A Coruña convértese na única parada en Galicia da iniciativa itinerante ‘Cambia el filtro’, unha campaña promovida pola Fundación MAPFRE coa colaboración da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC). A proposta ten como obxectivo sensibilizar á cidadanía sobre as etiquetas e prexuízos que condicionan a percepción e a inclusión das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidades raras.
A presentación do evento contou coa participación da concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade da Coruña, Nereida Canosa, e a deputada provincial Yoya Neira. Durante a cita, Canosa subliñou a necesidade de situar á persoa no centro das decisións do seu propio proxecto de vida e de darlle os apoios necesarios para participar plenamente na sociedade.
Unha experiencia interactiva para revisar prexuízos
A unidade móbil da campaña ofrece un percorrido interactivo baseado en historias reais que convidan aos visitantes a reflexionar sobre os seus propios prexuízos. O espazo conta con:
-
Historias en primeira persoa: Testemuños reais para entender a realidade da discapacidade e as enfermidades crónicas.
-
Mural dixital Miradas que suman: Un punto interactivo onde os participantes poden deixar rexistradas as súas reflexións.
-
Punto informativo de FEGEREC: Espazo de asesoramento e visibilización do traballo da federación cos afectados e as súas familias en Galicia.
Datas, localizacións e horarios na Coruña
A experiencia interactiva é totalmente gratuíta e pódese visitar nas seguintes localizacións e horarios:
| Data | Localización | Horario |
| Luns, 28 de setembro | O Parrote, A Coruña | 10:00 – 14:00 h e 15:00 – 18:00 h |
| Martes, 29 de setembro | Paseo de Alexandre Bóveda, A Coruña | 10:00 – 14:00 h e 15:00 – 18:00 h |










