O sismo rexistrouse pouco despois das 22:30 horas, e varios particulares contactaron co 112 Galicia minutos antes das 23 horas para sinalar que o sentiran. Un deles, que chamou desde o municipio veciño de Cabana de Bergantiños, indicou que se deixara notar en diversas zonas da comarca.
Con todo, no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias non se rexistraron danos por este terremoto, que se une á serie de movementos sísmicos que se produciron durante a noite do venres ao sábado na provincia de Lugo.













