• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación da Coruña investirá 325.635 euros nas obras de rehabilitación da Casa Cuartel de Betanzos

O investimento articularase a través dun convenio coa Secretaría de Estado de Seguridade, a través da Dirección Xeral da Garda Civil

David Expósito Por David Expósito
20/05/2026
en #Destacado, A Coruña, Política
0
A Deputación da Coruña investirá 325.635 euros nas obras de rehabilitación da Casa Cuartel de Betanzos
FacebookXWhatsApp

A Deputación da Coruña investirá 325.635,95 euros nas obras de rehabilitación da Casa Cuartel da Garda Civil de Betanzos, unha actuación que se desenvolverá a través dun convenio de colaboración entre a institución provincial e a Secretaría de Estado de Seguridade, a través da Dirección Xeral da Garda Civil.

conservas de galicia conservas de galicia conservas de galicia

O convenio ten por obxecto financiar as obras de rehabilitación do acuartelamento brigantino, que presenta problemas de humidades e filtracións de auga en varias dependencias, derivados principalmente do mal estado da cuberta e de diferentes patoloxías construtivas no edificio.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que esta actuación “permitirá acometer unhas obras moi necesarias nun edificio que presta un servizo público esencial para Betanzos e para a súa comarca”. Formoso sinalou que “a Garda Civil debe contar con instalacións dignas, modernas e adecuadas, tanto para mellorar a atención á cidadanía como para garantir unhas mellores condicións de traballo aos profesionais que desenvolven nelas a súa labor diaria”.

As obras incluirán a substitución completa da cuberta, a reparación das humidades no interior das vivendas, a impermeabilización dos patios interiores e a substitución do peche perimetral da parcela. Tamén se acometerán reparacións en paramentos, falsos teitos, pavimentos, rodapés, carpinterías e instalacións afectadas polas filtracións ou pola humidade.

A cuberta actual presenta un deficiente estado de conservación e é unha das principais causas da entrada de auga nas vivendas situadas na última planta. A intervención prevé a retirada da cuberta existente, incluíndo os elementos de fibrocemento con amianto mediante unha empresa homologada, e a instalación dunha nova cuberta con materiais libres de amianto, novas tellas, canalóns, illamento térmico e unha liña de vida homologada.

As obras tamén resolverán problemas de condensación e capilaridade detectados nas vivendas. Nas zonas máis afectadas procederase á substitución de falsos teitos, á reparación de paramentos, á incorporación de illamento térmico, á renovación de pavimentos e á instalación de sistemas de protección contra a humidade nas vivendas da planta baixa.

A actuación inclúe ademais a impermeabilización dos patios interiores, coa retirada do pavimento actual, a formación de novas pendentes cara aos sumidoiros e a aplicación dunha nova impermeabilización. No exterior, substituirase o actual peche perimetral de celosía de formigón, que se atopa deteriorado, por un novo cerramento.

O investimento total ascende a 325.635,95 euros, que serán asumidos integramente pola Deputación.

Un cuartel que presta servizo a 13 concellos da comarca

Formoso incidiu en que “esta colaboración coa Dirección Xeral da Garda Civil permite dotar de mellores condicións a un cuartel que presta servizo non só á veciñanza de Betanzos, senón a boa parte da comarca”. O acuartelamento da Garda Civil de Betanzos dá cobertura a 13 concellos, nun ámbito territorial de 677,27 quilómetros cadrados e a unha poboación próxima ás 68.000 persoas.

O presidente provincial subliñou tamén a importancia da Garda Civil para manter a seguridade no rural e nos concellos de menor tamaño. “Nunha provincia como a da Coruña, con moitos núcleos de poboación dispersos, a presenza da Garda Civil é fundamental para garantir proximidade, prevención, resposta rápida e tranquilidade á veciñanza”.

O convenio establece que a Deputación será a encargada de contratar a execución das obras, unha vez obtidas as autorizacións e licenzas precisas, co obxectivo de coordinar os traballos, optimizar custos e reducir os prazos de execución. Pola súa banda, a Dirección Xeral da Garda Civil porá o inmoble a disposición da Deputación para a realización dos traballos e comprométese a manter o uso público das instalacións durante un prazo mínimo de dez anos.

ShareTweetSend
Publicación anterior

O Parlamento de Galicia insta ao Concello de Vigo a que desbloquee a construción da biblioteca pública do Estado

Siguiente

9Louro actuará no San Xoán de Carballo

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

Cómo saber si tienes que cambiar las ruedas del coche
#Destacado

El truco para saber si debes cambiar las ruedas del coche y que muchos conductores pasan por alto

¿Puedes pedir una farola sin estar empadronado?
#Destacado

¿Vives o tienes una casa en otro concello? Así puedes pedir que instalen una farola

O tempo en Galicia esta fin de semana: cando choverá e que temperaturas se esperan
#Destacado

O tempo en Galicia esta fin de semana: máis nubes o sábado e risco de chuvia o domingo

Galicia busca garantir o futuro das razas autóctonas
#Destacado

Galicia busca garantir o futuro das súas razas autóctonas con máis axudas aos criadores

Punta Langosteira y la apuesta de Galicia por la eólica marina.
#Destacado

Galicia busca liderar la eólica marina desde Punta Langosteira

Vox ha presentado una querella por el desarrollo de las protestas y los incidentes registrados en la plaza de María Pita.
#Destacado

Vox lleva a los tribunales al delegado del Gobierno por los disturbios de A Coruña

Siguiente
9Louro actuará no San Xoán de Carballo

9Louro actuará no San Xoán de Carballo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 08:00

Programación de Hoy

Domingo 25/10/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Cómo saber si tienes que cambiar las ruedas del coche

El truco para saber si debes cambiar las ruedas del coche y que muchos conductores pasan por alto

¿Puedes pedir una farola sin estar empadronado?

¿Vives o tienes una casa en otro concello? Así puedes pedir que instalen una farola

O tempo en Galicia esta fin de semana: cando choverá e que temperaturas se esperan

O tempo en Galicia esta fin de semana: máis nubes o sábado e risco de chuvia o domingo

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.