• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación da Coruña garante prezos públicos accesibles na Casa de Acompañamento para Persoas Maiores das Pontes

Valentín González Formoso destacou a política de prezos públicos será xusta, equilibrada e accesible para todas as familias: “Non se trata só de ofrecer un bo servizo, senón de asegurar que estea ao alcance de todas as persoas”

David Expósito Por David Expósito
29/04/2026
en #Destacado, A Coruña
0
A Deputación da Coruña garante prezos públicos accesibles na Casa de Acompañamento para Persoas Maiores das Pontes
FacebookXWhatsApp

A Deputación da Coruña levará ao pleno provincial a proposta para definir o modelo de funcionamento da futura Casa de Acompañamento a Persoas Maiores (CAM) Pardo Bazán das Pontes, a primeira CAM dunha rede que tamén disporá de centros en Ordes e Rianxo e que combina innovación no sistema de coidados cun compromiso claro: garantir prezos públicos accesibles, adaptados á realidade económica das persoas usuarias.

Un dos piares fundamentais do modelo será a política de prezos, que seguirá criterios propios dos servizos públicos. A Deputación aposta por situar as tarifas das CAM na contorna da media dos centros públicos, afastándose dos prezos do mercado privado- que con frecuencia superan os 3.000 euros ao mes- e incorporando sistemas progresivos que teñan en conta os ingresos e a capacidade económica de cada persoa.

Os modelos públicos apostan por sistemas máis equilibrados. No caso da Xunta de Galicia, as persoas usuarias contribúen ao custo do servizo en función da súa capacidade económica, chegando a achegar arredor do 75 % dos seus ingresos máis unha porcentaxe do patrimonio, sempre preservando unha parte para gastos persoais.

Pola súa banda, a Deputación de Lugo aplica un modelo progresivo nos seus Centros de Atención ao Maior, cun sistema de prezos que se adapta ás rendas das persoas usuarias. As tarifas máximas sitúanse entre os 1.750 euros para persoas non dependentes e os 2.200 euros para dependentes, pero estas cantidades redúcense significativamente segundo os ingresos. Así, por exemplo, unha persoa cunha pensión non contributiva pode chegar a pagar arredor de 545 euros ao mes, mantendo recursos suficientes para o seu día a día.

Un modelo similar ao da Deputación de Lugo

O sistema aplicado pola Deputación de Lugo é similar ao que aplicará a Deputación da Coruña, con prezos nos que a achega económica das persoas usuarias será proporcional á súa capacidade económica, garantindo que ninguén quede fóra por motivos económicos e que todas as persoas dispoñan dun mínimo para os seus gastos persoais. Os prezos medios das CAM da Deputación serán inferiores á media nacional e galega, e sobre eles descontarase en función dos ingresos da persoa usuaria, de forma progresiva. Canto menor sexa a pensión, menos se pagará pola praza residencial.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou que “o carácter público deste modelo reflíctese tamén na política de prezos, que busca ser xusta, equilibrada e accesible para todas as familias”. Segundo explicou, “non se trata só de ofrecer un bo servizo, senón de asegurar que ese servizo estea ao alcance de todas as persoas”.

Máis alá do aspecto económico, a proposta define un modelo de coidados centrado nas persoas, baseado na convivencia, na autonomía e no benestar emocional. As CAM configúranse como unidades de vida compartida organizadas en pequenos fogares, favorecendo as relacións sociais coa contorna na que se ubican e evitando o illamento das persoas maiores.

No plano organizativo, o modelo combina a especialización na prestación do servizo cun control público exhaustivo. A xestión realizarase mediante concesión, mentres que a Deputación manterá un seguimento continuo da calidade e do funcionamento a través de mecanismos de control administrativo e financeiro.

A proposta de xestión que se leva mañá ao pleno da Deputación da Coruña inclúe tamén o desenvolvemento dun estudo de viabilidade económico-financeira e do regulamento do servizo, que concretarán definitivamente o sistema de prezos e as condicións de acceso.

Con esta iniciativa, a Deputación da Coruña avanza na construción dun modelo de coidados máis próximo, personalizado e socialmente xusto, no que a calidade da atención e a accesibilidade económica forman parte dun mesmo compromiso público.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Pantón celebra la XXXI edición de la Mostra de Viños da Ribeira Sacra

Siguiente

A Deputación da Coruña aproba unha declaración institucional en contra da macroplanta de biogás prevista na Laracha

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

Cinturón de seguridad en los trenes ¿Por qué no lo llevan y sería más seguro?
#Destacado

Cinturón de seguridad en los trenes ¿Por qué no lo llevan y sería más seguro?

Alternativas para viajar a Andalucía tras el corte de trenes
#Destacado

Alternativas para viajar a Andalucía tras el corte de trenes

Instalaciones deportivas de Carballo reciben más de 400.000 euros
#Destacado

Instalaciones deportivas de Carballo reciben más de 400.000 euros

Fiestas de Halloween en Asturias este fin de semana
#Destacado

Fiestas de Halloween en Asturias este fin de semana

Cementerios de Ourense amplían horarios por Todos los Santos
#Destacado

Cementerios de Ourense amplían horarios por Todos los Santos

Cómo elegir y tallar una calabaza para Halloween
#Destacado

Fiestas de Halloween en Galicia para este fin de semana

Siguiente
A Deputación da Coruña aproba unha declaración institucional en contra da macroplanta de biogás prevista na Laracha

A Deputación da Coruña aproba unha declaración institucional en contra da macroplanta de biogás prevista na Laracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Buena compañía

Próximo programa: Superdanze 22:00

Programación de Hoy

Sábado 31/10/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 12:00
    Fórmula Líder
  • 12:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Fórmula Líder
    14:30 - 15:00
    Fórmula Líder
  • 22:00 - 23:59
    Superdanze
    En directo

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Cinturón de seguridad en los trenes ¿Por qué no lo llevan y sería más seguro?

Cinturón de seguridad en los trenes ¿Por qué no lo llevan y sería más seguro?

Alternativas para viajar a Andalucía tras el corte de trenes

Alternativas para viajar a Andalucía tras el corte de trenes

Instalaciones deportivas de Carballo reciben más de 400.000 euros

Instalaciones deportivas de Carballo reciben más de 400.000 euros

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.