• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O PPdeG urxe defender os intereses do litoral galego en Europa

Sinala que a reforma da normativa de Costas é unha "ameaza directa á viabilidade económica de moitas familias e empresas"

David Por David
03/06/2026
en #Destacado, Mar y Costa, Política
0
O PPdeG urxe defender os intereses do litoral galego en Europa
FacebookXWhatsApp

O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Gonzalo Trenor, incidiu, hoxe, na necesidade de intensificar a defensa dos intereses de Galicia en Europa, tal e como propón o Goberno galego, ante a pretendida reforma do Regulamento Xeral de Costas polo Goberno central.

 

Segundo indicou, a Comisión Europea non coñece o verdadeiro alcance dos cambios que o Executivo central nin a realidade única do litoral galego porque, segundo denuncia o parlamentario popular, o Goberno de Sánchez nunca defendeu as particularidades da nosa costa. Neste sentido, afeou este novo «boicot» do Goberno central á nosa Comunidade e lamentou que os partidos da oposición galega «o acatan submisamente».

 

Considerou «inaceptable» a intención da Administración central de introducir modificacións regulamentarias de gran calado no réxime de Costas sen unha revisión previa da lei que a sustenta e, sobre todo, sen a participación real e efectiva das Comunidades autónomas. «Esta forma de proceder non só vulnera os principios básicos do noso ordenamento xurídico, como a xerarquía normativa e a reserva de lei en materia de dominio público, senón que supón unha evidente quebra da lealdade institucional», dixo. «Non se pode reformar pola vía regulamentaria –continuou- aspectos esenciais como a duración, a prórroga ou a extinción das concesións, sen diálogo, sen consenso e sen respectar as competencias das comunidades autónomas que, como Galicia, teñen atribuída a xestión do seu litoral».

 

A DEFENSA DO AUTOGOBERNO DE GALICIA

Así, apuntou que a proposición non de lei nace da necesidade de «defender con determinación» o autogoberno de Galicia, a seguridade xurídica do seu tecido produtivo e o debido respecto ás Comunidades: «Galicia non pode aceptar decisións impostas desde despachos afastados da realidade costeira, que ignoran as particularidades do noso modelo produtivo e poñen en risco a continuidade de actividades fundamentais».

 

Na mesma liña, esixiu unha revisión «ordenada, transparente e consensuada» da lei estatal de costas e da súa normativa de desenvolvemento. E reclamou a convocatoria inmediata dunha conferencia sectorial específica que permita abrir «un verdadeiro proceso de diálogo e negociación». «Porque –engadiu- sen lealdade institucional, sen diálogo e sen consenso, non hai boa gobernanza nin futuro garantido para o noso litoral».

 

Tal e como defendeu Gonzalo Trenor, o litoral galego é «un eixo vertebrador da economía e do modo de vida de Galicia» que sustenta miles de empregos vinculados á pesca, ao marisqueo, á acuicultura, á industria transformadora. De aí a  necesidade de estabilidade xurídica e «un uso ordenado» do dominio público marítimo-terrestre, dado que se trata dun sector que supón case o 5% do PIB de Galicia e do cal dependen 40.000 postos de traballo. Esta reforma é, pois, unha «ameaza directa á viabilidade económica de moitas familias e empresas».

ShareTweetSend
Publicación anterior

Luz Casal abrirá as Festas de María Pita o 1 de agosto na Coruña

Siguiente

Galicia recibirá 10.909 millones de euros, un 6,6% más que en 2025

David

David

Relacionado Entradas

1 de cada 2 españoles afirma que el coche es el mayor gasto de su economía familiar
#Destacado

1 de cada 2 españoles afirma que el coche es el mayor gasto de su economía familiar

O PPdeG reclama una reforma urgente del Reglamento de Aguas Profundas para excluir al palangre de la prohibición de pesca de fondo
#Destacado

O PPdeG reclama una reforma urgente del Reglamento de Aguas Profundas para excluir al palangre de la prohibición de pesca de fondo

Rueda destaca que el nuevo curso escolar comienza con récord de docentes
#Destacado

Rueda destaca que el nuevo curso escolar comienza con récord de docentes

Lugo avanza na reordenación do tráfico e da mobilidade no entorno de Ramón Ferreiro
#Destacado

Lugo avanza na reordenación do tráfico e da mobilidade no entorno de Ramón Ferreiro

Vigo retoma o 14 de setembro os talleres do programa “Vigo, cidade amiga das persoas maiores”
#Destacado

Vigo retoma o 14 de setembro os talleres do programa “Vigo, cidade amiga das persoas maiores”

A Deputación da Coruña publica “Quen conduce o Estado”
#Destacado

A Deputación da Coruña publica “Quen conduce o Estado”

Siguiente
La Banca Privada de BBVA en España crece un 20% en patrimonio y un 17% en clientes en 2025

Galicia recibirá 10.909 millones de euros, un 6,6% más que en 2025

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

20:30 - 23:59
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Programación de Hoy

Jueves 10/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder Ahora

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.