Os Bombeiros de Santiago excarceraron unha persoa que colidiu co seu coche contra un camión aparcado no lugar de Castiñeira Grande, en Santiago.
Un particular explicou os feitos ao 112 Galicia, pasadas as 1 horas, e informouse de inmediato a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico e Bombeiros de Santiago.
Foron estes últimos os encargados de liberar a persoa ferida, que foi trasladada en ambulancia polos profesionais sanitarios.












