• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Lugo impulsa unha nova programación sociocultural con máis de cen propostas para todas as idades

A oferta 2026/2027 amplía horas, servizos e propostas e abrangue desde actividade física, memoria e benestar ata formación dixital, cultura, creatividade, apoio escolar ou integración lingüística

David Por David
15/09/2026
en #Destacado, Cultura, Lugo
0
Besteiro descorchaba el champán y Candia juraba en arameo
FacebookXWhatsApp

O Concello de Lugo pon en marcha unha nova edición do programa municipal de Animación Sociocultural 2026/2027, cunha oferta de 111 obradoiros e actividades con prazas e programación definida, distribuídos en nove centros municipais, aos que se suman numerosas propostas puntuais, aulas abertas e actividades continuadas ao longo da semana e das fins de semana.

A programación desenvolverase, con carácter xeral, do 2 de novembro de 2026 ao 31 de maio de 2027 e está dirixida ás persoas empadroadas no Concello de Lugo. O novo contrato de animación sociocultural permite ampliar o número de horas, actividades e servizos, configurando unha oferta máis diversa e adaptada a diferentes idades, intereses e necesidades.

As actividades desenvolveranse nos centros de convivencia de Fingoi, Abella-Lamas de Prado, Leiras Pulpeiro, María Balteira, Maruja Mallo, Milagrosa, Sagrado Corazón e Uxío Novoneyra, así como no Centro Interxeracional Paco Martín. A oferta chega así a diferentes barrios da cidade e converte estes equipamentos municipais en espazos de encontro, aprendizaxe, coidado e participación.

O concelleiro de Política Social, Maiores e Migración destacou que esta programación busca ir máis alá dunha oferta de ocio e converter os centros municipais en lugares nos que “aprender e descubrir, coidarse e divertirse, coñecer novas persoas e compartir experiencias”, favorecendo ao mesmo tempo unha participación activa na vida da cidade.

Unha programación para aprender, coidarse e compartir

A oferta abrangue ámbitos moi diferentes. No apartado de promoción da saúde inclúense actividades como pilates, ioga, ximnasia de mantemento e sentada, bioximnasia, aeróbic e ritmos latinos, respiración e relaxación ou programas de corpo en forma.

A estimulación cognitiva e o benestar emocional teñen tamén un peso importante. “Activa a túa mente”, “Exercita a túa memoria”, “Memoria e mente activas”, “Mente activa”, “Corpo e mente”, “Recordar”, “Repasando cousas” ou “Autoestima para adultos” son algunhas das propostas pensadas especialmente para manter activas capacidades como a memoria, a atención, a coordinación e a concentración.

Outro dos eixos é a formación dixital, con obradoiros para aprender a manexar teléfonos móbiles, internet, correo electrónico, tabletas e ordenadores. Haberá cursos como “En-Rede”, “Conéctate”, “Uso de novas tecnoloxías”, “Informática básica” ou “Póñome ao día”, este último pensado tamén para facilitar a comprensión de recibos, contratos ou trámites cotiáns.

A vertente máis creativa e cultural incorpora pintura, debuxo, costura, bordado, traballos manuais, xadrez, teatro de barrio, coro, reciclaxe creativa, horta e xardín de balcón ou cociña con propostas como “Entrefíos”, “Inglés para viaxar” ou “Cociña de Tempada”.

Tamén hai propostas específicas para nenas, nenos e mocidade, como apoio escolar para Primaria e ESO, técnicas de estudo, pintura para mocidade, actividades de Minecraft ou ioga en familia.

A programación inclúe ademais o programa de integración a través da lingua, con cursos gratuítos de castelán e alfabetización dirixidos a persoas migrantes e un curso de coñecementos básicos para a acreditación do esforzo de integración. Estas actividades contan cun período específico de inscrición, do 18 ao 22 de xaneiro, no propio centro.

A todo isto súmanse actividades puntuais e continuadas como paseos dinámicos, visitas por Lugo, musicoterapia, cosmética natural, bixutería, xabóns, candeas, xardíns infinitos, videofórum, xogos de mesa, animación á lectura, bailes ou actividades interxeracionais, que se irán desenvolvendo e anunciando ao longo do curso.

Inscrición do 21 ao 25 de setembro

O prazo xeral para solicitar praza estará aberto do luns 21 ao venres 25 de setembro de 2026. As solicitudes poderán presentarse de dúas maneiras:

Presencialmente nos centros de convivencia municipais, en horario de 09:00 a 13:00 horas ou a través do rexistro electrónico do Concello de Lugo.

Cada persoa poderá presentar como máximo tres solicitudes por centro. No caso dos obradoiros psicofísicos, poderá solicitarse un máximo dunha actividade por centro e ata en tres centros distintos. Para as actividades destinadas a nenos e nenas non existe límite de solicitudes.

A programación reserva ademais ata un 20% das prazas para persoas con diversidade funcional e outros colectivos, de acordo co criterio profesional dos servizos sociais municipais.

Sorteo público o 30 de setembro

No caso de que a demanda supere as prazas dispoñibles, estas adxudicaranse mediante sorteo informático público o 30 de setembro ás 11.00 horas. As listas provisionais publicaranse nos centros o 1 de outubro e as definitivas, o 21 de outubro.

A oferta combina numerosas actividades gratuítas con outras de cota reducida, en función da duración de cada obradoiro. As persoas que obteñan praza nunha actividade de pagamento deberán efectuar o primeiro ingreso entre o 1 e o 9 de outubro e presentar el justificante como máximo o día 15.

Con esta nova programación, o Concello busca reforzar o papel dos centros de convivencia como espazos activos nos barrios, abertos á aprendizaxe, á saúde, ás relacións sociais e á participación, achegando unha oferta que atende desde a infancia e a mocidade ata as persoas adultas e maiores.

 

ShareTweetSend
Publicación anterior

A Sede”, de Rubén M. Mosteiro, e “Alborada Noh”, de Félix Pérez Oliveira, premios Antonio Fraguas de artesanía 2026

Siguiente

A situación de sequía pon en alerta os concellos de Ferrol

David

David

Relacionado Entradas

Carballo énchese de deporte e inclusión co I Circuíto Un Paso Máis
#Destacado

Carballo énchese de deporte e inclusión co I Circuíto Un Paso Máis

O 10º Repsol EcoRallye A Coruña celebra o seu décimo aniversario cun récord histórico de 57 equipos participante
#Destacado

O 10º Repsol EcoRallye A Coruña celebra o seu décimo aniversario cun récord histórico de 57 equipos participante

Localizan el cuerpo sin vida del bañista desaparecido el pasado domingo en el río Miño
#Destacado

La Guardia Civil impartirá en Culleredo dos charlas sobre protección ante delitos frecuentes

Trucos para recuperar el control de los gastos después del verano
#Destacado

Trucos para recuperar el control de los gastos después del verano

El ‘Rasca 7 y Media’ de la ONCE deja en el Mercado de las Conchiñas los 10.000 euros de su premio mayor
#Destacado

El ‘Super 11’ de la ONCE deja en Neda un premio de 15.000 euros

Estos son los nuevos requisitos para la obtención de títulos marineros
#Destacado

Carballo ofrece a degustación de peixe da lonxa de Laxe

Siguiente
A situación de sequía pon en alerta os concellos de Ferrol

A situación de sequía pon en alerta os concellos de Ferrol

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Líder local En directo

Líder local

10:00 - 13:00
Conexión Local
A continuación: Sesión vermut 13:00

Programación de Hoy

Miércoles 16/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local Ahora
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.