• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2027 a Xosé Neira Vilas

A institución decidiu no pleno ordinario celebrado hoxe renderlle homenaxe ao creador dunha obra profundamente galega e ao mesmo tempo universal

David Expósito Por David Expósito
08/07/2026
en #Destacado, Cultura, GALICIA
0
A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2027 a Xosé Neira Vilas
FacebookXWhatsApp

Eu son… Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén. Con este célebre comezo, no ano 1961 saía do prelo en Buenos Aires por primeira vez Memorias dun neno labrego, un dos libros máis lidos, vendidos e traducidos da literatura galega de todos os tempos. O seu autor, Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928-2015), será o protagonista do Día das Letras Galegas 2027, de acordo coa decisión adoptada polos membros de número da Real Academia Galega no pleno ordinario celebrado este mediodía no pazo municipal de María Pita, ao que tamén chegou a proposta do filólogo Constantino García González (Oviedo, 1927-Santiago de Compostela, 2008). O vindeiro 17 de maio será así unha ocasión especial para lle agradecer ao de Gres a creación deste personaxe universal, pero non só iso. A RAG reivindicará Neira Vilas en todas as súas dimensións: a de autor dunha vasta produción literaria —que abrangue todos os xéneros—, o editor, o investigador, o activista cultural e mais o divulgador que, nun contexto histórico adverso, converteu o galego nun mecanismo de creación, de reivindicación e de afirmación colectiva. Dende Galicia e tamén, durante moitos anos, na diáspora en América, da que foi cronista indiscutible e sobre a que deixou un legado de gran valor documental.

conservas de galicia conservas de galicia conservas de galicia

Como escritor, Neira Vilas acadou algo extraordinario: crear unha obra profundamente galega e, ao mesmo tempo, universal. Memorias dun neno labrego é o exemplo máis evidente dese milagre literario. A través da voz inocente e lúcida de Balbino, retratou o mundo rural galego da posguerra cunha enorme sensibilidade, denunciando as inxustizas e recollendo a riqueza humana e emocional da aldea. Hoxe este rapaz de aldea transformado en símbolo colectivo segue vivo na memoria compartida porque fala dende a autenticidade e dende a emoción que traspasa xeracións.

Camiño bretemoso (1967), Cartas a Lelo (1971), Aqueles anos do Moncho (1977) ou Querido Tomás (1980) son outros dos títulos que consolidan unha voz literaria de enorme coherencia e personalidade. En moitas das súas obras reaparece a aldea, especialmente a que o viu nacer, convertida xa en espazo simbólico. “Neira Vilas nunca renegou do mundo rural nin o idealizou falsamente. Retratouno coa súa dureza, mais tamén coa súa humanidade. A súa literatura dignificou a vida da xente humilde, dos labregos e dos emigrantes silenciados pola historia oficial”, defende a candidatura aprobada, que conclúe reivindicando as Letras Galegas para Xosé Neira Vilas como “un acto de xustiza cultural e histórica” para quen sempre amosou unha “maneira de entender unha Galicia aberta ao mundo, mais fiel ás súas raíces”.

A proposta das Letras Galegas de Neira Vilas chama tamén a atención nesta liña sobre o coidado que o escritor demostraba pola lingua. “Termou da riqueza léxica que habitaba no galego popular. Fixo da lingua oral da aldea unha lingua literaria digna, profundamente expresiva e fermosa, afastada de artificios, mais viva e natural”, engade o texto. Repárase ademais na oportunidade que significará a festa do vindeiro 17 de maio para actuar como ponte entre as novas xeracións e o idioma que o autor sempre defendeu en múltiples espazos, de maneira especialmente intensa nas escolas que visitaba decote para conversar con alumnado e profesorado.

Vida e compromiso

As raíces de quen se convertería nun piar fundamental da cultura galega contemporánea están nunha familia labrega de Gres, no concello pontevedrés de Vila de Cruces. Neira Vilas, o maior de sete irmáns, emigrou a Buenos Aires en 1949. Nesta etapa, que se estendeu ata 1961, entraría en contacto cos intelectuais da diáspora porteña e consolidaría o seu compromiso con Galicia. Cursou ademais estudos formais de xornalismo e literatura e coñeceu a Anisia Miranda, a súa compañeira de vida, con quen casou en 1957. Xuntos fundaron ese mesmo ano a editorial Follas Novas, proxecto fundamental para a distribución do libro galego que permitiu que circulase entre a comunidade galega en América e mesmo chegase a Galicia en plena ditadura.

