• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Coruña terá 50 novas vivendas de alugueiro social no barrio de Xuxán

As obras de construción do inmoble suporán un investimento de 10,2 millóns

David Expósito Por David Expósito
10/06/2026
en #Destacado, A Coruña
0
A Coruña terá 50 novas vivendas de alugueiro social no barrio de Xuxán
FacebookXWhatsApp

O Concello avanza coa folla de ruta do Plan Municipal de Vivenda 2024-2030, sustentada en piares como a creación de máis vivenda protexida, unha medida que permitirá, a medio prazo, habilitar 50 novas vivendas municipais en Xuxán, que se destinarán a alugueiros sociais.

conservas de galicia conservas de galicia conservas de galicia

A alcaldesa, Inés Rey, informou hoxe das últimas novidades con respecto ás obras de construción do edificio, que se está a executar na parcela Z-37 do barrio. Concretamente, a carón da rúa Cernadas, onde pouco a pouco xa está a ser visible a estrutura do futuro bloque residencial. Rey supervisou hoxe os avances nas obras.

“Estamos na fase final da execución da estrutura do edificio, que rematará, no seu conxunto, ao longo deste verán. Tamén se completaron as tarefas de albanelería nos sotos e iniciouse a súa execución na primeira planta de vivendas. Isto permitirá avanzar no desenvolvemento das seguintes unidades de obra e, posteriormente, a da envolvente do edificio”, destacou a rexedora, acompañada hoxe polo concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, por Javier Sal, xerente da empresa construtora, Citanias, así como por persoal técnico da obra. Está previso que os traballos estean completamente rematados no ano 2027.

O Concello destina 10,2 millóns de investimento á construción destas 50 vivendas, dos que case unha cuarta parte proceden de fondos Next Generation acadados polo Estado. Outro dos aspectos destacados é que -unha quinta parte das vivendas serán adaptadas, cinco veces máis do mínimo estipulado pola normativa-. Haberá, ademais, 104 prazas de estacionamento nos sotos, das que 12 serán adaptadas para persoas con mobilidade reducida. Tamén se habilitarán 14 prazas de estacionamento para motocicleteas e espazos para patinetes eléctricos.

800 VPO máis na Coruña nos últimos cinco anos

Na visita a Xuxán, Inés Rey fixo fincapé na importancia de que A Coruña dispoña de máis vivenda protexida, que contrarreste o déficit de planificación e actuación evidenciado en décadas pasadas.

“Non nos cansaremos de repetilo: garantir o acceso a unha vivenda digna é un dereito constitucional. Vulnerar este dereito ou non facer uso das ferramentas necesarias para darlle cumprimento é esquecer por que somos representantes electos da cidadanía”, dixo.

Rey incidiu en que o Concello, dentro das súas posibilidades, está “a traballar arreo para mitigar unha realidade complexa que esixe unha maior coordinación e máis estreita colaboración entre todas as Administracións públicas implicadas, especialmente as que teñen competencias neste eido, como son a Xunta e o Estado”.

No seu momento, e ademais de poñer en marcha a ordenanza reguladora das VUT, o Concello deu un paso adiante para defender a declaración da zona residencial tensionada co obxectivo de conter a tendencia alcista nos prezos do alugueiro. “Loitamos pola súa entrada en vigor porque, no seu momento, e á vista dos datos recadados, era necesario poñer freo a unha realidade que devoraba, e sigue a devorar, a meirande parte dos ingresos das familias. E non só poñerlle freo, tamén tentar revertila e abrir canles de comunicación e información coa cidadanía para solventar as súas dúbidas”, precisou Rey. Isto é o que se está a facer a través da Oficina Municipal de Vivenda da EMVSA en Paseo de Rolda, que ofrece asesoramento gratuítamente ás persoas arrendatarias.

“Mais iso non é suficiente. Cómpre poñer unha marcha máis no referente á construción de máis vivenda pública, solventando os déficits de planificación que tiveron no pasado as Administracións competentes na materia. Ao longo deste mandato, o Concello mobilizou solo de titularidade municipal para facilitar novos desenvolvementos residenciais para a construción de vivenda protexida. Tamén impulsando liñas de axuda á rehabilitación de inmobles e axilizando as licenzas relativas a estas actuacións”, apuntou a alcaldesa, que estimou que, desde o ano 2022, na Coruña construíronse ou rehabilitáronse máis de 3.000 vivendas, das que máis de 800 son VPO. Moitas delas, en Xuxán.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Ferrol amplia o carril bici entre Doniños-San Xurxo

Siguiente

O Rallye de Ourense ocasionará cortes e restricións de tráfico na cidade desde o xoves ata o sábado

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

Aerotermia, pellets o gas: qué calefacción elegir en Galicia para ahorrar este invierno.
#Destacado

¿Cuál es la mejor calefacción para Galicia? Comparativa y consejos para ahorrar

Lama Zeta 2026 regresa a EXPOCoruña con artesanía, plantas y música
#Destacado

Lama Zeta 2026 en A Coruña: fecha, horario y actividades

A Coruña levanta a duna de Riazor: unha barreira de máis de dous metros para protexer o paseo marítimo
#Destacado

A Coruña constrúe a duna de Riazor: unha barreira de máis de dous metros contra os temporais

Así funcionará la nueva intermodal de A Coruña
#Destacado

Nueva estación intermodal de A Coruña: qué autobuses puedes coger, cuáles no y dónde aparcar

Mondoñedo quiere brillar esta Navidad
#Destacado

Mondoñedo quiere brillar esta Navidad: así puedes votar por el pueblo gallego en el concurso de Ferrero Rocher

Rueda y Microsoft exploran nuevas vías de colaboración tecnológica
#Destacado

Rueda y Microsoft España estudian nuevas vías de colaboración en inteligencia artificial en Galicia

Siguiente
O Rallye de Ourense ocasionará cortes e restricións de tráfico na cidade desde o xoves ata o sábado

O Rallye de Ourense ocasionará cortes e restricións de tráfico na cidade desde o xoves ata o sábado

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Programación de Hoy

Martes 27/10/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder Express
    14:00 - 14:30
    Líder Express
    En directo
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    15:00 - 17:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Las Tardes de Radio Líder
    17:00 - 20:00
    Las Tardes de Radio Líder
  • Al Día
    20:00 - 21:00
    Al Día
    En directo
  • Fórmula Líder
    21:00 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Aerotermia, pellets o gas: qué calefacción elegir en Galicia para ahorrar este invierno.

¿Cuál es la mejor calefacción para Galicia? Comparativa y consejos para ahorrar

Lama Zeta 2026 regresa a EXPOCoruña con artesanía, plantas y música

Lama Zeta 2026 en A Coruña: fecha, horario y actividades

A Coruña levanta a duna de Riazor: unha barreira de máis de dous metros para protexer o paseo marítimo

A Coruña constrúe a duna de Riazor: unha barreira de máis de dous metros contra os temporais

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.