• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A RAG abre a semana das Letras Galegas en Vigo coa proxección do documental ‘Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul’

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia acollerá a presentación o luns 11 de maio nun acto de entrada libre a partir das 19 horas

David Por David
07/05/2026
en #Destacado, Cultura, Pontevedra
0
A RAG abre a semana das Letras Galegas en Vigo coa proxección do documental ‘Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul’
FacebookXWhatsApp

A Real Academia Galega volverá o luns que vén a Vigo para comezar a semana das Letras Galegas na cidade onde naceu e medrou Begoña Caamaño (1964-2014), que será tamén o escenario do Simposio das Letras Galegas tras o verán. A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD de Galicia) acollerá o 11 de maio a presentación pública do documental Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul (19 h), de entrada libre ata completar a capacidade da sala. Tres alumnas e dous alumnos deste centro son parte do elenco que interpreta no filme fragmentos da obra literaria da protagonista deste 17 de maio.

A película pode verse xa en academia.gal, pero esta será unha ocasión para gozar dela nunha pantalla grande e conversar cos directores, Damián Varela e Alba López, as actrices e os actores e outras voces que participaron no filme. O presidente da RAG, Henrique Monteagudo, participará na apertura desta cita, que contará ademais co académico correspondente Ramón Nicolás como condutor do coloquio.

 

A literatura de Begoña Caamaño, atravesada pola reinterpretación feminista dos mitos clásicos, dialoga coa memoria íntima e colectiva nun retrato coral que van ganduxando, entre outras voces, a súa irmá Beatriz Caamaño; a actriz viguesa Maika Aguado, amiga da infancia de Begoña Caamaño; a xornalista Amanda Álvarez, estreitamente vinculada a ela dende os seus inicios profesionais en Vigo; o académico Víctor F. Freixanes, con quen cadrou primeiro en Radio Popular de Vigo e que pasado o tempo sería o editor en Galaxia das súas dúas novelas; a especialista en Historia Antiga da Universidade de Vigo Susana Reboreda, quen constatou antes da publicación da súa ópera prima, Circe ou o pracer do azul, o gran dominio que tiña Begoña Caamaño dos mitos gregos; e a súa compañeira na Radio Galega e académica Ana Romaní e mais a crítica literaria María Xesús Nogueira (unha das primeiras estudosas da súa obra), coautoras de Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño, acabada de saír do prelo.

 

Diálogo coa interpretación

As personaxes de Begoña Caamaño toman corpo e presenza na pantalla en cápsulas dramatizadas. Lucía Costas Pérez, Sabela Pereira Rodríguez, Alba Rocha, Daniel Vicente Ferreira e Julio Alonso Rodríguez, estudantes da ESAD Galicia, interpretan fragmentos de Circe ou o pracer do azul (2009) na praia de Barra e levan á escena a Sherezade, a narradora das Mil e unha noites, arredor da cal a escritora pretendía pechar a súa triloxía sobre os mitos. A bailarina Elsa Pereira é quen se converte na protagonista de Morgana en Esmelle (2012), acompañada pola narración na voz da propia Begoña Caamaño nun dos documentos sonoros do arquivo da CSAG que se integran no filme.

 

Cóntase ademais coas nenas Helena Rodríguez Otero e Laura Diniz Fontán, da escola de teatro Imaxinatea Labcreativo de Vigo, nos papeis de Begoña Caamaño e a súa amiga Maika Aguado na infancia. A praia do Tombo do Gato é nesta pasaxe o espazo de maxia e liberdade que rememora a voz en off de Maika Aguado nunha conmovedora lembranza que identifica na nena que foi Begoña Caamaño o agromar da creadora na que se convertería.

A película documental dálle tamén voz á mocidade en relación cos grandes temas da obra literaria de Caamaño, o seu exercicio como xornalista comprometida coa honestidade e a defensa da lingua galega e mais o seu activismo. O IES Castelao e o IES Alexandre Bóveda de Vigo –onde ela estudou– , son así parte dos escenarios de reflexión das novas xeracións, así como do club de lectura que tamén aparece no filme.

O antigo Instituto Coia 2 foi precisamente o pasado 10 de abril escenario da primeira presentación do documental, no marco do acto de homenaxe do centro educativo á autora. A RAG tamén elixiu outro centro educativo vigués, o CEIP O Pombal, no barrio da infancia de Begoña Caamaño, para a presentación de Primavera das Letras. An Alfaya, compañeira no Coia 2 e na carreira da homenaxeada, é a autora da historia para o público infantil sobre a autora que pode descargarse na web do proxecto, un texto teatral, para ler e representar dentro e fóra das aulas, que ilustrou Laura Romero.

Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul é unha produción da Real Academia Galega realizada por Miramemira co apoio económico da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

ShareTweetSend
Publicación anterior

La Plaza de Abastos de Ourense y Telpark ofrecen recarga gratuita en su Parking de Alameda

Siguiente

BioSaúde regresa esta fin de semana a Carballo

David

David

Relacionado Entradas

Inés Rey presume do éxito da declaración da Coruña como zona tensionada
#Destacado

Inés Rey presume do éxito da declaración da Coruña como zona tensionada

#Destacado

O condutor dunha furgoneta queda atrapado no vehículo tras chocar cun camión en Castro de Rei

El CC Los Rosales celebra la Fiesta Infantil Vuelta al Cole 2026
#Destacado

El CC Los Rosales celebra la Fiesta Infantil Vuelta al Cole 2026

O Concello de Vimianzo estrea un novo mural XXL dedicado ás pandereteiras
#Destacado

O Concello de Vimianzo estrea un novo mural XXL dedicado ás pandereteiras

Culleredo licita por 465.000 euros la renovación integral del pavimento y de las pistas deportivas de la plaza de Europa
#Destacado

Culleredo licita por 465.000 euros la renovación integral del pavimento y de las pistas deportivas de la plaza de Europa

El Camino Portugués de la Costa es la ruta jacobea que más crece, con un incremento de peregrinos del 25% en el último año
#Destacado

El Camino Portugués de la Costa es la ruta jacobea que más crece, con un incremento de peregrinos del 25% en el último año

Siguiente
O CCA de Carballo impulsa a II edición de BioSaúde

BioSaúde regresa esta fin de semana a Carballo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Superdanze

22:00 - 23:59
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Programación de Hoy

Sábado 12/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 12:00
    Fórmula Líder
  • 12:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Fórmula Líder
    14:00 - 22:00
    Fórmula Líder
  • 22:00 - 23:59
    Superdanze Ahora
    En directo

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.