Minutos antes das 16 horas, un particular alertou ao 112 Galicia de que unha persoa se accidentara mentres practicaba windsurf fronte a costa da Coruña. Esta foi recollida rapidamente por unha embarcación que se atopaba na zona e trasladada ao Real Clube Náutico, desde onde foi evacuada en ambulancia ao hospital.
Desde o 112 Galicia informouse para este operativo a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas de Galicia, Autoridade Portuaria da Coruña, aos axentes da Garda Civil, a Policía Nacional e Local, así como aos membros de Protección Civil da localidade.













