• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A RAG celebra o 175 aniversario de Emilia Pardo Bazán

A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán revisita os contos criminais da autora o vindeiro 16 de setembro nunha xornada na que a súa obra dialogará ademais coa narrativa galega contemporánea

David Por David
29/07/2026
en Cultura
0
A RAG celebra o 175 aniversario de Emilia Pardo Bazán
FacebookXWhatsApp

A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán celebrará o vindeiro 16 de setembro os 175 anos do nacemento de Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851-Madrid, 1921) cunha xornada que revisitará o seu papel como pioneira do xénero negro en España. O encontro partirá dos contos criminais da escritora, da man do investigador Xaquín Núñez Sabarís, para poñelos en diálogo coa narrativa negra galega contemporánea contando coa ollada de tres voces creadoras: Pedro Feijoo, Inma López Silva e Ana Viéitez. O acompañamento musical de Mario Diz no violín exercerá de contrapunto emocional arredor da tensión, o suspense e a intensidade dramática propias do xénero. A Fundación Luis Seoane (rúa San Francisco, 27 – A Coruña) acollerá a partir das 18:00 horas o programa, de entrada libre ata completar a capacidade do salón de actos.

«No ronsel dunha tradición que tivo algúns dos seus referentes fundamentais nos contos de Edgar Allan Poe e nas narracións de Arthur Conan Doyle protagonizadas por Sherlock Holmes, o detective por antonomasia, Emilia Pardo Bazán explorou en obras como La gota de sangre e Un destripador de antaño as posibilidades literarias do crime, da sospeita, da investigación e da tensión moral», contextualiza María López-Sández, académica de número responsable da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán e coordinadora da xornada Emilia Pardo Bazán, pioneira do xénero negro, que a Real Academia Galega organiza co apoio económico da Xunta de Galicia e do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Na autora coruñesa, como segue a acontecer na literatura galega actual, “o crime funciona como fenda e como revelación”. “Permite observar as zonas máis escuras da sociedade, interrogar os conflitos dunha época e explorar as emocións que atravesan a violencia, a culpa, o medo, a sospeita ou a xustiza”, engade López-Sández.

O programa

Xaquín Núñez Sabarís abordará na conferencia inaugural da xornada Antecedentes do xénero negro. Os contos criminais de Emilia Pardo Bazán a marcada dimensión social e espacial da literatura policial, que a miúdo funciona como unha sorte de crónica social ou de realismo contemporáneo. Seguindo este camiño, o profesor afondará nos contos criminais de Pardo Bazán, antecedentes singulares nos que a escritora compartiu a súa avanzada perspectiva sobre conflitos da época e retratou desde a crítica consciente as estruturas sociais que os facían posibles.

Na mesa redonda posterior, titulada Os crimes de Pardo Bazán e a narrativa negra galega de hoxe, Pedro Feijoo, figura imprescindible na consolidación e popularización deste xénero nas letras galegas contemporáneas —con títulos como Os fillos do mar (2012) ou a máis recente, Onde nacen as bestas (2025)—, explorará os mecanismos narrativos de Pardo Bazán que a comunican coa construción actual da intriga, do espazo urbano e da investigación na novela contemporánea. Inma López Silva, autora de Por qué Asunta? —arredor do crime de Asunta Basterra—, mergullarase na relación entre literatura, realidade, violencia, memoria social e representación do crime; e Ana Viéitez, que acaba de debutar con Pacto de silencio (2026), achegará unha mirada emerxente sobre a vixencia do crime como materia narrativa e sobre as novas formas de suspense, violencia e conflito nas letras galegas.

 

ShareTweetSend
Publicación anterior

El absentismo laboral marca un récord histórico

Siguiente

La Xunta entrega en Pontevedra las primeras 74 llaves de las 4.000 nuevas viviendas públicas comprometidas esta legislatura

David

David

Relacionado Entradas

¿Qué hacer este fin de semana en Galicia? Los 30 planes que están llenando pueblos y ciudades este sábado y domingo
#Destacado

¿Qué hacer este fin de semana en Galicia? Los 30 planes que están llenando pueblos y ciudades este sábado y domingo

San Froilán Lugo 2026: programa completo, conciertos, fechas, orquestas y actividades
#Destacado

San Froilán Lugo 2026: programa completo, conciertos, fechas, orquestas y actividades

VigoCultura 2026: programación completa, fechas, entradas y descuentos
#Destacado

VigoCultura 2026: programación completa, fechas, entradas y descuentos

Todos los conciertos gratuitos que podrás disfrutar en Galicia este otoño: fechas, lugares y artistas
#Destacado

Todos los conciertos gratuitos que podrás disfrutar en Galicia este otoño: fechas, lugares y artistas

Outono no Auditorio de Vimianzo: nove historias e nove miradas chegan á programación cultural
#Destacado

Outono no Auditorio de Vimianzo: nove historias e nove miradas chegan á programación cultural

Besteiro descorchaba el champán y Candia juraba en arameo
#Destacado

Lugo impulsa unha nova programación sociocultural con máis de cen propostas para todas as idades

Siguiente
La Xunta entrega en Pontevedra las primeras 74 llaves de las 4.000 nuevas viviendas públicas comprometidas esta legislatura

La Xunta entrega en Pontevedra las primeras 74 llaves de las 4.000 nuevas viviendas públicas comprometidas esta legislatura

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 08:00

Programación de Hoy

Domingo 20/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Agenda deportiva en Galicia y Asturias este fin de semana: partidos, horarios y citas que no te puedes perder

Agenda deportiva en Galicia y Asturias este fin de semana: partidos, horarios y citas que no te puedes perder

Accidente en la AG-55 en Arteixo: cuatro coches implicados y dos heridos tras incendiarse uno de los vehículos

Accidente en la AG-55 en Arteixo: cuatro coches implicados y dos heridos tras incendiarse uno de los vehículos

¿Qué hacer este fin de semana en Galicia? Los 30 planes que están llenando pueblos y ciudades este sábado y domingo

¿Qué hacer este fin de semana en Galicia? Los 30 planes que están llenando pueblos y ciudades este sábado y domingo

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.