Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse na AC-241, na parroquia teense de Reis, pouco antes das tres desta tarde.
O vehículo no que ían os menores bateu de fronte contra un camión tras saírse da vía, tal e como indicaron as persoas que utilizaron o teléfono de emerxencias para advertir sobre a colisión.
Tamén indicaron que os feridos eran todos menores, xa que tanto o condutor do turismo como o do camión resultaron ilesos.
Os rapaces presentaban lesións de diversa consideración e estiveron conscientes en todo momento.













