• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O PPdeG esixe ao Goberno central un calendario definitivo para rematar a A-54 ante os seus reiterados incumprimentos

Os populares piden ao Executivo "explicacións sobre as causas do incumprimento dos prazos e das modificacións dos proxectos" que demostran "falta de previsión"

David Por David
13/08/2026
en #Destacado, Lugo, Política
0
O PPdeG esixe ao Goberno central un calendario definitivo para rematar a A-54 ante os seus reiterados incumprimentos
FacebookXWhatsApp

O PPdeG leva ao Senado unha iniciativa de impulso para esixir ao Goberno de Sánchez, con carácter inmediato, un calendario detallado e definitivo para a finalización das obras e a posta en servizo da totalidade da autovía A-54 entre Lugo e Santiago ante «os reiterados incumprimentos sen explicar as causas dos atrasos e as modificacións dos proxectos, que demostran falta de previsión, sen aclarar os sobrecustos».

 

Os senadores galegos José Manuel Barreiro e Juan Serrano presentaron en Palas de Rei, acompañados polo alcalde do municipio, Pablo Taboada, e o rexedor de Guntín, Ángel Pérez, a iniciativa que se debaterá na Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible da Cámara Alta.

 

Barreiro considera que «a actitude do Goberno supón unha falta de respecto aos galegos en xeral e aos lucenses en particular que levan anos agardando unha infraestrutura comprometida e reiteradamente aprazada». De feito, o propio Goberno anunciara que entraría en servizo a finais do 2025 e, incumprido ese prazo, trasladou a data de apertura para este verán «sen que se vexa cumprido ese compromiso».

 

«Durante a execución dunha gran infraestrutura poden xurdir incidencias técnicas, pero é inaceptable que non se asuman responsabilidades nin se proporcione un calendario fiable», segundo manifesta o popular. Así, indica que «presentamos esta iniciativa no Senado -onde o Grupo Popular dispón de maioría- para darlle un mandato claro ao Goberno de Sánchez» en relación a esta infraestrutura que é clave para a vertebración do interior de Galicia.

 

Barreiro lembrou tamén que recentemente, o pasado 14 de xullo, «os senadores do PP lucense dirixíamos unha solicitude á Delegación do Goberno en Galicia para que nos autorizara, como representantes das Cortes Xerais, a realizar unha visita ás obras do tramo Melide Sur – Arzúa Oeste. Pero non respondeu. Iso demostra a falta de vontade por dar explicacións sobre a situación das obras».

 

UN SÍMBOLO DA POLÍTICA DE INFRAESTRUTURAS

 

«A A-54 converteuse no símbolo da política de infraestruturas do Goberno en Galicia: ausencia de orzamentos, falta de planificación, improvisación constante e anuncios que nunca se corresponden coa realidade das obras», segundo manifestan os populares.

 

Os representantes do Partido Popular inciden, ademais, en que «non é un caso illado». A provincia de Lugo continúa esperando avances reais na A-56 entre Lugo e Ourense, mentres a A-74 da Mariña permanece instalada nos anuncios e nos estudos. A A-76 entre Ourense e Ponferrada tampouco rexistra progresos acordes cos compromisos asumidos. «O denominador común é sempre o mesmo: anos de espera, escasas certezas e ningunha vontade política de acelerar as infraestruturas que Galicia necesita», engaden.

 

Barreiro cre que «Lugo non pode seguir sendo condenada ao atraso nin tratada como unha provincia de segunda» e pídelle ao Goberno que «cumpra os seus compromisos, execute as obras anunciadas e explique con transparencia por que unha infraestrutura que debía estar finalizada continúa sen data de apertura».

 

INCUMPRIMENTOS E PREXUÍZOS AOS VECIÑOS DE PALAS

O alcalde de Palas, Pablo Taboada, tamén se sumou á condena dos atrasos no remate da A-54 que supón «un importantísimo prexuízo económico para a nosa comarca» porque «é imposible desenvolver ningún proxecto empresarial con estas comunicacións». E tamén afecta ao sector turístico. Así mesmo, afeou que a pesar de que o Estado dispón dos terreos expropiados, nada se sabe da área de servizo nin da rotonda de Remonde, «que afecta aos veciños de Palas de Rei, Antas de Ulla, Agolada e Melide».

 

O rexedor tamén lembrou que «as vías de servizo e camiños municipais continúen deteriorados a consecuencia das obras do tramo entre Palas e Melide. Había un compromiso da Subdelegación do Goberno para reparar as vías o verán pasado, pero non se cumpriu. Continúan en mal estado causando prexuízos aos veciños», segundo advirte.

 

PROPOSTAS DE ACORDO

O Grupo Popular esixirá ao Goberno de España, ademais dun calendario detallado; explicar as razóns dos incumprimentos, remitir ao Senado dun informe completo das causas dos sucesivos atrasos, modificacións e actuacións complementarias, informar sobre o orzamento inicial e o custo actualizado, adoptar medidas para garantir o cumprimento do novo calendario e informar periodicamente ao Senado sobre a evolución das obras.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Operación especial 15 de agosto: la DGT prevé 5,6 millones de desplazamientos y pide máxima precaución

Siguiente

Festa do Motor das Pontes 2026: Rallyshow, pilotos y actividades

David

David

Relacionado Entradas

Unha muller faleceu en Sanxenxo tras ser alcanzada por un vehículo
#Destacado

Arden dos coches en el aparcamiento exterior de una residencia en Pontevedra

Ourense organiza as Festas de San Francisco coas actuacións da Gramola, Combo Dominicano e París de Noia
#Destacado

Ourense organiza as Festas de San Francisco coas actuacións da Gramola, Combo Dominicano e París de Noia

Íntegro celebrará o día 26 unha nova edición do FESTIGUAL para reivindicar a diversidade e a inclusión
#Destacado

Íntegro celebrará o día 26 unha nova edición do FESTIGUAL para reivindicar a diversidade e a inclusión

O Conservatorio Profesional de Música de Carballo inicia o curso con 172 alumnos e alumnas
#Destacado

O Conservatorio Profesional de Música de Carballo inicia o curso con 172 alumnos e alumnas

La Diputación invertirá 221.000 euros para construir aceras en el colegio y polideportivo de Tarrío
#Destacado

La Diputación invertirá 221.000 euros para construir aceras en el colegio y polideportivo de Tarrío

Ferrol reforza o seu compromiso co mantemento das vías e destina 270.000 euros a aglomerar a avenida de Castelao
#Destacado

Ferrol reforza o seu compromiso co mantemento das vías e destina 270.000 euros a aglomerar a avenida de Castelao

Siguiente
Festa do Motor das Pontes 2026: Rallyshow, pilotos y actividades

Festa do Motor das Pontes 2026: Rallyshow, pilotos y actividades

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Matinal Líder En directo

Matinal Líder

08:00 - 10:00
Antonio Lodeiro
A continuación: Líder local 10:00

Programación de Hoy

Martes 15/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder Ahora
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.