• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Festival Castelo Conta ‘Outra volta á festa’ do 24 ao 30 de Agosto

Unha semana de cultura, música, tradición oral, gastronomía, artes escénicas e encontro comunitario.

David Por David
23/07/2026
en #Destacado, A Coruña, Cultura, Rural, Turismo
0
Festival Castelo Conta ‘Outra volta á festa’ do 24 ao 30 de Agosto
FacebookXWhatsApp

Unha semana de actividades que volverá encher as aldeas de Castelo de música, tradición oral, gastronomía, artes escénicas e encontro comunitario. A programación foi presentada por Xosé A. Touriñán no Campo da Capela de San Ramón, acompañado por representantes das institucións e empresas colaboradoras.

  • Celebrarase do 24 ao 30 de agosto en distintos espazos da parroquia de Castelo (Culleredo).
  • O lema desta edición será ‘Outra volta á festa’, unha reivindicación dun modelo de celebración que pon no centro a cultura, a tradición, a convivencia, e a participación da veciñanza.
  • A programación inclúe actividades para todos os públicos, con máis de sesenta propostas entre concertos, gastronomía, artes escénicas, e unha nova edición da noite dos monólogos.

CASTELO (CULLEREDO), 16 DE XULLO DE 2026

O Castelo Conta celebrará do 24 ao 30 de agosto a súa décimo primeira edición, sete días nos que as aldeas da parroquia de Castelo volverán converterse nun espazo de encontro arredor da cultura, a memoria e a festa popular. Baixo o lema ‘Outra volta á festa’, o festival reivindica unha maneira propia de entender a celebración popular, un lugar no que música, memoria, gastronomía, humor, tradición e creación contemporánea conviven coa participación da veciñanza.

A programación foi presentada esta tarde no Campo da Capela de San Ramón, nun acto aberto ao público conducido polo director do festival, Xosé A. Touriñán, que estivo acompañado do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; o alcalde de Culleredo, José Ramón Riobóo; a deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividad González; a responsable de Gastronomía e Proximidade de Estrella Galicia, Cristina Canosa; e o director executivo de Deleite, Pedro González, representantes das entidades que continúan apoiando un proxecto convertido xa nunha referencia da programación cultural galega.

Durante a súa intervención, Touriñán destacou o papel central da veciñanza no desenvolvemento dun proxecto que naceu hai xa máis de dez anos e que continúa medrando desde a implicación de todas e todos. ‘O máis importante do Castelo Conta sodes vós’, sinalou, explicando que esta nova edición volve partir da mesma idea coa que naceu o proxecto: facer da cultura un punto de encontro entre xeracións e territorios.

Durante toda a presentación, púxose en valor este modelo de festival baseado na colaboración e na participación, que este ano contará con máis de 50 profesionais e 100 persoas voluntarias implicadas na organización; ademais do compromiso social, a raíz da colaboración con entidades como a Asociación de Persoas Xordas de Galicia, Ecos do Sur e a Asociación Parkinson Galicia.

Un festival que medra desde a comunidade

Os representantes das institucións e empresas colaboradoras destacaron durante a presentación o carácter singular dun proxecto que transcende a propia programación cultural.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou a importancia de apoiar iniciativas vinculadas ao territorio, á lingua e á creación de espazos interxeracionais, destacando o papel do Castelo Conta como exemplo de colaboración e defensa da cultura galega.

Pola súa banda, o alcalde de Culleredo, José Ramón Riobóo, puxo en valor que a parroquia de Castelo, a máis pequena do municipio, acolla ‘un dos eventos máis importantes’ do concello grazas á unión entre veciñanza, entidades e institucións.

Desde a Deputación da Coruña, Natividad González destacou a maneira na que o Castelo Conta integra cultura, territorio e comunidade, convertendo a parroquia nun espazo de encontro arredor das súas tradicións e propostas.

Tamén Cristina Canosa, responsable de Gastronomía e Proximidade de Estrella Galicia, sinalou que definir o Castelo Conta simplemente como un festival ‘queda curto’, pola súa ampla mirada, maneira de facer cultura, e a súa capacidade para unir a lingua, o medio ambiente, a memoria das persoas maiores e a defensa da cultura propia nun mesmo proxecto.

Pedro González, director executivo de Deleite, destacou igualmente a implicación veciñal e interxeracional dun proxecto que cualificou como ‘moito máis que un festival, moito máis que unha festa’.

Unha semana para vivir Castelo desde dentro

A programación volverá articularse arredor dos diferentes momentos do día. As mañás estarán protagonizadas por Xente Miúda, o espazo dedicado á cativada, que ofrecerá cinco xornadas de actividades nas que natureza, arte, música e teatro serán ferramentas para achegar as novas xeracións ao patrimonio da contorna mentres desfrutan e constrúen amizades. As crianzas poderán participar en todos os obradoiros do programa coa inscrición a través da web do festival.

Ao mediodía, a actividade trasladarase a Casa Rodríguez, a taberna de Castelo, que volverá converterse nun dos grandes puntos de encontro do festival cos seus míticos Vermús na Taberna. Ao longo da semana, catorce profesionais da gastronomía galega participarán elaborando petiscos en directo mentres diferentes formacións musicais acompañan cada sesión.

Nesta edición participarán catorce cociñeiros de entre os máis destacados de Galicia e da contorna, entre os que figuran Lucía Freitas, Bea Sotelo, Begoña Vázquez, Jorge Trigo, Nacho Moreira, Kike Piñeiro, Paula Martínez, Lolo Mosteiro, Chisco Jiménez, Pablo Morales, Moncho Méndez, David Vilariño e Patricia Navarrete.

A música correrá a cargo de Factoría de Subsistencia, Tapa d’Orella, Balteira, Unto Vello, Ulex, Skadelos, Quinkillada e Tanto Nos Ten. Como novidade, no vermú do mércores presentarase a iniciativa ‘As pegadas do baile’, impulsada por Artur Puga.

As tardes volverán estar reservadas aos Contos de Castelo, un dos espazos fundacionais do festival, nacido para situar no centro a oralidade, a memoria e as historias das persoas maiores da parroquia. Ao longo da semana desenvolveranse encontros arredor da figura de Finita Gay, a tradición oral e a regueifa, o baile tradicional, o proxecto ‘Mulleres que Contan’ e a recuperación de mitos e lendas vinculados á literatura galega. Cada unha destas sesións converterá unha das aldeas da parroquia nun espazo para compartir experiencias e coñecementos de xeración en xeración.

Ao caer a tarde, as diferentes aldeas de Castelo volverán transformarse en escenarios ao aire libre para acoller os Seráns do Castelo Conta. A programación musical arrancará cun concerto especial da Orquestra Bravú Xangai, arredor da figura de Finita Gay, e continuará cun cartel que reúne diferentes xeracións e linguaxes da escena musical galega: 9Louro, Kid Mount, Ailá, De Ninghures, Xoel López e Antía Muíño, ademais das sesións de DJ Kike Varela e DJ Mínimo e unha actuación especial do grupo de baile de Castelo.

Ademais, esta edición volverá contar coa Foliada do Castelo Conta, unha das citas máis participativas do festival que, tras a gran acollida do ano pasado, regresa como un espazo aberto no que música e baile volverán ocupar o centro da festa.

Outro dos momentos destacados na programación chegará o xoves, coa estrea do documental ‘Mulleres que Contan’, unha produción que recolle o traballo desenvolto durante os últimos meses por mulleres de diferentes territorios rurais arredor da memoria e dos coidados.

O sábado terá lugar unha das grandes citas do festival coa celebración da Noite do Castelo Conta, que volverá transcorrer entre a churrascada popular, o humor e a música.

A gala dos monólogos, guiada por Xosé A. Touriñán, contará coa participación de Carlos Blanco, David Perdomo, Lucía Veiga, Pepo Suevos, Oswaldo Digón, Marita Martínez, Patricia Castrellón e Gari Garrido, acompañados pola música de Galifunk Brass. A noite rematará co concerto de Gin Toni’s.

Como é tradición, o Castelo Conta despedirá a súa décimo primeira edición coa Romaría de San Ramón, unha xornada que mantén viva a festa popular da parroquia. O domingo incluirá as misas na capela, a alborada, os tradicionais postos de roscas, a sesión vermú, a polbada popular e a actuación da Orquestra La Ocaband, pechando unha semana na que Castelo volverá converterse nun punto de encontro para milleiros de persoas.

A antesala na Taberna

Como principal novidade desta edición, Casa Rodríguez, a Taberna do Castelo Conta, prolongará a súa actividade habitual. O espazo permanecerá aberto desde o 24 de xullo ata a fin do festival, funcionando como centro social da parroquia. Contará cunha programación propia que se dará a coñecer nas próximas semanas, ampliando así o impacto do Castelo Conta máis alá da semana do festival.

Como adianto da programación, o Castelo Conta organizará o 12 de agosto unha gran festa de visionado do eclipse coa colaboración de Máis Enerxía. A cita permitirá desfrutar dun dos mellores puntos da contorna para observar o fenómeno, cunha proposta que incluirá acceso coa pulseira ‘Todo Castelo Conta’, gafas para a súa observación e unha consumición.

Ao longo destes once anos, o Castelo Conta consolidouse como un proxecto comunitario nacido da implicación da veciñanza e construído desde o rural para reivindicar outra maneira de facer cultura e de celebrar. Un festival no que a memoria dialoga coa creación contemporánea, no que a tradición convive con novas linguaxes e no que cada edición continúa creando espazos para compartir, escoitar e vivir a cultura en comunidade.

As entradas xa están á venda en www.casteloconta.gal.

O Festival Castelo Conta é unha iniciativa da Asociación Cultural Castelo Conta e recibe o apoio do Concello de Culleredo, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e Xacobeo 2027, así como co patrocinio de Estrella Galicia, Deleite, Cafés Lúa, Méndez Rojo, Cartón Atlántica, Máis Enerxía, Clínica Pardiñas, Castelo Deporte e a Comunidade de Montes de Castelo.

 

ShareTweetSend
Publicación anterior

O X Foro Territorios Patrimonio reivindica o valor do futuro da Ribeira Sacra ás portas da decisión da UNESCO

Siguiente

El ‘Rasca 7 y Media’ de la ONCE deja en el Mercado de las Conchiñas los 10.000 euros de su premio mayor

David

David

Relacionado Entradas

Fiestas en Galicia este fin de semana: conciertos, verbenas y planes del 7 al 9 de agosto
#Destacado

Fiestas en Galicia este fin de semana: conciertos, verbenas y planes del 7 al 9 de agosto

Dous operarios foron trasladados logo de sufrir unha descarga eléctrica mentres traballaban en Sanxenxo
#Destacado

Dos personas fallecen al chocar con su vehículo contra una furgoneta de mantenimiento en la A-6 a su paso por Lugo

Las 12 playas gallegas con Bandera Azul menos masificadas para disfrutar este verano
#Destacado

Las 12 playas gallegas con Bandera Azul menos masificadas para disfrutar este verano

O Marisquiño 2026 en Vigo: programa completo, horarios, conciertos, deportes y todo lo que debes saber
#Destacado

O Marisquiño 2026 en Vigo: programa completo, horarios, conciertos, deportes y todo lo que debes saber

A Deputación da Coruña celebrará a eclipse solar total con catro concertos en espazos singulares da provincia
#Destacado

A Deputación da Coruña celebrará a eclipse solar total con catro concertos en espazos singulares da provincia

Cine Na Rúa nos entornos rurais de Lugo durante todo Agosto
#Destacado

Cine Na Rúa nos entornos rurais de Lugo durante todo Agosto

Siguiente
El ‘Rasca 7 y Media’ de la ONCE deja en el Mercado de las Conchiñas los 10.000 euros de su premio mayor

El 'Rasca 7 y Media' de la ONCE deja en el Mercado de las Conchiñas los 10.000 euros de su premio mayor

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Opinión

Rueda anuncia que la Xunta aumenta hasta las 11.932 plazas la oferta para campamentos y actividades de verano
#Destacado

Los políticos gallegos mejor valorados en 2026: Alfonso Rueda y Ana Pontón lideran la opinión de los ciudadanos

La política gallega mantiene un panorama estable en cuanto a la valoración de sus principales dirigentes. Los diferentes sondeos publicados...

Leer másDetails
Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Martes 11/08/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Fiestas en Galicia este fin de semana: conciertos, verbenas y planes del 7 al 9 de agosto

Fiestas en Galicia este fin de semana: conciertos, verbenas y planes del 7 al 9 de agosto

Dous operarios foron trasladados logo de sufrir unha descarga eléctrica mentres traballaban en Sanxenxo

Dos personas fallecen al chocar con su vehículo contra una furgoneta de mantenimiento en la A-6 a su paso por Lugo

Las 12 playas gallegas con Bandera Azul menos masificadas para disfrutar este verano

Las 12 playas gallegas con Bandera Azul menos masificadas para disfrutar este verano

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.