• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O X Foro Territorios Patrimonio reivindica o valor do futuro da Ribeira Sacra ás portas da decisión da UNESCO

O encontro celebrouse como a última gran cita de reflexión sobre o territorio antes de que o Comité do Patrimonio Mundial examine a candidatura da Ribeira Sacra, inicialmente prevista para o luns 27 de xullo

David Por David
23/07/2026
en Cultura, Lugo, Rural, Turismo
0
O X Foro Territorios Patrimonio reivindica o valor do futuro da Ribeira Sacra ás portas da decisión da UNESCO
FacebookXWhatsApp
O Foro Territorios Patrimonio celebrou hoxe a súa décima edición en Bodegas Regina Viarum, en Sober, nun momento decisivo para o futuro da Ribeira Sacra. O encontro converteuse na última gran cita pública de reflexión e diálogo sobre o territorio antes de que o Comité do Patrimonio Mundial da UNESCO examine a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade, unha decisión prevista inicialmente para o vindeiro luns 27 de xullo.
Neste contexto, o X Foro Territorios Patrimonio reuniu máis dunha quincena de voces expertas dos ámbitos institucional, empresarial, cultural, turístico, patrimonial e da comunicación para analizar os retos presentes e futuros dun territorio que afronta unha semana determinante para o seu recoñecemento internacional.
Baixo o título Patrimonio, territorio e futuro: unha conversa necesaria, a xornada defendeu a necesidade de entender os territorios rurais como espazos vivos, nos que a conservación do patrimonio e da paisaxe debe convivir coa actividade económica, a creación de oportunidades, a sustentabilidade e a implicación das comunidades locais.

Apertura institucional

A apertura institucional contou coas intervencións de Carlos Montilla, director do Foro Territorios Patrimonio; Luis Fernández, presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e alcalde de Sober; Anxo M. Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia; e Paz Rodríguez Rivera, directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).
Durante o acto destacouse o valor da cooperación entre administracións, empresas, entidades sociais e axentes locais para protexer a identidade da Ribeira Sacra e construír un modelo de futuro coherente coas características singulares do territorio. A proximidade da decisión da UNESCO estivo moi presente nunha apertura que puxo en valor o traballo colectivo desenvolvido arredor da candidatura coa reflexión de que pase o que pase coa candidatura, a Ribeira Sacra é patrimonio e un territorio de gran valor e futuro.

Sustentabilidade, comunicación e patrimonios rurais

A primeira mesa, Un territorio en equilibrio, un territorio sostible, analizou a convivencia entre patrimonio natural, paisaxe, infraestruturas, enerxía e actividade económica. Participaron Marisol Díaz Mouteira, directora xeral de Patrimonio Natural; Rosa Ana Suárez de la Puente, responsable da área de Operación Remota, Presas e Concesións Hidráulicas en Naturgy; Marina Serrano, presidenta de AELEC; e Iván Gómez, director do grupo Hogomar, coa moderación de Marcos Pérez Gulín, da Fundación Galicia Rural Sustentable.
A continuación, Como nos ven. Estratexias responsables de comunicación abordou a responsabilidade de construír relatos respectuosos coa identidade e coa realidade dos territorios. A conversa reuniu a María José Imia, responsable de comunicación do Xacobeo; Lara López, escritora e directora de programas en RNE Audio e Radio Clásica; Miguel Conde-Lobato, presidente fundador de BapConde; e Carlos Montilla, director do Foro. Moderou Sara Meijide, xefa de contidos de Radio Lugo Cadena SER.
O programa incluíu tamén a presentación de proxectos singulares vinculados á Ribeira Sacra, como exemplos de novas formas de conectar patrimonio, creatividade, emprendemento e desenvolvemento local.
A mesa Patrimonios Rurais reuniu diferentes perspectivas sobre a planificación territorial, a xestión do patrimonio, a cooperación e as oportunidades económicas e sociais vinculadas ao rural. Participaron María Paz Rodríguez Rivera, directora xeral de AGADER; Manuel Rodríguez, director da Fundación RIA; Marco Sousa, director do Departamento Operacional de Turismo do Porto e Norte de Portugal; e Luis Fernández, presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. A moderación correu a cargo de Alexandra Seara, xerente do Consorcio.

Unha tarde conectada co territorio

Pola tarde, o programa estenderase ao propio territorio cunha visita ao encoro de Belesar organizada en colaboración con Naturgy. Durante o percorrido, responsables da compañía achegarán aos participantes unha visión sobre o funcionamento das infraestruturas hidráulicas e a súa relación coa paisaxe, a produción enerxética e a contorna. O X Foro Territorios Patrimonio pecharase cunha visita á Adega Vía Romana, completando a xornada.
Organizado por i-radia Crea, o X Foro Territorios Patrimonio conta co patrocinio institucional da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e da Consellería de Cultura; co patrocinio de Naturgy; e coa colaboración de Labauh e Bodegas Regina Viarum.
ShareTweetSend
Publicación anterior

Baiona celebra as Festas da Anunciada 2026: programa, fuegos y dónde aparcar

Siguiente

Festival Castelo Conta ‘Outra volta á festa’ do 24 ao 30 de Agosto

David

David

Relacionado Entradas

Casi 29.000 plazas de termalismo para mayores en Galicia: fechas, precios y cómo reservar en 2026
#Destacado

Casi 29.000 plazas de termalismo para mayores en Galicia: fechas, precios y cómo reservar en 2026

O Caudal Fest comeza este ano no Concello de Lugo
#Destacado

O Caudal Fest comeza este ano no Concello de Lugo

Todos los conciertos gratuitos que podrás disfrutar en Galicia este otoño: fechas, lugares y artistas
#Destacado

Todos los conciertos gratuitos que podrás disfrutar en Galicia este otoño: fechas, lugares y artistas

Fiestas en Galicia este fin de semana: las citas que no te puedes perder del 18 al 20 de septiembre
#Destacado

Fiestas en Galicia este fin de semana: las citas que no te puedes perder del 18 al 20 de septiembre

Outono no Auditorio de Vimianzo: nove historias e nove miradas chegan á programación cultural
#Destacado

Outono no Auditorio de Vimianzo: nove historias e nove miradas chegan á programación cultural

Besteiro descorchaba el champán y Candia juraba en arameo
#Destacado

Lugo impulsa unha nova programación sociocultural con máis de cen propostas para todas as idades

Siguiente
Festival Castelo Conta ‘Outra volta á festa’ do 24 ao 30 de Agosto

Festival Castelo Conta 'Outra volta á festa' do 24 ao 30 de Agosto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Programación de Hoy

Jueves 17/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.