• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A embaixadora de Ucraína recoñece o apoio humanitario da Deputación da Coruña ao pobo ucraíno

Yulia Sokolovska agradeceu a Valentín González Formoso a solidariedade sostida da institución provincial e da sociedade coruñesa desde o inicio da invasión rusa

David Por David
17/06/2026
en #Destacado, A Coruña
0
A embaixadora de Ucraína recoñece o apoio humanitario da Deputación da Coruña ao pobo ucraíno
FacebookXWhatsApp

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu hoxe no Salón de Plenos da institución provincial á embaixadora de Ucraína en España, Yulia Sokolovska, e á presidenta de AGA-Ucraína, María Pavlenko, que fixeron entrega á Deputación dun recoñecemento polo apoio humanitario prestado ao pobo ucraíno desde o inicio da guerra.

No acto participou tamén o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, xunto a representantes da comunidade ucraína en Galicia, membros da Corporación provincial e entidades que colaboraron nas distintas iniciativas solidarias impulsadas ao longo destes máis de catro anos.

A embaixadora agradeceu o apoio sostido da Deputación da Coruña e da sociedade coruñesa ao pobo ucraíno, tanto nos primeiros momentos da invasión rusa como durante estes anos de guerra. Sokolovska destacou «a empatía e simpatía que os ucraínos sentimos en Galicia e en España» e puxo en valor a importancia da axuda humanitaria recibida desde a provincia da Coruña.

En particular, a representante diplomática ucraína agradeceu os equipos médicos de emerxencia enviados pola Deputación, que, segundo subliñou, «salvan vidas ucraínas», así como a colaboración institucional e social que permitiu canalizar axuda material, sanitaria e humanitaria cara ás persoas afectadas pola guerra.

Formoso agradeceu o recoñecemento «en nome de toda a provincia da Coruña» e afirmou que a distinción pertence tamén á comunidade ucraína en Galicia, a AGA-Ucraína, á Cruz Vermella, ás empresas galegas que colaboraron no envío de ambulancias, ao persoal técnico que acompañou ás persoas refuxiadas na residencia do IES Rosalía Mera «e a tanta xente anónima que, sen facer ruído, decidiu axudar».

O presidente provincial lembrou que, desde o inicio da invasión rusa en febreiro de 2022, a Deputación «tivo clara unha cousa: non podiamos mirar cara a outro lado». «Ucraína leva máis de catro anos defendendo a súa liberdade, a súa soberanía, a súa democracia e o dereito de calquera pobo a vivir en paz», afirmou.

Formoso salientou que «o noso apoio non vai cesar mentres siga a ameaza rusa, que non é unha ameaza só para Ucraína, senón para a nosa liberdade, para os principios e valores que dan sentido a Europa».

Colaboración da Deputación

Ao longo destes anos, a Deputación impulsou distintas medidas de apoio ao pobo ucraíno. Unha das primeiras foi a acollida temporal de persoas refuxiadas de guerra na residencia do IES Rosalía Mera, titularidade da institución provincial, que nos primeiros meses do conflito se converteu nun espazo de emerxencia para mulleres, nenos e familias que tiveron que fuxir do seu país.

Nese centro ofrecéronse aloxamento, manutención, atención sanitaria, apoio psicolóxico, axuda coa documentación, aprendizaxe do idioma e acompañamento nun momento especialmente difícil.

A institución provincial tamén colaborou co envío de ambulancias galegas a Ucraína, vehículos destinados a reforzar a atención sanitaria, o traslado de feridos e a protección da poboación civil.

Máis recentemente, en colaboración con AGA-Ucraína, a Deputación impulsou tamén a dotación de equipamento médico para o Hospital Rexional de Sangue de Odesa, unha actuación que, segundo destacou a embaixadora, está a contribuír directamente a salvar vidas en Ucraína.

Formoso agradeceu expresamente o traballo de AGA-Ucraína e da súa presidenta, María Pavlenko, pola súa capacidade para tender pontes entre Galicia e Ucraína e para transformar a solidariedade en axuda concreta.

O presidente provincial advertiu tamén do risco de que a prolongación da guerra faga diminuír a atención pública sobre Ucraína e trasladou unha mensaxe de apoio en nome da provincia da Coruña: «Ucraína sabe que pode contar co apoio da Deputación da Coruña e con Galicia», afirmou.

ShareTweetSend
Publicación anterior

O XXV aniversario do Arde Lucus protagonizará o cupón da ONCE do próximo 21 de xuño

Siguiente

Llega a A Coruña el primer campeonato para elegir el “Mejor kebab de España”

David

David

Relacionado Entradas

Festa do Albariño 2026 en Cambados: conciertos, horarios, dónde aparcar y guía completa
#Destacado

Festa do Albariño 2026 en Cambados: conciertos, horarios, dónde aparcar y guía completa

Fiestas de María Pita 2026: guía para evitar los cortes de tráfico y dónde aparcar sin perder tiempo en A Coruña
#Destacado

Comienzan las Fiestas de María Pita 2026 en A Coruña: programa, conciertos, horarios y todo lo que no te puedes perder

Un operario foi evacuado en helicóptero tras caer cando traballaba a gran altura en Padrón
#Destacado

Rescatada en helicóptero unha muller tras sufrir unha caída no Monte Pindo, Carnota

Fiestas de Ferrol 2026: programa completo, conciertos, fechas y cartel oficial de las fiestas
#Destacado

Fiestas de Ferrol 2026: programa completo, conciertos, fechas y cartel oficial de las fiestas

Trofeo Teresa Herrera 2026: entradas, precios, fecha, horario y todo lo que debes saber para ver el Deportivo – Real Madrid en Riazor
#Destacado

Trofeo Teresa Herrera 2026: entradas, precios, fecha, horario y todo lo que debes saber para ver el Deportivo – Real Madrid en Riazor

El pueblo más bonito de Galicia según National Geographic
#Destacado

El pueblo más bonito de Galicia según National Geographic

Siguiente
Llega a A Coruña el primer campeonato para elegir  el “Mejor kebab de España”

Llega a A Coruña el primer campeonato para elegir el “Mejor kebab de España”

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 08:00

Opinión

Rueda anuncia que la Xunta aumenta hasta las 11.932 plazas la oferta para campamentos y actividades de verano
#Destacado

Los políticos gallegos mejor valorados en 2026: Alfonso Rueda y Ana Pontón lideran la opinión de los ciudadanos

La política gallega mantiene un panorama estable en cuanto a la valoración de sus principales dirigentes. Los diferentes sondeos publicados...

Leer másDetails
Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Domingo 02/08/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Festa do Albariño 2026 en Cambados: conciertos, horarios, dónde aparcar y guía completa

Festa do Albariño 2026 en Cambados: conciertos, horarios, dónde aparcar y guía completa

Fiestas de María Pita 2026: guía para evitar los cortes de tráfico y dónde aparcar sin perder tiempo en A Coruña

Comienzan las Fiestas de María Pita 2026 en A Coruña: programa, conciertos, horarios y todo lo que no te puedes perder

Un operario foi evacuado en helicóptero tras caer cando traballaba a gran altura en Padrón

Rescatada en helicóptero unha muller tras sufrir unha caída no Monte Pindo, Carnota

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.