xeral para 2026 ascende a máis de 1.200 prazas

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Programación de Hoy

Martes 24/11/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder Express
    14:00 - 14:30
    Líder Express
    En directo
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    15:00 - 17:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Las Tardes de Radio Líder
    17:00 - 20:00
    Las Tardes de Radio Líder
  • Al Día
    20:00 - 21:00
    Al Día
    En directo
  • Fórmula Líder
    21:00 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Las estafas en compras online aumentan los riesgos para los consumidores durante el Black Friday y la campaña de Navidad.

Más de 18.000 anuncios fraudulentos y cinco estafas que amenazan tus compras en Black Friday

Francisco Conde, candidato del PP al Congreso por Lugo, durante su intervención en la entrevista del día de Matinal Líder.

Francisco Conde denuncia en Radio Líder el abandono de Lugo y reclama las autovías pendientes

O Banco de Instrumentos de Lugo permite ao alumnado da Escola Municipal de Música solicitar material en préstamo para o curso 2026-2027.

Queres aprender música en Lugo? Xa podes pedir un instrumento prestado ata o 4 de decembro

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.