CelanA Praza Maior de Celanova acollerá o domingo 12 de xullo a derradeira xornada de Abanea. O festival de danza e movemento pon o punto final ao seu percorrido itinerante deste verán por Galicia cun espectáculo que terá lugar ás 21:00 horas no entorno do Mosteiro de San Salvador
As actividades na Praza Maior de Celanova comezarán ás 19:30 horas co espazo «Happening Abanea Canle: Creación e comunicación», con Carlota Mosquera. Unha hora despois comezará a programación de danza coa recepción oficial de Abanea e, dende as 21:00 horas, os espectáculos «El Mundo Atrás» de Rolando Salamé; «Söa» de Martín Blanco e «Baunsbak» de Elvi Balboa. Pista de Baile Abanea pechará a xornada na vila de San Rosendo cunha proposta concibida como un punto de encontro e participación, dirixida por Marta Alonso e coa mediación do equipo artístico e os profesionais colaboradores de Abanea.
O evento está organizado por Ismo Cultura e conta co apoio da Xunta de Galicia, no marco do Xacobeo 2027, a Deputación de Pontevedra e varios concellos colaboradores, entre os que se atopa o Concello de Celanova.














