• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

ADEGA inaugura en Vilagarcía de Arousa a exposición “50 anos coidando a terra”

ADEGA estivo acompañada no acto de presentación pola tenente de alcalde, Tania García, e por representantes de colectivos e entidades como a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, a Coordinadora Encoro Río Umia ou a CIG-Salnés.

David Por David
23/06/2026
en Pontevedra
0
ADEGA inaugura en Vilagarcía de Arousa a exposición “50 anos coidando a terra”
FacebookXWhatsApp

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) inaugurou hoxe en Vilagarcía de Arousa a súa exposición ao aire libre “50 anos coidando a terra”, que permanecerá instalada no Parque da Xunqueira ata o vindeiro 7 de xullo.

A mostra itinerante, creada con motivo do 50 aniversario da asociación ecoloxista máis lonxeva e senlleira do país, repasa a través de textos, fotografías e documentos históricos algunhas das principais mobilizacións e loitas ambientais que tiveron lugar en Galiza durante as últimas cinco décadas. Tras percorrer a maior parte das principais vilas e cidades galegas, a exposición fai parada agora en Vilagarcía, unha comarca con ampla e marcada traxectoria na defensa ambiental do río Umia e Ulla e da ría de Arousa.

Un acto de homenaxe á defensa ambiental no Salnés

O acto de inauguración estivo conducido polo secretario técnico de ADEGA, Fins Eirexas, quen agradeceu a presenza de representantes institucionais, colectivos sociais e entidades ecoloxistas da comarca. Entre as persoas asistentes atopábanse representantes da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA), da Coordinadora Encoro Río Umia, da CIG de Vilagarcía, así como membros da corporación municipal, entre eles, a tenente de alcalde, Tania García, o concelleiro de Turismo e Xuventude, Álvaro Carou. Tamén acudiu a concelleira do BNG, Rosa Abuín.

Durante a súa intervención, Eirexas fixo referencia ás actuais ameazas sobre a comarca, en relación co proxecto de celulosa de Altri e a reapertura da mina de Touro-O Pino, así como ás ameazas  e intervencións históricas sobre os ríos Ulla e Umia e a ría de Arousa. 

Na mesma liña, o presidente da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, Xaquín Rubido, “Xocas”, aproveitou a súa intervención para advertir de que o contexto actual e o futuro están marcados por “unha grande incerteza” e por “unha ameaza clarísima de cambio climático”, definida principalmente pola escaseza de auga e a suba das temperaturas. Rubido sinalou directamente o Goberno da Xunta do PP por “pretender expoliar o país e poñer en venda os seus recursos”. Ante esta situación, apelou á creación de alianzas e dunha rede organizada no territorio que sexa capaz de “resistir este embate”: “Galiza debe situar no centro da súa acción a protección das augas continentais e mariñas e dos seus sectores produtivos, fundamentais para protexer o medio ambiente e garantir unha soberanía alimentaria que está en risco”.

Pola súa banda, Paloma Fernández, en representación da Coordinadora Encoro Río Umia, destacou o papel destacado de ADEGA na loita na defensa do Umia, á cal agradeceu o seu compromiso, e lembrou a importancia da mobilización social e das alianzas entre colectivos. Tamén lembrou que aínda que a Xustiza obriga a través de sentenza a demoler o encoro, non houbo quen se atrevera a executala nos últimos 20 anos.

A tenente de alcalde, Tania García, tamén tomou a palabra para agradecer a ADEGA que teña recalado a súa exposición en Vilagarcía e reivindicou a necesidade da existencia de movementos sociais organizados na defensa da terra. Lembrou loitas na defensa da ría de Arousa como a relativa aos depósitos de Ferrazo ou contra a macrocelulosa de Altri. Finalmente, animou a trasladar os principios da defensa da vida e da ecoloxía aos centros de ensino.

Ao remate do acto institucional, a secretaria executiva de ADEGA, Belén Rodríguez, ofreceu unha visita guiada á exposición para todas as persoas asistentes, na que explicou os contidos da mostra e contextualizou os principais fitos da historia do ecoloxismo galego representados nos distintos paneis.

50 anos coidando a terra

A exposición ao aire libre estrutúrase en 16 paneis distribuídos en catro tótems cúbicos, acompañados de bidóns simbólicos que recrean materiais radioactivos, en referencia á oposición galega aos vertidos nucleares na Fosa Atlántica, unha das mobilizacións ecoloxistas máis emblemáticas do país.

A través de textos e imaxes, a mostra ofrece un percorrido pola historia da organización e polas principais ameazas ambientais ás que se enfrontou Galiza nos últimos 50 anos, desde a loita contra as verteduras contaminantes e os incendios forestais ata a defensa do territorio fronte á especulación e os macroproxectos industriais.

Esta mostra ten como obxectivo conmemorar o 50 aniversario de ADEGA, promover a educación ambiental e incentivar o compromiso das novas xeracións coa defensa da terra e dun futuro sustentable para Galiza.

ShareTweetSend
Publicación anterior

XXXIV Festa do Percebe do Roncudo 2026 en Corme

Siguiente

Medallas Castelao 2026 a la Fundación Andrea, Esteban Batallán, Mar Capeáns, Adrián Ben y María Barallobre

David

David

Relacionado Entradas

Una tarde de emergencias en Galicia: cinco coches chocan en Vigo, rescates en Baiona y Ourense y un fallecido
#Destacado

Una tarde de emergencias en Galicia: cinco coches chocan en Vigo, rescates en Baiona y Ourense y un fallecido

Vigo acoge un taller gratuito para periodistas sobre violencia de género
#Destacado

Vigo acoge un taller gratuito para periodistas sobre violencia de género

Vigo busca nuevas inversiones de CITIC: suelo industrial, tecnología y proyectos con empresas chinas
#Destacado

Vigo busca nuevas inversiones de CITIC: suelo industrial, tecnología y proyectos con empresas chinas

Prende fuego al colchón de un hombre mientras dormía en Vigo y un taxista evita una tragedia: hay un detenido
#Destacado

Prende fuego al colchón de un hombre mientras dormía en Vigo y un taxista evita una tragedia: hay un detenido

Vigo proyecta 1.454 viviendas y decenas de vecinos están en alerta por las expropiaciones
#Destacado

Vigo proyecta 1.454 viviendas y decenas de vecinos están en alerta por las expropiaciones

Vigo no habla de otra cosa este lunes: un velero con más de 2.000 kilos de cocaína llega al puerto
#Destacado

Vigo no habla de otra cosa este lunes: un velero con más de 2.000 kilos de cocaína llega al puerto

Siguiente
Medallas Castelao 2026 a la Fundación Andrea, Esteban Batallán, Mar Capeáns, Adrián Ben y María Barallobre

Medallas Castelao 2026 a la Fundación Andrea, Esteban Batallán, Mar Capeáns, Adrián Ben y María Barallobre

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Programación de Hoy

Jueves 24/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Hasta 10.000 euros por contratar: la ayuda en Galicia que termina el 30 de septiembre

Hasta 10.000 euros por contratar: la ayuda en Galicia que termina el 30 de septiembre

Xacobeo 2027: quedan 100 días y el Camino ya supera los 700.000 peregrinos

Xacobeo 2027: quedan 100 días y el Camino ya supera los 700.000 peregrinos

Jorge Buxadé explica en Radio Líder qué pasó en el acto de Vox en Santiago

Jorge Buxadé explica en Radio Líder qué pasó en el acto de Vox en Santiago

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.