• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación da Coruña investirá 325.635 euros nas obras de rehabilitación da Casa Cuartel de Betanzos

O investimento articularase a través dun convenio coa Secretaría de Estado de Seguridade, a través da Dirección Xeral da Garda Civil

David Por David
20/05/2026
en #Destacado, A Coruña, Política
0
A Deputación da Coruña investirá 325.635 euros nas obras de rehabilitación da Casa Cuartel de Betanzos
FacebookXWhatsApp

A Deputación da Coruña investirá 325.635,95 euros nas obras de rehabilitación da Casa Cuartel da Garda Civil de Betanzos, unha actuación que se desenvolverá a través dun convenio de colaboración entre a institución provincial e a Secretaría de Estado de Seguridade, a través da Dirección Xeral da Garda Civil.

O convenio ten por obxecto financiar as obras de rehabilitación do acuartelamento brigantino, que presenta problemas de humidades e filtracións de auga en varias dependencias, derivados principalmente do mal estado da cuberta e de diferentes patoloxías construtivas no edificio.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que esta actuación «permitirá acometer unhas obras moi necesarias nun edificio que presta un servizo público esencial para Betanzos e para a súa comarca». Formoso sinalou que «a Garda Civil debe contar con instalacións dignas, modernas e adecuadas, tanto para mellorar a atención á cidadanía como para garantir unhas mellores condicións de traballo aos profesionais que desenvolven nelas a súa labor diaria».

As obras incluirán a substitución completa da cuberta, a reparación das humidades no interior das vivendas, a impermeabilización dos patios interiores e a substitución do peche perimetral da parcela. Tamén se acometerán reparacións en paramentos, falsos teitos, pavimentos, rodapés, carpinterías e instalacións afectadas polas filtracións ou pola humidade.

A cuberta actual presenta un deficiente estado de conservación e é unha das principais causas da entrada de auga nas vivendas situadas na última planta. A intervención prevé a retirada da cuberta existente, incluíndo os elementos de fibrocemento con amianto mediante unha empresa homologada, e a instalación dunha nova cuberta con materiais libres de amianto, novas tellas, canalóns, illamento térmico e unha liña de vida homologada.

As obras tamén resolverán problemas de condensación e capilaridade detectados nas vivendas. Nas zonas máis afectadas procederase á substitución de falsos teitos, á reparación de paramentos, á incorporación de illamento térmico, á renovación de pavimentos e á instalación de sistemas de protección contra a humidade nas vivendas da planta baixa.

A actuación inclúe ademais a impermeabilización dos patios interiores, coa retirada do pavimento actual, a formación de novas pendentes cara aos sumidoiros e a aplicación dunha nova impermeabilización. No exterior, substituirase o actual peche perimetral de celosía de formigón, que se atopa deteriorado, por un novo cerramento.

O investimento total ascende a 325.635,95 euros, que serán asumidos integramente pola Deputación.

Un cuartel que presta servizo a 13 concellos da comarca

Formoso incidiu en que «esta colaboración coa Dirección Xeral da Garda Civil permite dotar de mellores condicións a un cuartel que presta servizo non só á veciñanza de Betanzos, senón a boa parte da comarca». O acuartelamento da Garda Civil de Betanzos dá cobertura a 13 concellos, nun ámbito territorial de 677,27 quilómetros cadrados e a unha poboación próxima ás 68.000 persoas.

O presidente provincial subliñou tamén a importancia da Garda Civil para manter a seguridade no rural e nos concellos de menor tamaño. «Nunha provincia como a da Coruña, con moitos núcleos de poboación dispersos, a presenza da Garda Civil é fundamental para garantir proximidade, prevención, resposta rápida e tranquilidade á veciñanza».

O convenio establece que a Deputación será a encargada de contratar a execución das obras, unha vez obtidas as autorizacións e licenzas precisas, co obxectivo de coordinar os traballos, optimizar custos e reducir os prazos de execución. Pola súa banda, a Dirección Xeral da Garda Civil porá o inmoble a disposición da Deputación para a realización dos traballos e comprométese a manter o uso público das instalacións durante un prazo mínimo de dez anos.

ShareTweetSend
Publicación anterior

O Parlamento de Galicia insta ao Concello de Vigo a que desbloquee a construción da biblioteca pública do Estado

Siguiente

9Louro actuará no San Xoán de Carballo

David

David

Relacionado Entradas

Casi 29.000 plazas de termalismo para mayores en Galicia: fechas, precios y cómo reservar en 2026
#Destacado

Casi 29.000 plazas de termalismo para mayores en Galicia: fechas, precios y cómo reservar en 2026

O PP na FEGAMP alerta da «incertidume» e o «desprezo» do Goberno de Sánchez cos concellos galegos pola falta de Orzamentos
#Destacado

O PP na FEGAMP alerta da «incertidume» e o «desprezo» do Goberno de Sánchez cos concellos galegos pola falta de Orzamentos

O Orzamento de Vigo aumentará en 14,2 millóns no ano 2027, ata os 365 millóns de euros
#Destacado

O Orzamento de Vigo aumentará en 14,2 millóns no ano 2027, ata os 365 millóns de euros

A Corporación municipal secunda un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero
#Destacado

A Corporación municipal secunda un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero

Comezan as obras de humanización e mellora da mobilidade vertical na rúa Vasco Díaz Tanco, no barrio da Cuña
#Destacado

Comezan as obras de humanización e mellora da mobilidade vertical na rúa Vasco Díaz Tanco, no barrio da Cuña

O Caudal Fest comeza este ano no Concello de Lugo
#Destacado

O Caudal Fest comeza este ano no Concello de Lugo

Siguiente
9Louro actuará no San Xoán de Carballo

9Louro actuará no San Xoán de Carballo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Oh My Hits En directo

Oh My Hits

16:00 - 19:00
A continuación: Fórmula Líder 19:00

Programación de Hoy

Miércoles 16/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits Ahora
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.