• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O Plan Anual de Publicacións da Deputación participa na Feira do Libro de Ourense

O presidente provincial, Luis Menor, presentou hoxe, no marco da Feira do Libro, as obras editadas ao abeiro do Plan Anual de Publicacións 2025 para o cal a institución destina un orzamento de 100.000 euros

David Expósito Por David Expósito
19/06/2026
en #Destacado, Ourense
0
O Plan Anual de Publicacións da Deputación participa na Feira do Libro de Ourense

PRESENTACIÓN LIBROS EDITADOS PLAN DE PUBLICACIÓNS 2025 O presidente provincial, Luis Menor, preside o acto de presentación dos libros publicados dentro do Plan de Publicacións 2025. Tamen participan Ana Malingre (Responsable de Publicacións da Deputación Ourense), César Fernández Gil (Vicepresidente da Deputación Ourense) e Marcos Vázquez Guzmán (Director de Cultura e Deportes da Deputación Ourense). Na Caseta da Deputación da Feira do Libro.

FacebookXWhatsApp

Todo o catálogo editorial da Deputación atópase accesible fisicamente na biblioteca, de xeito dixital na súa páxina web (https://publicacions.depourense.es/ ) e por medio das nosas distribuidoras (Galaxia para Galicia e Alcantarilla para o resto de España) e fisicamente en calquera libraría de Galicia

conservas de galicia conservas de galicia conservas de galicia

A Deputación de Ourense participa na Feira do Libro de Ourense para poñer en valor o traballo que realiza a través do Negociado de Publicacións consolidándose como “editorial científica e cultural” que blinda a memoria colectiva da provincia.

O presidente da Deputación de Ourense presentou hoxe, xunto á xefa do Negociado de Publicacións da Deputacións, Ana María Malingre, as obras editadas ao abeiro do Plan Anual de Publicacións 2025, cun investimento de 100.000 € , destacando o papel fundamental da institución provincial á hora de facer posible que obras de gran relevancia e interese para Ourense vexan a luz.

Durante a súa intervención, o presidente reivindicou que a Deputación aposta pola “cultura con maiúsculas” achegando “ferramentas vivas, fontes de coñecemento das que van a beber profesionais do turismo, da educación, da historia e da xestión cultural”.

Un servizo cunha evolución histórica e rigorosa

O presidente lembrou a evolución deste servizo dende os seus inicios en 1969 —coa primeira obra sobre a ponte romana asinada por Manuel Chamoso Lamas—, pasando polo Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijóo nos anos 70 e 80 (con figuras como Ramón Otero Pedrayo), ata a xestión de José Platero entre mediados dos 80 e 2005.

Este negociado experimentou un salto cara á modernización no ano 2013 coa aprobación dunha ordenanza pioneira que outorgou o peso da selección das obras a un Consello Asesor no que participan institucións como a Universidade de Vigo, o Consello da Cultura Galega, a UNED ou a Real Academia Galega.

Plan de Publicacións 2025

O Plan de Publicacións correspondente ao 2025, ao que a Deputación destina un orzamento de 100.000 euros, garante que se manteñan cabeceiras como a revista Raigame ou o Anuario da Gaita, así como as publicacións do premio Pura e Dora Vázquez.

Tamén hai espazo para monografías e reedicións como a segunda edición de Chandrexa de Queixa. Patrimonio Natural de Luis José Rodríguez Rodríguez; a monografía de Mercedes Gallego Esperanza titulada Ramón Conde. Entre las emociones y la razón; e Paseniño pola Vía da Prata, de Manuel Garrido Rivero e María Eugenia Muñoz Fernández.

No eido da investigación local e histórica están incluídos proxectos como A obra da Ponte Maior no século XV de Anselmo López Carreira; o traballo A Virxe do Cristal. Lenda, roubo, asasinato, coordinado por Xosé Manuel del Caño González; e un estudo de Fernando Román Alonso titulado A praza Maior de Auriabella.

O catálogo inclúe a análise de Carlos Lozano González sobre a figura de Carlos Taboada Tundidor e a CEDA na Segunda República; a achega á medicina de David Simón Lorda e Ana Rúa con Rabia, sanidad y sociedad. Ourense 1885-1936; e Curros e Junqueiro: a liberdade e o espírito, de Henrique Manuel Pereira e Lourdes Maceiras.

Avances para o Plan de 2026

O presidente manifestou o firme compromiso coa investigación local anunciando que o Plan de Publicacións de 2026 xa está en marcha con outros 100.000 euros de orzamento, reafirmando o compromiso de “seguir editando o futuro de Ourense”.

Todo o catálogo editorial da Deputación atópase accesible fisicamente na biblioteca, de xeito dixital na súa páxina web (https://publicacions.depourense.es/ ) e por medio das nosas distribuidoras (Galaxia para Galicia e Alcantarilla para o resto de España) e fisicamente en calquera libraría de Galicia.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Miguel Ríos sofre un accidente doméstico e non poderá actuar nas Festas de Ourense 2026

Siguiente

El precio de la vivienda cae casi un 9% después de sufrir su mayor pico en febrero

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

O tempo en Galicia esta fin de semana: cando choverá e que temperaturas se esperan
#Destacado

O tempo en Galicia esta fin de semana: máis nubes o sábado e risco de chuvia o domingo

Galicia busca garantir o futuro das razas autóctonas
#Destacado

Galicia busca garantir o futuro das súas razas autóctonas con máis axudas aos criadores

Punta Langosteira y la apuesta de Galicia por la eólica marina.
#Destacado

Galicia busca liderar la eólica marina desde Punta Langosteira

Vox ha presentado una querella por el desarrollo de las protestas y los incidentes registrados en la plaza de María Pita.
#Destacado

Vox lleva a los tribunales al delegado del Gobierno por los disturbios de A Coruña

A Coruña prevé recibir máis de 7 millóns de euros estatais para impulsar medidas de acceso á vivenda.
#Destacado

A Coruña espera máis de 7 millóns para vivenda, pero os cartos pasan pola Xunta: comeza a batalla polos fondos

A Xunta reserva máis de 4 millóns de euros para actuacións viarias e empresariais en Palas de Rei nos Orzamentos de 2027.
#Destacado

Máis de 4 millóns para Palas de Rei: así cambiarán a estrada LU-231 e o polígono industrial

Siguiente
El 13% de las viviendas vendidas en el primer trimestre no estuvo ni una semana anunciada

El precio de la vivienda cae casi un 9% después de sufrir su mayor pico en febrero

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Buena compañía

Próximo programa: Superdanze 22:00

Programación de Hoy

Sábado 24/10/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 12:00
    Fórmula Líder
  • 12:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Fórmula Líder
    14:30 - 15:00
    Fórmula Líder
  • 22:00 - 23:59
    Superdanze
    En directo

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

O tempo en Galicia esta fin de semana: cando choverá e que temperaturas se esperan

O tempo en Galicia esta fin de semana: máis nubes o sábado e risco de chuvia o domingo

Galicia busca garantir o futuro das razas autóctonas

Galicia busca garantir o futuro das súas razas autóctonas con máis axudas aos criadores

Punta Langosteira y la apuesta de Galicia por la eólica marina.

Galicia busca liderar la eólica marina desde Punta Langosteira

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.