De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a actuación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros e do Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía, así como dos axentes da Policía Nacional.
Os Bombeiros colaboraron co Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía para rescatala, tralo que foi evacuada consciente polos servizos sanitarios.
Operario ferido tras caerlle unha árbore enriba en Cervo
Ocorreu pasadas as 15:30 horas.
Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria.
Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela.
Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.