Xa en Cuba, Neira Vilas consolidaríase como una voz esencial da galeguidade no exterior. Na illa desenvolveu un intenso labor como investigador e chegou a ser cronista indiscutible da emigración. A súa dedicación rigorosa á diáspora deixou un legado de gran valor documental e humano sobre a presenza galega á outra beira do Atlántico, contribuíndo decisivamente á conservación dunha parte esencial da memoria colectiva do pobo galego.

Cómpre salientar neste ronsel a súa obra ensaística e xornalística, con títulos como Galegos no Golfo de México (1980) Memorias da emigración (serie de volumes publicados a partir de 1994 na que documenta a vida dos emigrantes), as novelas Camiño bretemoso, Remuíño de sombras (1973) e Tempo novo (1987), ou os libros de relatos Historias de emigrantes (1968), O home de pau (1999) e Relatos mariñeiros (2003); así como as crónicas e os estudos históricos sobre a pegada da emigración galega en Cuba, con títulos como Castelao en Cuba (1983), Rosalía de Castro e Cuba (1992), Manuel Murguía e os galegos da Habana (1998) ou A prensa galega en Cuba (2011).

Logo de varias estadías en Galicia, Neira Vilas regresou en 1992 ao seu Gres natal, onde se constituíu a fundación que leva o seu nome. Entre outros recoñecementos a diversas obras e ao conxunto da súa traxectoria, recibiu ou Premio da Crítica Española por Aqueles anos de Moncho, o Premio da Crítica Galega por Galegos no Golfo de México, o Premio Julio Camba de xornalismo, os títulos de doutor honoris causa pola Universidade da Coruña e pola de La Habana, a Medalla Alejo Carpentier de Cuba, a Medalla Castelao, e a Medalla de Galicia. No ano 2001 ingresou na Real Academia Galega como membro de número a proposta de Antón Santamarina, Francisco Fernández Rei e Xesús Alonso Montero, o encargado de lle dar resposta en nome da institución. O seu discurso de entrada, A cultura galega en Buenos Aires: 1950-1960, describa a vizosa vida cultural da comunidade galega no exilio porteño.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Ni citronela ni pulseras: cómo elegir un repelente eficaz frente al mosquito tigre este verano

Siguiente

A Liga Nacional de Graffiti trae a Vigo a dez artistas nacionais e internacionais

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

Cómo saber si tienes que cambiar las ruedas del coche
#Destacado

El truco para saber si debes cambiar las ruedas del coche y que muchos conductores pasan por alto

¿Puedes pedir una farola sin estar empadronado?
#Destacado

¿Vives o tienes una casa en otro concello? Así puedes pedir que instalen una farola

O tempo en Galicia esta fin de semana: cando choverá e que temperaturas se esperan
#Destacado

O tempo en Galicia esta fin de semana: máis nubes o sábado e risco de chuvia o domingo

Galicia busca garantir o futuro das razas autóctonas
#Destacado

Galicia busca garantir o futuro das súas razas autóctonas con máis axudas aos criadores

Punta Langosteira y la apuesta de Galicia por la eólica marina.
#Destacado

Galicia busca liderar la eólica marina desde Punta Langosteira

Vox ha presentado una querella por el desarrollo de las protestas y los incidentes registrados en la plaza de María Pita.
#Destacado

Vox lleva a los tribunales al delegado del Gobierno por los disturbios de A Coruña

Siguiente
A Liga Nacional de Graffiti trae a Vigo a dez artistas nacionais e internacionais

A Liga Nacional de Graffiti trae a Vigo a dez artistas nacionais e internacionais

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

08:00 - 23:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 23:00

Programación de Hoy

Domingo 25/10/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Cómo saber si tienes que cambiar las ruedas del coche

El truco para saber si debes cambiar las ruedas del coche y que muchos conductores pasan por alto

¿Puedes pedir una farola sin estar empadronado?

¿Vives o tienes una casa en otro concello? Así puedes pedir que instalen una farola

O tempo en Galicia esta fin de semana: cando choverá e que temperaturas se esperan

O tempo en Galicia esta fin de semana: máis nubes o sábado e risco de chuvia o domingo

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.