• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Aberta a nova convocatoria do Goberno das bolsas SERÉ para opositar á carreira xudicial e fiscal

O Ministerio de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes destina case 18 millóns de euros a 1.425 bolsas de 12.600 euros anuais durante catro anos para preparar oposicións a xuíz, fiscal, avogado do Estado ou letrado da Administración de Xustiza.

David Por David
24/04/2026
en #Destacado, España
0
Aberta a nova convocatoria do Goberno das bolsas SERÉ para opositar á carreira xudicial e fiscal
FacebookXWhatsApp

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, reuniuse coa decana da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, Ana María Gude Fernández, para presentarlle a nova convocatoria das bolsas SERÉ 2026, impulsadas polo Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes.

Estas axudas, dirixidas a persoas que preparan oposicións para xuíz, fiscal, avogado do Estado ou letrado da Administración de Xustiza, alcanzan este ano cifras récord cun orzamento de 17,9 millóns de euros, preto dun 15% máis que en 2025.

Julio Abalde subliñou que esta convocatoria “supón un paso decisivo para garantir a igualdade de oportunidades no acceso ás carreiras xurídicas máis esixentes” e engadiu que “queremos que ningún talento quede fóra por razóns económicas”.

A convocatoria contempla 1.425 bolsas, un 10% máis que o pasado ano, cunha contía anual de 12.600 euros por beneficiario, 600 euros máis que o ano anterior, durante un máximo de catro anualidades. Desde a súa creación en 2022, o investimento nestas axudas incrementouse nun 1.025%, mentres que o número de bolsas medrou un 482%.

Durante o encontro, o subdelegado trasladou á decana a importancia de difundir esta oportunidade entre o alumnado da Facultade de Dereito, para facilitar que máis estudantado galego poida acceder a estas oposicións con apoio económico e formativo.

Como principal novidade desta edición, as persoas beneficiarias poderán recibir preparación presencial nas instalacións que o Centro de Estudos Xurídicos irá poñendo progresivamente á súa disposición en todo o territorio nacional. Ademais, amplíase o programa de preparación titorizada, que pasa de 100 prazas en 2025 a 300 en 2026.

Julio Abalde animou ao alumnado a informarse e presentar a súa solicitude. “Estamos ante unha oportunidade real para construír unha Administración de Xustiza máis diversa, máis aberta e con máis igualdade”.

O prazo para solicitar as bolsas permanecerá aberto ata o 7 de maio e a tramitación poderá realizarse a través da páxina web www.becassere.es.

Programa de apoio ao estudo do Goberno

No marco do apoio ao sistema educativo público de Galicia, Abalde destacou que o Goberno investiu 308 millóns de euros no sistema educativo público galego en cinco anos, dos que 200 millóns destináronse ao ensino obrigatorio e 108 millóns á Formación Profesional, permitindo crear máis de 42.000 novas prazas en ciclos formativos. Ademais, o Goberno de España realiza un investimento histórico en bolsas de 2.559 millóns de euros para o curso 2026-2027, o que supón a novena subida consecutiva desde 2018 e un incremento do 83%, o que permitirá superar por primeira vez o millón de estudantes beneficiarios en toda España.

En Galicia, 54.000 familias benefícianse actualmente destas axudas, que supoñen unha inxección económica de 132 millóns de euros, un 59% máis que hai nove anos. O importe medio das bolsas sitúase en 2.637 euros, cun incremento do 47%. Na provincia da Coruña, os datos do curso 2023-2024 reflicten que hai 8.000 persoas becadas en educación obrigatoria cunha axuda total de 6 millóns de euros, e 11.600 persoas beneficiarias en ensino postobrigatorio non universitario cunha axuda total de 22,4 millóns. No ámbito universitario, 12.000 estudantes da UDC e da USC recibiron beca ese curso, cun importe total de 34,3 millóns de euros.

Finalmente, Abalde comentou a posta en marcha das novas becas Medrano a partir do curso 2026-2027, que permitirán ao alumnado universitario cursar estudos noutras universidades españolas. “Trátase dun programa que reforza a cohesión, o intercambio académico e a igualdade de oportunidades”, explicou. Estas becas, cunha contía de 900 euros mensuais ata un total de 8.100 euros, recuperan o espírito do antigo programa Séneca e levan o nome de Luisa de Medrano, considerada a primeira profesora universitaria de España.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Rueda asiste al salón del automóvil Beijing Autoshow para explorar relaciones comerciales y económicas con el país asiático

Siguiente

La Autoridad Portuaria de A Coruña presenta el lanzamiento de «Ellas Innovan»

David

David

Relacionado Entradas

#Destacado

Galicia loita contra o lume. Se ves un incendio chama ao 085

O Concello activa o novo contrato do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria, que estará a cargo de Eco Auriense
#Destacado

O Concello activa o novo contrato do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria, que estará a cargo de Eco Auriense

Vigo aprobará definitivamente a concesión de Balaídos ao Celta por 50 anos
#Destacado

Vigo aprobará definitivamente a concesión de Balaídos ao Celta por 50 anos

Rescatan o corpo dunha persoa falecida en Verea
#Destacado

Fallece una persona en Pontevedra tras ser rescatada del interior de una piscina

Ferrol pechou unhas festas de verán de récord con máis de 100.000 persoas
#Destacado

Ferrol pechou unhas festas de verán de récord con máis de 100.000 persoas

Cultura da Deputación e o Concello de Santiago abren novas portas para descubrir o patrimonio invisible de Compostela
#Destacado

Cultura da Deputación e o Concello de Santiago abren novas portas para descubrir o patrimonio invisible de Compostela

Siguiente
La Autoridad Portuaria de A Coruña refuerza su liderazgo en sostenibilidad con el cálculo de la huella ambiental del Puerto

La Autoridad Portuaria de A Coruña presenta el lanzamiento de "Ellas Innovan"

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Oh My Hits En directo

Oh My Hits

16:00 - 19:00
A continuación: Fórmula Líder 19:00

Opinión

Rueda anuncia que la Xunta aumenta hasta las 11.932 plazas la oferta para campamentos y actividades de verano
#Destacado

Los políticos gallegos mejor valorados en 2026: Alfonso Rueda y Ana Pontón lideran la opinión de los ciudadanos

La política gallega mantiene un panorama estable en cuanto a la valoración de sus principales dirigentes. Los diferentes sondeos publicados...

Leer másDetails
Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Lunes 07/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits Ahora
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Galicia loita contra o lume. Se ves un incendio chama ao 085

O Concello activa o novo contrato do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria, que estará a cargo de Eco Auriense

O Concello activa o novo contrato do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria, que estará a cargo de Eco Auriense

Vigo aprobará definitivamente a concesión de Balaídos ao Celta por 50 anos

Vigo aprobará definitivamente a concesión de Balaídos ao Celta por 50 anos

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal