• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación apoiará con 250.000 euros o Festival Noroeste Estrella Galicia 2026

Valentín González Formoso e Gonzalo Castro asinaron hoxe o protocolo que senta as bases da colaboración para a 39ª edición, con máis de 40 artistas en sete escenarios da cidade

David Por David
31/07/2026
en #Destacado, A Coruña, Política
0
A Deputación apoiará con 250.000 euros o Festival Noroeste Estrella Galicia 2026
FacebookXWhatsApp

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o concelleiro de Cultura e Turismo da Coruña e vicepresidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), Gonzalo Castro, asinaron hoxe na sede da institución provincial o protocolo que senta as bases da colaboración entre ambas as entidades para a celebración do Festival Noroeste Estrella Galicia 2026.

O proxecto conta cun orzamento total de 550.000 euros. A Deputación achegará un máximo de 250.000 euros, o 45,45 % do investimento, mentres que o IMCE asumirá os 300.000 euros restantes. Esta colaboración concretarase posteriormente nun convenio que deberá ser aprobado polo pleno provincial.

Valentín González Formoso destacou que «o Festival Noroeste é unha das grandes citas culturais do verán galego e un evento cunha enorme capacidade para atraer visitantes e proxectar A Coruña e o conxunto da provincia».

«O apoio da Deputación permitirá reforzar un festival consolidado, gratuíto e aberto a todos os públicos, que combina grandes nomes da escena internacional e estatal cunha importante presenza de artistas galegos», afirmou o presidente provincial.

Pola súa banda, Gonzalo Castro agradeceu a colaboración da Deputación e desatou que «a cooperación institucional é fundamental para seguir ofrecendo á cidadanía programacións culturais de máxima calidade. Este acordo coa Deputación permítenos fortalecer un festival referente en Galicia e no conxunto do Estado, ampliando a súa capacidade para chegar a públicos diversos e continuar levando a cultura a espazos abertos e accesibles para todas e todos».

O Noroeste, do 5 ao 8 de agosto

A 39ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia celebrarase do 5 ao 8 de agosto e ofrecerá máis de 40 actuacións en sete escenarios: a praia de Riazor, a praza de María Pita, a praza de Azcárraga, o Campo da Leña, o parque de Santa Margarida, o Castelo de San Antón e O Portiño.

O cartel inclúe artistas como Bomba Estéreo, Echo & The Bunnymen, Rusowsky, Yerai Cortés, Sprints, Ángel Stanich, Dorian, Fantastic Negrito, Bongeziwe Mabandla, Mari Froes e Frankie and the Witch Fingers.

A representación galega, que supón máis da metade da programación, contará con nomes como Sés, Bala, Xosé Lois Romero & Aliboria, Familia Caamagno e a Orquestra do Quince, Moura, Agoraphobia, Ruxe Ruxe, Catuxa Salom e Zënzar.

Todos os concertos serán gratuítos e combinarán propostas de rock, pop, música electrónica, folk, jazz, rhythm and blues, post-punk, flamenco e músicas africanas. A programación reunirá artistas consolidados e propostas emerxentes, mantendo a aposta do festival pola diversidade de estilos e pola promoción da creación musical galega.

Na edición de 2025, o Festival Noroeste reuniu máis de 115.000 persoas nos seus concertos, unha cifra que confirma a súa capacidade de convocatoria e a súa relevancia dentro da programación cultural e turística do verán coruñés.

ShareTweetSend
Publicación anterior

O Concello e a Asociación contra o Cancro presentan o novo espazo sen fume nas piscinas municipais de Oira

Siguiente

Romeo Santos y Prince Royce triunfan en A Coruña: así fue el concierto que hizo historia en el Muelle de la Batería

David

David

Relacionado Entradas

Casi 29.000 plazas de termalismo para mayores en Galicia: fechas, precios y cómo reservar en 2026
#Destacado

Casi 29.000 plazas de termalismo para mayores en Galicia: fechas, precios y cómo reservar en 2026

O PP na FEGAMP alerta da «incertidume» e o «desprezo» do Goberno de Sánchez cos concellos galegos pola falta de Orzamentos
#Destacado

O PP na FEGAMP alerta da «incertidume» e o «desprezo» do Goberno de Sánchez cos concellos galegos pola falta de Orzamentos

O Orzamento de Vigo aumentará en 14,2 millóns no ano 2027, ata os 365 millóns de euros
#Destacado

O Orzamento de Vigo aumentará en 14,2 millóns no ano 2027, ata os 365 millóns de euros

A Corporación municipal secunda un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero
#Destacado

A Corporación municipal secunda un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero

Comezan as obras de humanización e mellora da mobilidade vertical na rúa Vasco Díaz Tanco, no barrio da Cuña
#Destacado

Comezan as obras de humanización e mellora da mobilidade vertical na rúa Vasco Díaz Tanco, no barrio da Cuña

O Caudal Fest comeza este ano no Concello de Lugo
#Destacado

O Caudal Fest comeza este ano no Concello de Lugo

Siguiente
Romeo Santos y Prince Royce triunfan en A Coruña: así fue el concierto que hizo historia en el Muelle de la Batería

Romeo Santos y Prince Royce triunfan en A Coruña: así fue el concierto que hizo historia en el Muelle de la Batería

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Programación de Hoy

Jueves 17/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.