• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación da Coruña convoca a oitava edición dos Premios PEL con 80.000 euros para recoñecer o talento empresarial da provincia

A contía, a máis alta da historia dos galardóns, reforza o apoio a persoas autónomas, microempresas e pemes que xeran emprego e riqueza no territorio A convocatoria simplifica os requisitos e abre a participación a máis iniciativas

David Por David
17/04/2026
en #Destacado, A Coruña
0
A Deputación da Coruña convoca a oitava edición dos Premios PEL con 80.000 euros para recoñecer o talento empresarial da provincia
FacebookXWhatsApp

A Deputación da Coruña vén de publicar as bases da oitava edición dos Premios PEL, unha iniciativa que se consolida como un dos principais recoñecementos ao tecido empresarial da provincia. O certame busca poñer en valor o traballo de persoas autónomas, emprendedoras e empresas que contribúen ao desenvolvemento económico, á creación de emprego e á dinamización do territorio.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que “os Premios PEL son unha forma de recoñecer o esforzo de moitas empresas que, día a día, están a tirar da economía local e a xerar oportunidades nos nosos concellos”. Ademais, subliñou que “queremos dar visibilidade a proxectos que ademáis de funcionar ben desde o punto de vista económico, tamén teñen un impacto positivo na sociedade e no territorio”.

Nesta edición, a Deputación reforza a súa aposta por un modelo económico máis sostible, innovador e vinculado ao medio rural, premiando iniciativas que destacan tanto polo seu percorrido como pola súa capacidade de transformación.

Catro categorías e unha mención especial

A convocatoria deste ano establece catro categorías principais: Iniciativa emprendedora, dirixida a proxectos empresariais iniciados entre 2024 e 2026; Traxectoria empresarial, para empresas con actividade anterior a 2024;Iniciativa territorio sostible, centrada en proxectos vinculados á transición ecolóxica, á economía circular ou á protección da biodiversidade e Iniciativa empresarial singular, que recoñece propostas creativas, orixinais e con identidade propia, vinculadas ao territorio, ás materias primas locais ou á tradición galega.

Existe tamén unhja categoría honorífica, que distinguirá a mellor iniciativa transformadora do rural, sen necesidade de candidatura previa nin dotación económica.

O maior investimento na historia dos premios

Os Premios PEL repartirán este ano un total de 80.000 euros, a cifra máis alta desde a súa creación. Cada unha das catro categorías principais estará dotada, con carácter xeral, con 20.000 euros.

As bases contemplan tamén a posibilidade de conceder accésits cando a diferenza de puntuación entre as dúas mellores candidaturas seleccionadas sexa mínima. Nestes casos, o primeiro premio reducirase a 15.000 euros e outorgarase un segundo de 5.000 euros.

O presidente da Deputación sinalou sinalou que “incrementar a contía destes premios é tamén unha forma de reforzar o apoio real ás empresas e de acompañar o seu crecemento con recursos que lles permitan seguir crecendo e desenvolvéndose”.

Unha convocatoria máis accesible

A nova edición introduce melloras para facilitar a participación das empresas. Amplíase o acceso a iniciativas de diferentes anos de creación e simplifícase o proceso de solicitude, reducindo a carga administrativa.

A presentación de candidaturas realizarase exclusivamente de forma telemática a través da plataforma SUBTeL. O prazo abrirase o vindeiro mércores, 22 de abril, e permanecerá aberto ata o 12 de maio ás 14.00 horas.

As empresas interesadas poden comezar xa a preparar a súa candidatura mediante unha memoria de ata cinco páxinas, na que deberán incluír unha ligazón a un vídeo explicativo cunha duración máxima de dous minutos.

A deputada de Emprego, Rosa Ana García, animou ao tecido produtivo da provincia a participar: “Temos empresas con moito talento, con grandes ideas innovadoras e cunha enorme capacidade de adaptación. Estes premios son unha oportunidade para dar a coñecer ese traballo e para poñelo en valor ante toda a sociedade”.

As bases completas e toda a información sobre a convocatoria están dispoñibles na páxina web dos Premios PEL: Premios PEL

ShareTweetSend
Publicación anterior

O conselleiro de sanidade, Gómez Caamaño, participou na entrevista de Matinal Líder

Siguiente

El auge del deporte en España dispara la compra de equipamiento técnico y accesorios

David

David

Relacionado Entradas

Unha muller faleceu en Sanxenxo tras ser alcanzada por un vehículo
#Destacado

Arden dos coches en el aparcamiento exterior de una residencia en Pontevedra

Ourense organiza as Festas de San Francisco coas actuacións da Gramola, Combo Dominicano e París de Noia
#Destacado

Ourense organiza as Festas de San Francisco coas actuacións da Gramola, Combo Dominicano e París de Noia

Íntegro celebrará o día 26 unha nova edición do FESTIGUAL para reivindicar a diversidade e a inclusión
#Destacado

Íntegro celebrará o día 26 unha nova edición do FESTIGUAL para reivindicar a diversidade e a inclusión

O Conservatorio Profesional de Música de Carballo inicia o curso con 172 alumnos e alumnas
#Destacado

O Conservatorio Profesional de Música de Carballo inicia o curso con 172 alumnos e alumnas

La Diputación invertirá 221.000 euros para construir aceras en el colegio y polideportivo de Tarrío
#Destacado

La Diputación invertirá 221.000 euros para construir aceras en el colegio y polideportivo de Tarrío

Ferrol reforza o seu compromiso co mantemento das vías e destina 270.000 euros a aglomerar a avenida de Castelao
#Destacado

Ferrol reforza o seu compromiso co mantemento das vías e destina 270.000 euros a aglomerar a avenida de Castelao

Siguiente
El auge del deporte en España dispara la compra de equipamiento técnico y accesorios

El auge del deporte en España dispara la compra de equipamiento técnico y accesorios

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Matinal Líder En directo

Matinal Líder

08:00 - 10:00
Antonio Lodeiro
A continuación: Líder local 10:00

Programación de Hoy

Martes 15/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder Ahora
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.