• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A RAG celebra este domingo en Santiago de Compostela o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas de Begoña Caamaño

David Por David
15/05/2026
en #Destacado, Cultura
0
Camariñas celebra o Día das Letras Galegas
FacebookXWhatsApp

A Real Academia Galega celebrará este domingo o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas que lle dedica a Begoña Caamaño (1964-2014) no Teatro Principal de Santiago (12:00 horas). O acto central do 17 de maio, de entrada libre ata completar a capacidade da sala, contará coas alocucións académicas sobre a figura e a obra da escritora e xornalista a cargo de Ana Romaní, Marilar Aleixandre e Víctor F. Freixanes. O presidente da institución, Henrique Monteagudo, pechará a sesión, á que lle porá a música Sofía Espiñeira. A celebración, organizada co apoio do Concello de Santiago de Compostela, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, poderá seguirse tamén en directo na web da RAG (academia.gal) e na súa canle de Youtube.

A gran festa da cultura galega naceu en 1963. A Real Academia Galega elixiu como homenaxeada para aquela primeira edición a Rosalía de Castro, a autora fundacional das letras galegas contemporáneas, cadrando co centenario da publicación de Follas novas. Un ano despois nacía en Vigo Begoña Caamaño, a protagonista deste 17 de maio. Como escritora, o seu debut foi tardío, aos 45 anos de idade, e a súa carreira viuse truncada polo seu prematuro falecemento por mor dun cancro cando acababa de facer os 50. Pero as dúas novelas que publicou, Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), merecen un lugar destacado nas letras galegas contemporáneas, tanto polo seu talle literario e lingüístico e a súa amenidade coma pola capacidade de reflexión sobre os grandes temas universais, dende o amor, a liberdade e a morte ata cuestións éticas, políticas e sociais.

Ambas as obras teñen en común a reescritura de mitos dende unha perspectiva feminista, a primeira partindo da Odisea e a segunda das lendas do ciclo artúrico. Sobre os temas que quixo abordar nelas e as súas fontes de inspiración reflexiona a propia autora en Begoña Caamaño presenta Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle, a edición conmemorativa da RAG coa que será agasallado o público que asista ao pleno extraordinario, que pode descargarse xa na sección de publicacións de academia.gal.

Pero as Letras Galegas non só celebran a Begoña Caamaño escritora. Tamén reivindican a súa coidada palabra como xornalista comprometida co rigor, a honestidade e a lingua galega, desde os seus inicios profesionais en Vigo, onde traballou en Radio Noroeste e Radio Popular de Vigo antes de pasar á delegación da Radio Galega. Caamaño incorporouse en 1992 á redacción central da emisora pública, un cambio que marcou o comezo da súa etapa como veciña de Santiago de Compostela. Neste novo tempo profesional destacan, alén da súa participación no Diario Cultural, as súas achegas como como directora, redactora e locutora dos programas Andando a Terra, Club Cultura e Expreso de Medianoite, dispoñibles na plataforma de Agalega.

 

Divulgación na Rede: do documental ao primeiro videopódcast da RAG

Tras o pleno do 17 de maio, a programación presencial das Letras Galegas 2026 continuará en outono en Vigo, que acollerá o simposio da RAG dedicado á autora. Pero alén dos actos, a Academia está a reforzar a divulgación na Rede cunha serie de contidos dispoñibles na sección que lle dedica en academia.gal e tamén na canle de Youtube, no caso dos audiovisuais. No documental Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul ofrece un retrato da autora tecido por amizades e especialistas na súa obra, en diálogo coas súas propias novelas, dramatizadas en cápsulas que contaron, entre outras colaboracións, coa da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

 

A serie de reels É o tempo de Begoña Caamaño e o primeiro videopódcast da RAG, Colchas de voces, no que se abordan asuntos que preocuparon e ocuparon a Begoña Caamaño escritora e xornalista, a activista e a amiga, son outras das propostas orientadas a conectar sobre todo coa mocidade e os formatos máis anovadores. As convidadas do primeiro episodio son as integrantes do dúo musical Fillas de Cassandra, que comparten con Begoña Caamaño a súa revisión feminista e creativa da mitoloxía clásica.

 

O público infantil é o destinatario de Primavera das Letras. Na web do proxecto pode descargarse o texto teatral, para ler e representar dentro e fóra das aulas, Uuu-uuu, BEGOÑA!, da escritora viguesa An Alfaya e ilustrado por Laura Romero. No mesmo espazo ofrécense outros contidos divulgativos, actividades interactivas ou fichas para colorear. Canto ao Portal das Palabras, tamén ofrece contidos sobre o noso léxico arredor do mundo de Begoña Caamaño.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Renfe celebra el ‘Día das Letras Galegas’ con la entrega de marcapáginas dedicados a Begoña Caamaño

Siguiente

El Colegio Oficial de Médicos de la Provincia de A Coruña celebrará elecciones el 18 de junio

David

David

Relacionado Entradas

-Concentración Santiago
#Destacado

VOX denuncia a la alcaldesa de Santiago y a la subdelegada del Gobierno tras el boicot en Santa Marta

la oreja de van gogh
#Destacado

La Oreja de Van Gogh, cabeza de cartel de Caudal Fest 2027 en Lugo

obras en urbanización en galicia
#Destacado

Miguel Caruncho advierte en Matinal Líder sobre el déficit de vivienda y la falta de suelo en Galicia

costa de galicia con temporal
#Destacado

Sucesos en Galicia hoy: apuñalamiento en Cangas, temporal de viento y accidentes graves

gallinas ponedoras en jaula
#Destacado

Macrogranjas en Galicia: cómo cambió el modelo ganadero en las últimas décadas

luces de nadal en ourense
#Destacado

Ourense gastará 748.543 euros en el alumbrado de Navidad 2026: estas son las novedades

Siguiente
El Colegio Oficial de Médicos de la Provincia de A Coruña celebrará elecciones el 18 de junio

El Colegio Oficial de Médicos de la Provincia de A Coruña celebrará elecciones el 18 de junio

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Programación de Hoy

Miércoles 30/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

-Concentración Santiago

VOX denuncia a la alcaldesa de Santiago y a la subdelegada del Gobierno tras el boicot en Santa Marta

la oreja de van gogh

La Oreja de Van Gogh, cabeza de cartel de Caudal Fest 2027 en Lugo

obras en urbanización en galicia

Miguel Caruncho advierte en Matinal Líder sobre el déficit de vivienda y la falta de suelo en Galicia

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.