A chegada dos tobogáns xigantes é xa un clásico no verán de
Cedeira. O Concello volve un ano máis, desde mañá ata o venres, a instalar estes elementos
inchables na praza da Revolta para que pequenos e maiores poidan esvarar e divertirse con esta
atracción de xeito gratuíto.
O vindeiro domingo, 2 de agosto, estarán na praia de Area Longa.
Os tobogáns xigantes estarán atendidos por monitores e as persoas que o desexen poderán
inscribirse gratuítamente ao pé dos mesmos para seguir a quenda e lanzarse por eles. Funcionarán
mañá martes pola tarde, de 16.30 a 20.00h, e de mércores a venres en horario de mañá e de tarde,
de 11.30 a 14.00h e de 16.30 a 20.00h. Ao igual que en anos anteriores, haberá tres tobogáns de
diferentes tamaños para que poidan escorregar por eles tanto persoas adultas como nenos e
nenas.
O domingo, segunda xornada da Festa do Percebe, haberá atraccións na praia de Area Longa.
Alí funcionarán inchables terrestres e acuáticos, e pequenos e maiores poderán apuntarse tamén
para empregar os kayaks que estarán a disposición do público. Neste caso, o horario será de tarde,
de 16.30 a 19.30h.
Por outro lado, este martes comeza o programa de Cine na Rúa que se organizou no marco dos
Orzamentos Participativos 2026. Ás 22.00h na praza Roxa proxectarase “El 47” e o ciclo continuará
o xoves, día 30 de xullo, co pase da película “The Wild Robot” no mesmo lugar. Os días 10 e 18 de
agosto están previstas outras dúas proxeccións do mesmo ciclo, das películas “Wolfgang” e “Lilo y
Stitch”













