• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O Festival Atlántica entrega a Cornamusa de Honra 2026 á investigadora Camiño Noia

A distinción recoñece a súa contribución pioneira á investigación, conservación e proxección internacional do conto tradicional galego.

David Por David
06/07/2026
en Cultura
0
O Festival Atlántica entrega a Cornamusa de Honra 2026 á investigadora Camiño Noia
FacebookXWhatsApp

O Festival Internacional de Narración Oral Atlántica rende homenaxe, este sábado 4 de xullo, na Colexiata de Santa María a Real de Sar (Santiago de Compostela), á investigadora, filóloga e profesora Camiño Noia Campos, que recibiu a Cornamusa de Honra 2026, o máximo recoñecemento do festival, «pola súa extraordinaria contribución á investigación e dignificación da literatura oral galega e, moi especialmente, do conto tradicional».

 

A entrega tivo lugar antes da función «Phantasmas familiares, santos e aparecidos», protagonizada por Quico Cadaval, que pecha a programación de Atlántica na capital galega.

 

Camiño Noia é unha das grandes referencias no estudo da tradición oral en Galicia. Catedrática de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade de Vigo, dedicou boa parte da súa traxectoria investigadora á recompilación, análise e clasificación dos contos populares galegos, un patrimonio inmaterial que durante séculos se transmitiu de xeración en xeración a través da palabra.

 

«O seu traballo foi decisivo para situar o conto tradicional galego no contexto dos grandes estudos internacionais sobre literatura oral. Grazas ás súas investigacións, Galicia pasou a ocupar o lugar que lle corresponde dentro dos mapas comparativos do conto popular europeo e universal, demostrando a riqueza, diversidade e singularidade do noso patrimonio narrativo», sinala a directora do Festival Atlántica, Soledad Felloza.

 

Entre as súas obras máis relevantes destaca «Catálogo Tipolóxico do conto galego de Tradición Oral», unha publicación de referencia que reúne centos de relatos recollidos en diferentes comarcas do país e que constitúe unha das compilacións máis importantes realizadas sobre este xénero en Galicia. O volume non só recupera historias que estaban en risco de desaparecer, senón que tamén as contextualiza e clasifica seguindo os principais sistemas internacionais de catalogación dos contos folclóricos, converténdose nunha ferramenta imprescindible tanto para investigadores como para narradores e persoas interesadas na tradición oral.

 

Ao longo da súa carreira, Camiño Noia desenvolveu tamén unha intensa actividade investigadora ao redor da literatura medieval galego-portuguesa, a narrativa popular e a cultura oral, publicando numerosos estudos científicos e participando en proxectos de investigación de ámbito nacional e internacional.

 

Para o Festival Atlántica, esta Cornamusa de Honra «supón un recoñecemento a unha figura que contribuíu de maneira decisiva a que a narración oral galega sexa hoxe un patrimonio coñecido, estudado e valorado dentro e fóra das nosas fronteiras. O labor de Camiño Noia permitiu preservar centos de historias que forman parte da memoria colectiva do país e ofrecer ás novas xeracións de narradores e investigadores un corpus fundamental para seguir mantendo viva a tradición».

 

Coa concesión desta distinción, Atlántica reivindica «a importancia da investigación como ferramenta indispensable para conservar o patrimonio inmaterial e subliña a estreita relación entre o traballo académico e a narración oral viva, dous ámbitos que Camiño Noia soubo unir ao longo de toda a súa traxectoria».

 

A entrega da Cornamusa de Honra converterase así nun dos momentos máis emotivos da clausura desta edición do festival, recoñecendo a unha das persoas que máis contribuíu a que os contos galegos continúen vivos, estudados e contados.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Tellado pide a Sánchez que asuma la realidad y convoque elecciones

Siguiente

O PPdeG pide unha base permanente da UME en Ourense

David

David

Relacionado Entradas

Fiestas del Apóstol O Burgo 2026: programa completo, orquestas, conciertos, horarios, fechas y todo lo que debes saber
#Destacado

Fiestas del Apóstol O Burgo 2026: programa completo, orquestas, conciertos, horarios, fechas y todo lo que debes saber

A Deputación achega 356.131 euros á Asociación Casa do Mel para construír o novo centro apícola das Pontes
#Destacado

A Deputación achega 356.131 euros á Asociación Casa do Mel para construír o novo centro apícola das Pontes

Lugo estrea «Cine na Rúa»
#Destacado

Lugo estrea «Cine na Rúa»

Festival de Ortigueira 2026: todos los conciertos, horarios, artistas y la guía definitiva para no perderte nada
#Destacado

Festival de Ortigueira 2026: todos los conciertos, horarios, artistas y la guía definitiva para no perderte nada

O Concello de Vigo destina 460.000 euros ás festas da cidade
Cultura

O Concello de Vigo destina 460.000 euros ás festas da cidade

Vigo inaugura a Feira do Libro
Cultura

Vigo inaugura a Feira do Libro

Siguiente
O PPdeG pide unha base permanente da UME en Ourense

O PPdeG pide unha base permanente da UME en Ourense

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

20:30 - 23:59
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Opinión

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales
#Destacado

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Hubo un tiempo en el que el verano gallego se medía por el calendario de las fiestas patronales. Cada parroquia...

Leer másDetails
Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Lunes 06/07/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder Ahora

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Galicia tendrá una Ley de medidas integrales contra el acoso y la violencia digital

Galicia tendrá una Ley de medidas integrales contra el acoso y la violencia digital

Corte temporal da DP 8001 en Sobrado polas obras da nova ponte sobre o río Mandeo

Corte temporal da DP 8001 en Sobrado polas obras da nova ponte sobre o río Mandeo

Falece un home en Arzúa tras quedar atrapado entre un tractor e unha árbore

Unha persoa resulta ferida grave a causa dunha colisión de dous vehículos en Xermade

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.